O OSO E O RAPOSO
Era un oso e mais un raposo, que andaban buscando
comida, e o raposo díxolle ó oso:
-Ai, Compadre, e que tal se ímos á
granxa do tío Pepe e roubamos un porco.
Pareceulle boa idea, e así fixeron. Foron
silandeiros ate o curral, alí o oso, matou dun golpe o porco máis
grande que atoparon, e marcharon correndo monte arriba.
Cando xa non tiñan folgos, sentaron baixo
un carballo, e o zorro, pillastre, díxolle ó oso;
-¡Ai Compadre! non sei ti, pero eu non podo
coa miña ialma, ¿que tal se durmimos un rato? Podemos enterra-lo
porco, co rabo fóra para saber onde está.
O oso, que foi quen levou o porco durante todo o
camiño, aceptou sen dubidalo.. pero ocorreu que mentres o oso durmia,
o raposo ergueuse, desenterrou o porco, e papouno enteiriño, deixando
somentes o rabo. ¡Si que era lampón o raposo!. E, ben caladiño,
deixou o rabo do porco onde estivera co resto do corpo..
Cando o oso espertou e foron busca-lo porco, atoparon
o rabo, tal como o deixaran, e o raposo díxolle o oso que tirara
el do rabo, pois era mais forte.
Asi fixo o oso. Colleu alento, e tirou do rabo con
tal forza que, caeu de cú no chan, e fíxose moio dano, pero
cando se ergueu todo encabuxado o darse conta da broma, o raposo comezou
a botarlle a culpa ó oso, e así estiveron discutindo ate
que dixo o raposo:
-Vamos deitarnos ao sol, e, ao que lle sude a barriga
foi quen o coméu.
Deitáronse a dormire, e o oso durmiu, pero o raposo ergueuse
e mexou por riba do compadre, e chamouno.
-Ai compadre! ti fuches o que comeches o porco,
porque che suda a barriga.
E así foi como o oso tivo que pedir disculpas
e marchar para casa sen ter comido nadiña....
Lista de contos
O que sexa...