ACORDO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


EAJ-PNV, CiU, BNG

Coa celebración deste encontro en Santiago de Compostela as organizacións políticas firmantes da declaración de Barcelona rematamos o primeiro ciclo de encontros tripartltos aos que Inicialmente nos tiñamos comprometido para realizar unha reflexión profunda sobre a nova cultura política consoante co recoñecimento das nosas realidades nacionais.

O traballo desenvolvido até aquí permitiu abrir un debate respeito da necesidade de resolver a articulación da Estado español como plurinacional.

O chamamento efectuado na Declaración de Barcelona a compartir e dialogar sobre unha nova cultura política acorde co recoñecimento da carácter plurinacional do Estado, os posicionamentos feitos públicos por diferentes instáncias políticas e sociais, así como o proceso de paz aberto en Euskadi, marcan ao noso modo de ver o inicio dunha nova etapa política.

Os acordos de Barcelona, en xullo, de Gasteiz, en setembro, e agora de Santiago de Compostela, abren un proceso de traballo conxunto, medido e calculado, con determinación pero sen precipitacións, cara unha nova etapa política no Estado e a consecución dunha futura unión da Europa dos Povos. Levantamos unánime e solidariamente as nosas voces para construir conxuntamente o novo edificio peninsular e europeo no que as nosas nacións poidan exercer libre, soberana e solidariamente o poder que lles corresponde para acadar os seus obxectlvos de desenvolvimento económico sostibel, benestar social e fornecimento cultural nun modelo de articulación axeitado dos seus direitos e intereses con critérios democráticos de liberdade, paridade e reciprocidade.

As nosas formacións colaborarán na constitución dun marco estatal comun baseado no recoñecimento da plurinacionalidade e no respeto aos ámbitos democráticos de decisión das nosas respectivas nacións.

No momento no que se cumpre o XX aniversario da Constitución española de 1978 pensamos que é precisa unha reflexión funda a respeito da sua leitura, desenvolvimento e aplicación nestes dous decénios. Temas a certeza de que esta reflexión conducirá á necesidade de proceder a unha releitura ariquecedora da Constitución que garanta o recoñecimento xurídico-político das nosas respectivas realidades nacionais, sen excluir plantexar a sua reforma. Tamén ha servir para promover a asunción destas realidades a nivel social polos cidadáns do Estado. No diálogo e debate precisos para tal fin coidamos que deben tratar-se como cues-tións cardinais:

· O carácter plurinacional da Estado.
· A necesidade dunha nova atitude fronte á diversidade cultural e linguística.
· A plasmación desta diversidade nos símbolos e as institucións.
· A estruturación competencial que faga políticamente efectivo o recoñecimento da plurinacionalidade da Estado
· A adecuación dos modelos de financiamento público ás necesidades que temos de governar en función de cada realidade nacional.
· A análise da papel do senado e a sua acaida reforma, así como de outros órgaos institucionais.
· A preséncia na Unión Europea e no eido internacional acorde co recoñecimento xurídico- político das nosas nacións.

Continuando o plano de traballo conxunto entre as nosas respectivas organizacións neste Encontro de Santiago de Compostela

ACORDAMOS

* Formalizar a cooperación permanente e estábel entre as nosas formacións políticas como foro de encontro que permita levar a cabo as actuacións conxuntas que requiran os obxectivos acordados nas reunións de Barcelona, Gasteiz e Santiago de Compostela. Manteremos aaemade un intercámbio de información, opinión e colaboración con outros partidos e organizacións do Estado español e cos diferentes sectores da cidadanía interesados nun diálogo sereno e criativo sobre unha nova cultura política consoante con esta comprensión plurinacional e plurilingue da Estado.

Neste senso, cada unha das formacións deste foro impulsará o devandito intercámbio e diálogo, como mínimo cos partidos e organizacións da seu ámbito nacional e con aquejes cos que manteña unha relación de coalición.

* Constituir un órgao de colaboración política permanente integrado por unha representación de cada unha das nosas formacións políticas nos respectivos Parlamentos galego, catalán e basco que se reunirá cando o consideren necesário os seus representantes e ordinariamente ao comezo de cada curso político.

A perspectiva de colaboración centraráse nunha tlipla dirección :

* Como intercámbio de experiéncias, propostas e iniciativas.

* Como ferramenta que permita avanzar no camiño de evidenciar como necesária unha nova concepción da actual marco xuridico político da Estado Español para encher de contido competencial real ás distintas nacións.

* Como fluxo de iniciativas e proxectos que permitan o coñecimento das distintas estratéxias que se levan a cabo en cada país para fortalecer, erguer e impulsar un proxecto de vertebración nacional do mesmo.

* Solicitar un estudo sobre a problemática constitucional no seu conxunto á equipa de traballo en temas constitucionais criada na reunión de Gasteiz.

* Constatar, á partir das conclusións aportadas polo Grupo de Traballo sobre o Tribunal Constitucional, que é posibel unha leitura distinta de Constitución mhis respeitosa coas competéncias próprias das Comunidades Autónomas e da realidade plurinaclonal do Estado e, en consecuéncia, reclamar:

* Un cámbio dos critérios interpretativos uniformistas e pouco autonomistas utilizados polo lexisiador estatal e corroborados, en moitas ocasións, polo Tribunal Constitucional que supuxeron, entre outros aspeitos, e negación das competéncias exclusivas das Comunidades Autónomas e a extensión abusiva da lexislación básica do Estado.

* Unha composición da Tribunal Constitucional que reflicta axeitada mente a pluralidade de poderes que concorren perante o mesmo para dirimir os seus conflitos, arbitrando mecanismos que permitan que a designación de Maxistrados da TriDunal Constitucional responda á realidade plurinacional da Estado.

* Proceder á execución dun Plano de Traballo para promocionar os acordos da Declaración de Barcelona nos ámbitos necional, estatal e mundial, e especialmente o europeu, co obxecto de impulsar o debate sobre unha nova cultura política de respeito á diversidade nacional, cultural e lingúistica.

* Criar no marco da Grupo de Traballo de fiscalidade e financiamento público xa constituido unha equipa de estudo dos sectores estratéxicos que afonde na elaboración de propostas tendentes ao afortalemento dos respectivos sectores estratéxicos de cada nación e na análise da complementariedade das nosas economias.

* Adoptar o compromiso de incluir as liñas programáticas e impulsar como principios xerais dos respectivos programas electorais para as elelcións europeas as medidas recollidas no documento de traballo da Encontro de Santiago de Compostela relativas a:

· Europa e o respeito á diversidade.
· A nosa concepción das políticas europeas.
· Participación das nosas nacións en Europa.
· Circunscripcións electorais próprias para as nasas nacións.
· Cooperación transfronteiriza.
· Política de coesión.

* Demandar de NE e RNE como meios de comunicación públicos o cumprimento da Estatuto de Rádio e Televisión, especialmente no referente ao respeito da pluralismo político, a obxectividade e veracidade da información, o contraste de opinións e o acceso dos grupos políticos e sociais. O cumprimento destes principios é, sen dúvida, unha característica imprescindíbel para a sua consideración como servizo público.

* Apresentar no Congreso dos Deputados unha iniciativa conxunta como proposición non de lei relativa ao uso oficial da toponimia e a antroponimia así como da utüización das linguas cooficiais na Administración de Xustiza.

* Apresentar nas Cortes unha iniciativa conxunta sobre a necesidade de reformar s comisión de cooperación coa UNESCO e a delegación do Estado español perante a mesma.
 
 

Santiago de Compostela, Octubro de 1998.