OS CASTIÑEIROS DE MINGOS DE ABAIXO
Nunha aldea de Páramo, había
un matrimonio, e o home pegáballe á muller. Mais un día
el enfermou de gravedá, e chamáronlle ao médico, e
deulle unhas meiroadas. Pero el seguía a peor. A tanto que ao día
siguinte pola tarde deulle un ataque, e pensaron todos que morrera, e,
craro, prepararon o enterro. Pero naquiles tempos as caixas dos mortos
non eran coma as de hoxe, que estaban destapadas por encima. E, pra ir
pra o cementerio, tiñan que pasar por un souto de castiñeiros
que lle chamaban os castiñeiros de Mingos de Abaixo. Ao pasar co
morto por elí, volvéu en sí, pero non podía
falar, e, dándose conta do que lle iban facer, colgóuse nunha
rama de un castiñeiro e marchóu pra casa, e, ao chegar á
casa, pégoulle unha paliza á muller, máis grande aínda
que ningunha das que lle dera.
Pero, ao fin, un día morréu de verdade, e, cando
iban con el pra o cementerio, a muller choraba moito por el, e decía:
¡Ai, ai, ai, meu homiño querido! ¡Ai, ai,
ai, que non había outro no mundo enteiro coma el! ¡Ai, ai,
ai, cánto eu lle quería! ¡Ai, ai, ai, por Dios lle
pido que non vaian..., por Dios lles pido que non vaian por baixo dos castiñeiros
do tío Mingos de Abaixo!.
Indice de contos
O que sexa...