CALATRUDIA

(CORTEGADA, AMEIXENDA, AMES)

 

Durante a construcción dunha estrada nova entre Mercuto e Bertamiráns, nos traballos de ensanchamento localizouse unha lápida de estola que presenta tamén asociada unha cruz de brazos iguais, na parte superior. O propietario do terreo recoñecendo que era unha pedra labrada apartouna e dispuxo dela como ornamento dunha cancela na entrada da finca.

Non hai moito tempo (aproximadamente dous anos) a estrada volveu necesitar unha modernización e nos traballos a lápida sofreu unha forte abrasión do cable que a transportou, por si iso fora pouco o propietario decidiu repicar a cruz para destacala conseguindo deformala orixinal.

Basandonos na bibliografía ó respecto pódese aproximar unha datación da lápida en torno ó seculo IX aínda que hai pouco máis cun ordeamento tipolóxico e poucos ou datos estratigráficos fiables ou provintes de datacións absolutas.

Nesas datas según recolle López Ferreiro, asentaronse en Ameixenda Recesvindo maila súa muller Egila:

" Reinando D. Alfonso el Católico (739-756) o D. Fruela (756-768) vinieron a morar en Galicia Recesvindo y su mujer Egila. establecieronse en el extremo septentrional de Amaía , cerca de un antiguo castro, y en donde probablemente había habido alguna antigua villa romana, a la sazón del todo abandonoda, y que desde entonces si es que ya no lo tenía antes, tomó el nombre de Amexeneta (Ameixenda), por la muchas ciruelas (en gallego ameixas), que en ella se daban.  Ambos cónyuges eran profundamente religiosos; y tan bién supieron infundir en el corazón su hija Calatrudia sus generosos sentimientos, que esta no experimentaba sosiego y deleite en otros ejercicios, que en los de la piedad. Y tanto pidió y tanto suplicó , movida por celestial impulso que obligó a sus padres a que edificaran una iglesia dedicada a las gloriosas mártires Marina y Eulalia, de la cual iglesia, ni en vida ni en muerte quiso separarse, pues mandó que la sepultasen al pie de sus muros.
Recesvindo o Recesindo y su esposa Egila, tan cumplidamente satisfacieron los los deseos de su hija, ya que no sólo edificaron la iglesia, sino que la proveyeron de ornamentos y de todo lo demás necesario para el culto, la dotaron de suficiente hacienda, y reunieron monjes que la administrasen y sirviesen."

López Ferreiro (1989. Historia de la Santa Apostólica y Metropolitana Iglesia de Santiago de Compostela, pp 254-255)

A este mesmo episodio refírese tamén o medievalista F. López Alsina (1989, La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media p. 202).

Ainda que non está claro a quen perteneceu orixinalmente a lápida non é difícil atribuila a Calatrudia, temos que ter en conta que pouco despois a fundación foi abandonada reducindo significativamente as probabilidades de atribución.

 

correo

volver