Ían dous compadres xuntos para
unha feira e, no camiño, atoparon a dous galos liándose e
foron eles e colleron cada un seu galo, cortándolle-lo gañote
e coméronos nunha taberna.
Chegou o tempo de cumplir co prefeuto e foron
os dous compadres confesarse e, ao vir de confesarse un, díxolle
ao outro:
Has de saber que temos que pagá-los
galos que comemos ese día na feira; pois díxome o confesor
que se non daba palabra de restituir non me podía dar a absolución.
O outro compadre contestoulle:
- ¡Ti non sabes confesarte! Xa verás
como a min non me di tal.
Tocoulle o turno ao outro compadre e díxolle
ao confesor:
-Ía eu e máis un compadre por
un camiño e atopamos a dous líandose, collemo-los dous, levámolos
xuntos e comimos con eles nunha taberna. ¿E esto pecado?
E contestoulle o confesor:
- Moi lonxe deso, ¡eso é unha
virtude! Reconciliar a dous enemigos e comer con eles é cousa de
moito mérito!
.