|       |   | 
| Índice  Introducción  Tipos de  datos  Estructuras  de control  Entrada/saída  Expresións  regulares  Funcións  Referencias  Obxectos  Bibliografía  Descarga   | [Páxina 1/4]  Capítulo 1: Tipos de datos Perl utiliza diferentes tipos de variables para 
      almacenar os datos; cada variable ten un nome (polo que se referencia) e 
      un valor. A diferencia doutras linguaxes de programación, este tipo de 
      dato que conteñen non determina o tipo de variable, senón que este ven 
      dado polo número de valores (individuais, matrices ou táboas de 
      asociacións). A xestión de variables en Perl é, logo, inversa á da 
      linguaxe C, onde os tipos van diferenciados en función dos valores que 
      conteñen (caracteres, números enteiros, reais, etc). Outra diferencia 
      salientable con respecto a C é que en Perl non é obrigatoria a declaración 
      destas variables; basta con utilizalas para crear unha que, por defecto, 
      será global, isto é, visible por 
      tódalas funcións do programa. Para que unha variable concreta sexa tratada 
      como local ó bloque ou función no que se inclúe, hai 
      que declarala coa instrucción  
 No exemplo, declaramos a variable  Variables escalares Almacenan valores únicos que poden ser números (enteiros e reais) ou cadeas de texto. O nome da variable vai sempre precedido do prefixo $. 
 Como se pode apreciar nos exemplos, as expresións en Perl rematan sempre en punto e coma. Non hai ningunha palabra reservada para inicializar ou declarar variables (a non ser as locais), e se conteñen unha cadea, esta vai entre comiñas dobres (") ou simples ('). A diferencia está en que as comiñas dobres permiten a sustitución das variables e secuencias de escape incluídas dentro polos seus valores. 
 [ Índice de contidos | Introducción | Inicio do capítulo | Seguinte páxina ] | 
|   |   |