A anarquía é un estado de existencia libre de autoridade coercitiva, no que se estaría en liberdade de determinar a propia vida que cada un/unha escolla, a imaxe das súas propias necesidades, valores e desexos individuais, sen permitir sen embargo que o seu campo de acción abranxa a vida de outr@s que non o escollesen así.
Un mundo non-autoritario conlevaría liberdade de asociación, polo tanto é incompatible ca monarquía, a oligarquía ou a democracia. Moit@s de quen se chaman a si mesm@s “anarquistas”, inda que afirman non negar a importancia da asociación libre, loitan por unha sociedade máis democrática onde as entidades corporativas e estatais sexan substituídas por municipalidades controladas pola comunidade, federacións industriais controladas pol@s traballador@s, e así sucesivamente. Quenes desexan vivir libremente segundo a súa propia vontade teñen razóns pra se sentir ameazad@s por tódalas organizacións a grande escala, porque son tanto imperialistas como xerárquicas, inda que pretendan ser ou denominarse "democráticas" (como se a subordinación do individuo á maioría fora algo desexable).
@s human@s son sociables por natureza – pouc@s desexan vivir sós como ermitañ@s (inda que a liberdade de vivir como tal non se pode negar). Sen embargo, @s human@s son tamén selectivamente sociables – non simpatizan con todo o mundo, e sería unha opresión esperar que fose así. De forma natural, a xente establece relacións con outr@s con @s que se identifican por compaña e apoio mutuo. Tal foi o caso ó longo da historia humana. Só na historia recente a xente entrou en organizacións de masas compostas por membros que non necesariamente se coñecen ou gustan uns dos outros. Tales organizacións non se formaron a causa da súa necesidade prá supervivencia. Durante mais do 99% da historia humana, a xente disfrutaba de asociacións cara-a-cara dentro de acordos de familia estendida, e algunhas culturas seguen a facelo. Aquel@s incapaces de levarse ben no seu grupo ou tribu son libres pra buscar compaña noutra parte ou pra vivir sós/soas. Este modo de asociación funciona ben – @s membr@s de sociedades autosuficientes en pequena escala pasan habitualmente de 2 a 4 horas ó dia ocupad@s en actividades de subsistencia. Inda que ocasionalmente pasen fame, habitualmente comen en abundancia, e disfrutan dun tempo de lecer moito máis amplio que aquel@s que viven en sociedades de masas. As culturas indíxenas que inda permanecen intactas hoxe en día prefiren o seu modo tradicional de vida, e moitas están actualmente protagonizando unha impresionante resistencia política contra as corporacións e gobernos que queren forzalas a formar parte da sociedade de masas pra que a súa terra e traballo poidan ser esplotados. A xente raramente entra en organizacións de masas sen ser forzada, xa que rouban a súa autonomía e independencia.
O xurdimento da civilización basouse na producción masiva obligatoria. Cando certas sociedades comezaron a valorar a productividade agrícola sobre todo o demáis, someteron forzosamente a tódalas formas de vida dentro da extensión das súas cidades pra ese propósito. As comunidades de xente que desexaban cazar, pescar, forraxear, cultivar hortos ou pastorear na terra pra propósitos de subsistencia serían masacrad@s ou escravizad@s, e os ecosistemas que habitaban foron convertidos en terras de cultivo pra alimentar as cidades. Só aquel@s que estaban dedicad@s por completo no cultivo e na producción animal foron permitidos nos campos circundantes. @s que vivían dentro das cidades eran prisioneir@s, mercaderes, ou oficiais públicos ocupad@s en tareas administrativas e de control social. A organización social pasou a ser máis complexa, avanzada e ampla no seu alcance a través dos séculos dende o inicio da civilización no “Crecente Fértil” (1) de Oriente próximo. Sen embargo, a vida non humana inda é sacrificada e eliminada pró uso humán (e cada vez a unha maior velocidade), e @s human@s inda son forzad@s a vivir como os servintes da súa cultura e as súas institucións dominantes como un requerimento prá existencia. A supervivencia por medios directos está prohibida – pra habitar unha terra, un/unha debe pagar continuamente un alquiler ou unha hipoteca, o que require a dedicación pra atinxir unha posición económica na sociedade, deixando insuficiente tempo restante prá caza ou o cultivo (e moito menos tempo de lecer pra acompañalo). A educación pública contribúe a garantir que pouca xente sexa capaz de aprender a sobrevivir con independencia da economía.
