O RATO DO MONTE E O DA CASA
Salíu unha vez un rato da casa nun día
de inverno, i encontróu cun rato do monte cheo de frío e
mui flaco.
- ¿E ti cómo estás así
- díxolle o da casa - tan flaco? Vente conmigo, que alí onde
eu estóu hai sempre que comer sin necesidá de pasar frío
nin mollarse pra buscar de comer.
- ¿I o gato? - preguntóu o do monte.
- ¡Boh! - respondéulle o da casa. Hai
alí un, pero é como si nada. Sempre está dormido.
Ti ven, e verás cómo paso por diante del e nin siquera me
ve.
Foron os dous pra a casa, e viron o gato dormido
diante da porta. Pasóu o rato por diante del todo confiado, pero
o gato abríu un pouco os ollos, deu un brinco, e o rato quedóu
entre as uñas i os dentes do gato.
O rato do monte, que tal veu, deu media volta, e
dixo:
- Vale máis no monte flaco,
que gordo no cu do gato.
Indice de contos
O que sexa...