AS BRUXAS DE MEIGARALLÁS
Aló nun pobo chamado Meigarallás,
había unha muller que tiña dúas fillas. Cando xa eran
mozas, casóu a máis vella con un herdeiro do pobo inmediato,
chamado Labracengos. Dalí a pouco tempo, empezóu a correr
un rumor de que a mai i a filla solteira se dedicaban a facer bruxerías.
A filla que estaba casada fou un día a velas pra aconsellalas que
non deran que falar á xente e que se deixasen de facer bruxerías.
Elas negaron todo, e decían que endexamáis se lles pasara
pola imaxinación de facer tal cousa; pero a filla non se fióu
gran cousa, e, pra sabelo de certo, fixo que lle daba sono e deitóuse
nun banco que había tras do lume. Cando a mai i a filla pensaron
que durmía, empezaron a comentar o asunto. E dixo a mai:
-Pois cala, que mas ha de pagar. Hei de ir en forma
de tábao cando o home ande arando cos bois e heillos facer remoscar
a ver si se lle desgracia un.
-¡O caso é se a matan! - díxolle
a filla solteira.
-¡Qué va! Menos de que me dían
un ramallo de lourero bendito, non me poden facer nada, i eso non o van
levar prá arada...
A filla, que se facía a dormida, tomóu
boa conta do que oía. Ao día siguinte, foise pra casa e,
cando chegóu, atopóu ao home xinguindo os bois no patio.
- ¿E logo? ¿Pra ónde vas cos
bois, Antón? - díxolle ela.
-Vou arar ao leiro do lameiro.
- Boeno, pois eu vou contigo.
- ¿I a qué has de vir si os bois andan
ben?.
- Boeno. Inda que anden, eu vou e nada máis.
Ela colléu o ramiño de loureiro bendito
e metéuno debaixo do mantelo; e ambos os dous marcharon pra o leiro.
Serían as dez da mañán cando
aparece un tábao grandísimo picando nos bois. Ela empezóu
a poaus, pero o tábao seguía, hasta que logo, vai ela e saca
de debaixo do mantelo o ramalliño de loureiro bendito. E, dándolle
con il, marchóu con unha pata rota o tábao.
Desde aquela mesmo, os bois seguiron arando tranquilamente,
hasta que acabaron. Esí que acabaron, fóronse pra casa, e,
según chegaron, sentiron tocar a difunto en Meigarallás.
Todos quén sería, quén non sería, hasta que
dixo a muller:
- Seguramente foi miña mai.
- ¿E logo? ¿Estaba mala, ou? -dixo
o home.
- Non, pero pasóu esto.
Contóulle o ocurrido, e logo foron aló,
e, efectivamente, fora a misma.
Lista de contos
O que sexa...