Alá se presentóu un día un crego, ofrecéndose a comprir a cláusula antedita. A pouco apareceron unos veciños pedíndolle auga, pois o gado estaba sen mantenza por mór da seca.
-Ben -dixo o señor abade- axuntande o Concello pra mañá ás doce.
Feito así o crego espuxo a petición daquiles fregueses e, que sí todos estaban de acordo, iba facer chover axiña.
-A garde unha miga -dixo ún- que teño o pan na aira e quero recoilelo.
E máis outros cantos abondaron no mesmo.
-Ben, póndevos de acordo e avisade cando queirades a iauga.
O mesmo pasóu tódalas veces e din que se fixo vello naquila parroquia o tal crego, sin que tivera que facer miragres.