A sociedade galega está profundamente conmovida polo terrorismo de ETA. A nosa sociedade e unha colectividade pacífica, respeitosa cos direitos humanos, a escomenzar polo direito á vida que e básico. Só desde o recoñecimento deste direito se pode falar de liberdade, de democrácia. A sociedade galega e unha sociedade plural, respeitosa coas diferéncias, e partidária do diálogo para resolver as discrepáncias. Na Galiza primamos o diálogo sobre a confrontación. Por iso, a sociedade galega está a demandar diálogo e unidade de todos os demócratas para loitar contra o terrorismo.
Nestes dias a opinión pública galega participa do debate sobre o mellor método para derrotar definitivamente á violéncia. Ainda que o terrorismo non é un problema xerado na nosa sociedade nen está primordialmente nas nosas mans resolvé-lo, o noso sentido ético e a nosa responsabilidade politica obriga-nos a contribuir na medida das nosas forzas a rematar con esta barbarie asesina.
Desde o Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español considera-se que coa sinatura do chamado "Acordo polas liberdades e contra o terrorismo" está-se a avanzar na solución ao problema.
O Bloque Nacionalista Galego está a favor dun acordo contra o terrorismo que sexa respeitoso co pluralismo político, coa legalidade constional e que deixe a marxe calquer tentación de utilización partidista deste grave problema. É por iso que, ainda coincidindo, en liñas xerais, coa parte resolutiva do acordo subscrito polo PP e o PSOE, non podemos estar dacordo coa sua redacción excluinte. Tampouco podemos considerar bon o procedimento seguido de non convocar nen deixar participar ao resto das forzas politicas democráticas.
O acordo subscrito polo PP e o PS0E foi, pois, elaborado e asinado unilateralmente por estes partidos. Trata-se dun acordo, que ainda que é apresentado como un "pacto de Estado", foi substanciado á marxe das instáncias parlamentares, depositárias da soberania popular e expresión do pluralismo político e social existente no Estado español. Fixo-se, asimesmo, á marxe dos foros unitários pre-existentes para articular a resposta das forzas politicas democráticas contra o terrorismo, como a chamada "Mesa de Madrid", da que o BNG é integrante.
O acordo parte de considerar-se a si próprios como únicos actores da vida política española e da democrácia parlamentar. Consideranse estes partidos os únicos suxeitos políticos relevantes da democrácia.lsto é, perseguen afortalar a idea de que a democrácia española é bipartidista. Os demais partidos só son convocados, nun contrato de adesión, a compartir un texto desde fóra, cuns princípios e unha visión política, de cuxa elaboración e seguimento ficaron excluídos. Son relegados a un papel de simples acólitos. E fácil comprobar que se deixou fóra á representación politica dunha parte importante da sociedade española e concretamente da galega, na que o BNG é a segunda forza en apoio popular.
No BNG temos sérias dúbidas de que este carácter excluinte elimitado a duas forzas non teña a intencionalidade de ir contra opcións politicas e ideoloxias plenamente lexítimas e democráticas, cais son os nacionalismos. Proba elocuente son as declaracións do Secretário Xeral do PP o Señor Arenas, ao respeito: "Trata-se dun acordo que naceu con vocación de ser un acordo bi-partito e non multipartito, de incluir só as forzas que poden governar", ou as máis recentes do Ministro Mayor Oreja: "o acordo trata de neutralizar a ofensiva política do nacionalismo".
Non negamos o direito de dous partidos a subscreber bilateralmente os acordos que queiran, pero só un acordo substanciado no Parlamento español e aberto a todas as forzas politicas, coa única excepción de aqueles que practiquen ou apoien a violéncia, contará con plena lexitimidade e, o que é máis importante, terá a eficácia que esixe a gravidade da situación.
O BNG discrepa dotraslado de dinámicas partidistas aos concellos galegos que nada contribuen ao consenso e unidade proclamados no "Acordo" a respeito do problema terrorista. Nel dise: "manifestamos nuestro voluntad de eliminar del ámbita de la legítima confrontación político o electoral las políticos para acabar con el terrorismo" ou "de la violencia terrarista no se extraerá, en ningún caso, ventaja o rédito alguno". Cómpre, pois, aplicar-se o conto e chegar a propostas unitárias e de integración.
O terrorismo non pode ser utilizado como coartada para desviar a atención dos problemas próprios e concretos que ten a sociedade galega. Tampouco pode ser utilizado como coartada para perseguir ao que pensa distinto e impor o pensamento único, tan contrário á esencia da democrácia.
Para o BNG, seria importante poder tras ladar a sociedade galega acordos unánimes consensuados polas forzas politicas de releváncia institucional no noso Pais e estamos a facer todo o posíbel para consegui-lo, porque para nós isto é primordial. O BNG está a traballar amo en todas as institucións políticas nas que ten presenza para lograr a unidade na loita contra o terrorismo e está mantendo contactos con todas as forzas políticas democráticas para acadar este fin. Esperamos do PP e do PSOE que non contribuan co seu partidismo excluinte a botar por terra esa unidade de todos contra o terrorismo que demanda a cidadania galega. Porque só desde o diálogo aberto e respeitoso se pode construir en comun.
Galiza, 5 de Xaneiro de 2001
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO