MANIFESTO EN DEFENSA DA PAZ, DAS LIBERDADES E DO DIÁLOGO


Perante a violencia de ETA e a utilización polo poder das súas terríbeis consecuencias con finalidades políticas partidistas, queremos manifestar a nosa máis absoluta e rotunda condena dos crimes perpetrados pola organización terrorista e o noso total rexeitamento dos procedimentos violentos, dado que o dereito á vida é fundamental e básico e está por riba de calquera práctica ou obxectivo político.

No ámbito resultante da violencia e da manipulación referidas está a producirse, por un lado, unha estratexia minuciosamente programada desde o Partido Popular de involución na vixencia dos valores e dos logros democráticos conquistados e integrados no marco institucional actual, e, por outro lado, unha progresiva implantación dun clima de intolerancia inquisitorial, de pensamento único e de exclusión de calquer discrepancia.

Desta maneira está a crearse unha situación asfixiante que consideramos imprescindíbel denunciar e que se concreta no seguinte:

a)  No ataque ás identidades nacionais existentes e recoñecidas, isto é, aos dereitos colectivos dos pobos que constitúen o Estado Español.
b)  No deterioro do benestar social e na precarización dos dereitos laborais da cidadanía.
c)  No recorte das liberdades individuais por parte dun poder que restrinxe a liberdade de expresión, que exerce o dirixismo cultural e que agrava situacións de sufrimento social como o da violencia de xénero ou o do racismo.
d)  No asedio á expresión democrática do pluralismo ideolóxico e político.

Por todo o devandito as persoas que asinan este Manifesto consideran imprescindíbel:

1)  A exixencia dun diálogo sen exclusións entre todas as forzas políticas e sociais democráticas como método fundamental para a resolución dos problemas -e non só o da violencia etarra.
2)  O chamamento ao exercicio inequívoco da conciencia cívica por parte da cidadanía para promover a práctica dese diálogo e o afortalamento e a defensa das liberdades ameazadas.