O capitalismo é a actual manifestación dominante da civilización. A economía baixo o capitalismo está en gran medida dirixida por organizacións que contan ca aprobación do estado chamadas corporacións, que posúen o mesmo status legal que @s individu@s, limitando e protexendo así a responsabilidade dos seus participantes. As corporacións existen co propósito de beneficiar @s accionistas – @s empregad@s polas corporacións son legalmente requerid@s pra persegui-lo beneficio por enriba de tódalas demais posibles preocupacións (p. ej., a sustebilidade ecolóxica, a seguridade laboral, a saúde da comunidade, etc.), e poden ser despedid@s, demandad@s, ou sancionad@s se fan o contrario. O capitalismo deixa moi pouco espacio pra que a vida non-humana floreza dun modo non servil (isto é, en ecosistemas salvaxes, en lugar de en cortes, gaiolas de batería ou prantas madereiras), e case ningún lugar pra @s individu@s que non queren gastar as súas vidas traballando sen parar prá innecesaria e interminable producción de mercancías. A maioría da xente pasa case todo o seu tempo ocupad@s nun traballo sen sentido, monótono, reglamentado e a miúdo dañino física e mentalmente, pra pagar as súas facturas, ou a causa dunha absoluta necesidade financeira, ou porque non saben que podría haber outro camiño. Debido á idiotización, alienación e impotencia que tanta xente experimenta durante o curso das súas vidas cotidianas, a nosa cultura mostra unhos altos índices de depresión, enfermidade mental, suicidio, adicción ás drogas, e relacións disfuncionais e basadas no abuso, xunto con numerosos modos indirectos de existencia (p. ex., televisión, filmes, pornografía, vídeo-xogos, etc).
A Civilización foi a xénese do autoritarismo sistémico, a servidume obligatoria e o aíslamento social, non o capitalismo per se. No contexto desta perspectiva, @s divers@s socialistas, comunistas, e o amplo surtido de anarco-esquerdistas (sindicalistas, ecoloxistas sociais, etc) que pretenden abolir o capitalismo sen atacar a civilización no seu conxunto son simplemente reformistas. A complexidade social que é a civilización faise posible pola coerción institucionalizada. Os grupos políticos antes mencionados non desexan acabar ca coerción, senon democratizala – isto é, estende-la participación popular á súa aplicación.
Aparte do repulsivo de animar á xente a participar en actos opresivos, hai que sinalar que a democracia directa é un ficción dentro do contexto da sociedade de masas. Nunha asociación que se expande a unha escala maior da que é posible prás relacións cara a cara dos seus participantes, a delegación de responsabilidades en representantes e especialistas convírtese en necesaria pra que se leven a cabo os fins da asociación. Mesmo se o consenso ou o voto da maioría determina a quen se escolle pra participar na toma de decisións ou as responsabilidades administrativas, @s escollid@s nunca están por completo baixo o control do electorado cando actúan cumplindo cos seus deberes. Un mandato estricto sobre as decisións ou o comportamento d@s delegad@s ou especialistas implica a supervisión constante polo conxunto do grupo, o que frustaría o propósito dunha división do traballo. O poder voltar a chamar de forma imediata a est@s delegad@s tamén depende da posibilidade de tal control. Adicionalmente, @s delegad@s escollid@s reciben máis tempo e recursos pra preparar e presentar as súas visións e argumentos que unha persoa corrente, que lles proporcionan polo tanto unha grande vantaxe pra ser capaces de se saír ca súa por medio da manipulación propagandística e o engano. Mesmo se o grupo no seu conxunto determina tódalas políticas e xestións (o cal é de por si imposible cando se require coñecemento especializado), e a @s delegad@s só se lles asignan os deberes de facelas cumplir, inda podrán actuar segundo a súa propia vontade cando non estean dacordo cas normas e estean segur@s de poder escapar ó castigo por ignoralas . A democracia é necesariamente representativa, non directa, cando se practica a gran escala – e a democracia representativa é precisamente o tipo de sistema político practicado actualmente. A abolición da xerarquía require o destronamento permanente de gobernantes e xefes, xa sexan escollid@s ou non, e polo tanto tamén require que se rexeite a sociedade de masas.
