Restos dun pasado eternamente salvaxe entre a decadencia das grandes cidades, aínda medran briznas de herba entre o asfalto, a vida salvaxe resiste baixo a ameaza dos cazadores entre estradas e vías de alta velocidade. Grandes moles de cemento tapan a luz do sol observándonos, a xente rebáixase, déixase chantaxear con promesas dun futuro millor mentres perden o máis importante: o presente das súas vidas, a súa liberdade, vivindo unha vida irreal, conscientes no fondo pero rechazando a realidade, evitando pensar ca axuda da televisión ou calquer producto artificial, millor canto máis caro e máis consumo produza. Os nenos queiman os seus libros, os presos fúganse, os novos non queren traballar prefiren a basura, non hai quen saque á aboa da horta, a túa muller marchou e nunca máis a verás. A vida aínda resiste no mundo feliz que constrúen cada día con hormigón, cables e PVC. Aínda escapa ó control tentando recupera-lo seu estado salvaxe, o seu estado natural. Sabemos que ningún imperio é eterno, a civilización non pode proseguir, gretas no asfalto, a humanidade ten que renunciar ó consumo, á destrucción, hundi-la industria, as multinacionais. Fundirnos ca natureza, loitar pola chegada dun novo mencer.

 

 

Nós construimos esta civilización asasina día a día ca nosa forma de vida. Somos parte do sistema, desperdiciamos todo o noso tempo activo en traballar para él. Co noso consumo enriquecemos empresas con escuros intereses, expolian a terra, contaminan e explotan á xente así como ós animais e o medio, a súa forma de producción ademáis de ser nociva, é improductiva, non ten nengún sentido pero todo é válido con tal de gañar máis diñeiro, o noso diñeiro. Renuncia. Non lles entregues a túa liberdade traballando para eles, non compres os seus productos artificiais innecesarios, indeseables ou cheos de tóxicos. É necesario crear un novo mundo basado na autoxestión, no apoio mutuo e a humildade, libre de autoridade, cargado de conciencia, rechazando a dominación. Creando e vivindo día a día a anarquía.

 

 

ENTRAR

 

 

 

 

 

 

 

 

1