Santiago de Compostela, Xaneiro de 2001
 

Ánxela G. Abalo (actriz), María Carme Agüín Mascato (profª.), Isabel Alfaya (avogada), Xavier Alfaya (escritor), Fran Alonso (escritor), Rosario Álvarez Blanco (profª. univ.),  Alonso Álvarez Cáccamo (escritor), Berta Álvarez Cáccamo (pintora), Xosé María Álvarez Cáccamo (escritor), Luis Álvarez Pousa (xornalista), Anxo Angueira (escritor), Alberte Ansede Estraviz (prof.), Alberte Araúxo Vilar (médico), Xosé Luis Armesto Barbeito (prof. univ.), Neves Arza Arza (profª. univ.), Cristina Asensio Fernández (profª.), Xosé Luis Axeitos (prf.), Humberto Aymerich Cano (médico), Augusta Ayuso (lingüista), Xosé Ballesteros Rei (escritor), Ramón Barce (compositor), Maruxa Barrio (profª.), Xusto G. Beramendi (prof. univ.), X. Bieito Arias Freixedo (prof. univ.), Carlos Berzosa (prof. univ.), Carmen Blanco (escritora), Carlos Blanco Aguinaga (escritor), Alfonso Blanco Torrado (Pres. A.C. Xermolos), María Bouza (profª.), Fermín Bouza Álvarez (sociólogo), Elena Bouzas (profª.), Manuel Bragado (editor), Lino Braxe (escritor), Neves R. Brisaboa (profª. univ.), Juan José Bueno Aguilar (prof. univ.), Carlos de Cabo Martín (prof. univ.), Francisco Calo Lourido (historiador), Ángeles Calvo (profª), María Campo (escritora), María Dolores Candedo Gunturiz (profª. univ.), Xosé Carlos Caneiro (escritor), Xosé Luis Cañoto López (avogado), Luís Caparrós Esperante (prof. univ.), Xosé Lois "Carrabouxo" (humorista), Pepe Carreiro (debuxante), Xosé Carlos Carrete Díaz (prof. univ.), Antón Casal (actor), Arturo Casas Vales (prof. univ.), Yolanda Castaño (escritora), Gabriela Castro (funcionaria), Ignacio CAstro (filósofo), Carme Cea Pereiro (administrativa), María do Cebreiro (escritora), Amparo Cereixo (profª. univ.), Emilio Cid (prof.), Francisco Cidrás Escáneo (prof. univ.). Francisco Constenla (prof. univ.), Xosé María Costa (escritor), Xosé Henrique Costas González (prof. univ.), Matías Cuba Orosa (prof.), Marta Dacosta (escrítora), Luís M. Domínguez Juncal (médico), Xosé María de Castro Erroteta (crítico literario), Issac Díaz Pardo (artista e empresario), Lois Diéguez (escritor), José Luis de Dios (escritor),  Monteserrat Durán Bouza (profª. univ.), Alfonso Eiré (xornalista), Alberto Elordi (director da Fund. "Alternativas"), Eva Espido Bello (profª. univ.), Perfecto Estévez (pintor), Miguel Anxo Fernán-Vello (escritor), Alexandrina Fernández (profª.), Amalia Fernández de Ana Magán (profª.), Francisco Fernández Campo (prof. univ.), Lourenzo Fernández Prieto (prof. univ.), Francisco X. Fernández Naval (escritor), Carme Fernández Pérez-Sanjulián (profª.),  Francisco Fernández Rei (prof. univ.), Arsenio Ferraces Rodríguez (prof. univ.), Manuel Ferreiro (prof. univ.), Antonio Ferres (escritor), Manuel Figueiras (pintor), Antón Figueroa Lorenzana (prof. univ.), Manuel Forcadela (escritor), Yara Frateschi Vieira (profª. univ.). Xe Freire (escritor), Xosé Ramón Freixeiro Mato (prof. univ.), Victor F. Freixanes (escritor), Narciso de Gabriel Fernández (prof. univ.), Manuel García Areoso (director teatral), Salvador García Bodaño (escritor),  Xoán Carlos Garrido ( historiador), Xosé María Gómez Clemente (prof. univ.), Helena González Fernández (profª. univ.), Eduardo González Gurriarán (prof. univ.), Xesús González Gómez (escritor), Fernando González Múñoz (prof. univ), Ernesto González Seoane (prof. univ.), Jerónimo Gonzalo (xornalista), Bernardino Graña (escritor), Xosé Farruco Graña Rama (prof.), Joao Guisan Seixas (escritor), Henrique Harguindey (prof.), Concepción Herrero López (profª. univ.), Ánxel Huete (pintor), Bieito Iglesias (escritor), Ana Iglesias Galdo (profª. univ.), Manuel Janeiro Casal (deseñador), Xesús R. Jares (prof. univ.), María do Carme Kruckemberg (escritora), Sabela Labraña (profª. univ.), José Ignacio Lacasta Zabalza (prof. univ.), Xoan C. Lagares Diez (prof. univ.), María Xesús Lama (profª. univ.), Fernando López-Acuña (musícólogo), Servando López Álvarez (médico), Claudio López Bernárdez (crítico literario), Xoan Manuel López Eíris (actor), Elisardo López Varela (prof. univ.), Teresa