Certo día, a un galego pasóulle un caso estando servindo ao rei. O rei tiña un cabalo mui bon, e tíñao en tanta estima que ofreceo aforcar ao que levase a noticia da morte do cabalo. Un día, estando cuidando do cabalo un soldado andaluz, deulle un torzón e estiróu a pata. O soldado non se astreveo a darlle a noticia ao rei por medo a que o mandasem atar, i entonces foise o galego, e díxolle:
-Non te apures, ho, non te apures, que deste pilanco heite sacar eu. Deixa, que eu lle daréi a noticia da morte do cabalo ao rei.
O andaluz víu o ceo aberto, e deixóu de boa gana que o galego se entendese co rei. Chega o bon do galego a xunto do monarca, e díxolle:
-Sepa su Real Majestá que o cabalo blanco esta deitado no prado, éntranlle as moscas pola boca, e sálenlle por debaixo do rabo.
Díxolle o rei:
-¡Hombre! ¡entonces está muerto!
E contestóulle o galego:
-¡Ai, eu non lle sei, meu señor; non lle entendo de veterinario!
E, como non lle dixo direitamente que o cabalo morrera, libróu ao andaluz de morrer aforcado..