Inicio-Discografía
H I S T O R I A

Galego-Español-Inglés

 

Brath: persoeiro da mitoloxía celta. Veu das terras do norte e morreu na conquista de Iberia. O seu fillo, Breogán, pai da nación galega segundo esta mitoloxía, remataría este labor.

O grupo de folk BRATH naceu no ano 1981 cando un grupo de músicos lucenses, interesados por aqueles sons celtas e galegos que xurdían de grupos como Gwendall, Milladoiro, Emilio Cao... decidiron darlle forma a unha música que bebería fundamentalmente do folclore tradicional , pero que incorporaría unhas estructuras armónicas e rítmicas máis ricas e complexas, mesmamente algunhas delas alleas. Deste xeito os temas, sempre instrumentais, conquerían un pouso que, máis adiante, se deu en chamar "música de fusión". Empregaron instrumentos como gaita, frautas, tin-whistle, violín, acordeón, teclados, guitarra, laúde e foi característica deste grupo a incorporación á música folk galega dunha sección rítmica formada por baixo eléctrico e batería.

A formación sería moi variable ó longo dos anos. Comezaron a andaina de BRATH:

Máis adiante entrou a formar parte do grupo Faustino C. Muinelo, gaiteiro, dando lugar á formación máis duradeira.

Outros membros serían Adolfo Alonso, Fito; Javier; María Marzoa; Cándido Díaz; Ánxeles Nogueira; Víctor F. Gabeiras; Juan Parga; Pepe Vaamonde e Aquilino Jacob, que se incorporou logo do pasamento do lembrado Pedro Prósper.

Dende a súa fundación ata o ano 1997, BRATH actuou non só en toda a xeografía galega senón tamén en escenarios tan ilustres como o Teatro Real de Madrid; o auditorio Manuel de Falla, de Granada; o Teatro Campoamor, de Oviedo; o auditorio Montjuich, de Barcelona, e a Expo 92, de Sevilla. Fóra do Estado español, BRATH tén actuado en Brasil, Arxentina, Portugal e no Festival Intercéltico de Lorient (Francia).

 

 

 

 

1