López (profª. univ.), Anxo L. López Baranga (pintor), Celso López Pazos (crítico de cinema), Xulio López Valcarcel (escritor), Anxo M. Lorenzo Suárez (prof. univ.), Manuel Lourenzo (dramaturgo), Manuel Lourenzo González (escritor), Bernardo Maiz (historiador), Marisa Manchado (compositora), Javier Maqua (director de cinema), Manuel María (escritor), Xosé Ramón Mariño Ferro (antropólogo), Ramón Mariño Paz (prof. univ.), María José Martinez (profª. univ), Enrique Martínez Ansemil (prof. univ.), Alberto Martínez López (prof. univ.), Carlos Paulo Martínez Pereiro (prof. univ.), Xosé Luís Martinez Pereiro (escritor), Xosé Luís Martínez Suárez (prof. univ.), José Mato Alborja (funcionario), Manuel Mato Fondo (escritor), Antonia Maura (escritora), José Mayoralas García (prof. univ.), Carlos Mella (escritor), Luz Méndez Fernández (profª. univ.), Monserrat Minobis (xornalista), Goyo Monreal (prof. univ.), José Martinho Montero Santalha (prof. univ.), Xoán Moreno González (prof. univ.), Alfonso Muñoz Álvarez (empresario), Miguel Anxo Murado (biólogo), Gonzalo Navaza (escritor), Ramón Nicolás (crítico literario), María Teresa Núñez Mayan (profª. univ.), Xosé Ramón Núñez Ramos (analista politico), Xosé Manuel Núñez Seixas (prof. univ.), Lois Obelleiro (historiador), Fernando Obelleiro Basteiro (prof univ.), Manuel Ortuño (editor), Pilar Pallarés (escritora), Josefa Paradela (profª.), Xosé Ramón Pena ( escritor), Francisco Peña (Pres. A.C. Alexandre Bóveda), Dionisio Pereira (historiador), Aurora Pereira (pintora), Paulino Pereiro (compositor), Lois Pérez Leira (escritor), José I. Pérez Pascual (prof. univ.), Victorino Pérez Prieto (teólogo e escritor), José Fernando Pérez Oya (escritor), Xosé Manuel Pérez Sardiña (prof. univ.), Gustavo Pernas Cora (dramaturgo), Francisco Pillado (editor), Concha Pino (xornalista), Xoán Piñeíro Chantada (prof.), Xesús Pisón (dramaturgo), Josito Porto (actor), Heitor M. Pose Porto (prof. univ.), Xosé Ramón Pousa (prof. univ.), Xavier Queipo (escritor), Mercedes Queixas (profª.), J. Carlos Quiroga Díaz (prof. univ.), Xesús Rábade Paredes (escritor), Henrique Rabuñal (escritor), Xosé Luis Regueira Fernández (prof. univ.), Mercedes Regueiro Diehl (profª. univ.), Luis Rei Núñez (escritor), Arturo Reverter (crítico musical), Silveiro Ribas (escultor), Eduardo Rico Boquete (prof. univ.), Eduardo Rincón (compositor), Manuel Rivas (escritor), Sabela Rivas Barros (profª. univ.), Manuel Riveiro Loureiro (escritor), Xavier Rodríguez Baixeras (escritor), Claudio Rodriguez Fer (escritor), José Luís Rodríguez García (escritor), Alexandre Rodríguez Guerra (prof. univ.), Antón Rodrígez López (xornalista), Mar Rodríguez Romero (profª. univ.), Manuel P. Rúa (sociólogo), Euloxio Ruibal (escritor), Begoña Rumbo Ares (profª. univ.), María Xosé Ruiz Vázquez (historiadora), Francisco Sampedro (filósofo), Cesáreo Sánchez Iglesias (escritor), Xosé Manuel Sánchez Rei (prof. univ.), Ramón Sánchez Tabarés (prof. univ.), Ana Sánchez Vega (pedagoga), Goretti Sanmartín Rei (profª. univ.), Eugenia Seoane (profª.), Xavier Seoane (escritor), Araceli Serantes Pazos (profª. univ.), Xosé Carlos Sierra (facultativo de museus), Amparo Solla González (profª. univ.), Francisco Salinas Portugal (prof. univ.), Antonio Serrano (prof. univ.), Francine Sucarrat (profª. univ.), Nacho Taibo (escritor), Laura Tato Fontaíña (profª. univ.), José Luis Téllez (crítico musical), Suso de Toro (escritor), Elías J. Torres Feijó (prof. univ.), Xesús Torres Regueiro (prof.), Jurjo Torres Santomé (prof. univ.), Vitor Vaqueiro (escritor), Dolores Varela (profª.), Xavier Varela Barreiro (prof. univ.), Miguelanxo Varela (pintor), Tuto Vázquez (actor), Xosé Vázquez Pintor (escritor), Raúl Veiga (director de cinema), Carlos Velasco Souto (prof. univ.), Xavier Vence (prof. univ.), Carme Vidal (xornalista), Tiago Vidal Figueiroa (prof. univ.), Xavier Vilhar Trilho (prof. univ.), Luísa Villalta (escritora), Helena Villar Janeiro (escritora), Xosé Vizoso (debuxante), Xosé Xove Ferreiro (prof. univ.), Pilar Yagüe López (profª. univ.), Ramón Yáñez (prof. univ.).