Dado que as organizacións de masas valoran a producción máis que a autonomía persoal ou comunitaria, son necesariamente imperialistas no seu alcance, destruíndo ou escravizando toda a vida que se tope no seu camiño. Sen embargo, a producción non é un valor irrelevante ou opcional do que a sociedade de masas poida prescindir mentres continúa existindo. Se as cidades non son auto-suficientes na producción da súa propia comida, apoderaránse das áreas circundantes pra uso agrícola, voltándoas inhóspitas tanto prós ecosistemas non-humáns como prás comunidades humáns auto-suficientes. Este área expandiráse en relación a calquera incremento da poboación ou a especialización do traballo que experimente a cidade. Podríase argumentar que a producción industrial se podría manter, mentres que ó mesmo tempo se fixera diminuir considerablemente, deixando ós ecosistemas e ás aldeas non-industriais algún espacio pra coexistir. En primeiro lugar, esta proposta convida a preguntarse por qué a civilización industrial debería ter prioridade sobre as outras formas de vida, permitíndose dictaminar a quenes non participan nela a canto espacio exactamente teñen dereito. É tamén cuestionable se é mesmo posible pra unha sociedade atinxir un “equilibrio” entre a opulencia da alta tecnoloxía e a sustebilidade ecolóxica sen privar do dereito a participar na toma de decisións a grandes sectores da poboación activa ou empregando un detallado esquema de planificación social autoritario.
A complexidade estructural e a xerarquía da civilización deben ser rexeitadas, xunto co imperialismo político e ecolóxico que propaga a través do planeta. Non é posible prós seis billóns de habitantes actuais do planeta sobrevivir como cazador@s-recolector@s, pero é posible pra aquel@s que non poden cultivar a sua propia comida en espacios sensiblemente máis pequenos (comparados co tamaño dos esgotados e envenenados campos das agro-industrias de hoxe), como se demostrou pola permacultura, a xardinería orgánica, e as técnicas de horticultura indíxenas. Requírense aparellos de xestión e institucións de control social pra administra-la producción e troco de mercancías dentro dunha economía basada na división do traballo, pero non son necesarios cando os individuos e pequenas comunidades toman o control dos seus propios medios de vida. O rol da xerarquía e a reglamentación só desaparecerá cando a xente comece a de novo a encargarse das súas necesidades directamente mediante unha relación imediata ca terra. O entorno vivo só se preservará e restituirá ó seu vibrante estado natural unha vez que se desmantelen os instrumentos da producción masiva. A anarquía e a autonomía só se desenvolverán unha vez que a xente aprenda de novo a sobrevivir independentemente do cancro que é a civilización industrial, e finalmente o destrúan.
(1) Termo popularizado polo orientalista norteamericano
James Henry Breasted (1865-1935) que fai referencia a área de Oriente Medio de
onde son orixinarias as civilizacións desa zona e da Cunca Mediterránea [n.d.t.]
Chris Wilson
Anti Copyright, 2001.
chrswlsn@yahoo.com