Re-toma-lo
bon camiño
Ata fai
aproximadamente seismil anos, non existía ningunha civilización. A agricultura
fora inventada fai docemil ou quincemil anos e non estaba moi extendida, xa que
poucos pobos se dobregaban á escravitude do arado, que como ben se sabe, non
aportaba nada bon ós antigos poboadores da terra. É dicir que ata fai pouco máis
de docemil anos non había na terra máis que cazadores-recolectores, un modo de
vida que acompañara ó Homo Sapiens durante o 99% da súa existencia e que
existía antes de que o Homo fora Sapiens e antes de que o Homo fora Homo: o
estado natural, a realización natural das súas necesidades REAIS sen xerarquías,
nen traballo, nen toda esa merda.
Inda que o novo
réxime do arado acababa cun modo de vida moito máis saudable, libre e variado,
os novos humáns agricultores inda conservaban culturas de veneración á
natureza e tentaban levar, baixo o peso da súa escravitude ó traballo e ós
seus explotadores, un modo de vida basado na solidaridade, o apoio mutuo e o
comunismo da terra (o modo de vida dos nosos abuelos é un exemplo)
Ata hai sólo
cincocentos anos o mundo estaba maiormente poboado por pobos neolíticos e
paleolíticos integrados na natureza. América do norte e boa parte do sur, Polo
Norte, África centro e sur, Oceanía, India e gran parte de Asia estaba poboada
por pobos recolectores-cazadores e o resto do mundo estaba poboado por pobos
gandeiros e agrícolas, vivindo libres ou na sombra das civilizacións, pero
sempre cunha relativa liberdade do seu peso e sempre integrados na natureza.
Cada tribu, cada pobo, cada comunidade ca súa propia cultura, seu
idioma/dialecto e a súa propia visión do mundo.
A época
colonial acabou con case tódolos pobos recolectores-cazadores ou marxinounos en
lugares indesexables. A civilización occidental, conquistou todo o mundo,
escravizou a tódolos demáis pobos, humillou e destruíu as súas culturas,
violou as súas ancestrais terras e mudou os valores do vello mundo polos que coñecemos
agora, a sociedade antropocéntrica, patriarcal, guerreira, capitalista, enferma
de corpo e mente... miserable;
Ca revolución
industrial chegou a tolemia absoluta, un sistema de vida totalmente
insostenible, agresivo ca natureza, que creceu como un novo cancer ata dominar
medio mundo e destruílo. Este sistema deu probas e probas de ser insostenible,
non nos fai felices, xa que provoca neurosis no primeiro mundo e fame e
explotacion no terceiro mundo, novas enfermedades nacen cada día causa do
progreso, gañando sempre á carreira da medicina. ¿De verdade é imparable o
progreso? Pódese parar, estou seguro, porque inda que sexamos tan parvos como
pra non rectificar, a propia natureza será quen o pare, o noso enfermo planeta
nos barrerá do mapa cando fagamos cae-la gota que colme os océanos. A vida
voltará o seu estado natural con ou sen nós. Con vertebrados ou sen eles, con
coleópteros ou con microorganismos; porque nós non somos necesarios prá terra
nós somo-lo cáncer da terra.
Non pedimos
ningunha locura, o sistema actual é un sistema totalmente novo neste mundo
cunhos resultados impredecibles, deu probas de ser un mal camiño, polo que
queremos voltar ó estado natural dentro do posible, nas nosas entrañas escóitase
aínda unha voz apagada que nos chama á nosa liberdade perdida, noso corpo aínda
rechaza a basura que nos ofrece este mundo artificial; dez milenios de
domesticación non poideron destruí-la nosa ansia de liberación, dous séculos
de locura industrial non nos conseguiron convertir inda en máquinas, nós
tampouco sabemos que virá despois da civilización pero seguro que é algo
millor...
Que deixen de
enganarnos con tecnoutopías, a tecnoloxía non nos liberou e nunca o fará e da
igual en mans de quén esté, o terceiro mundo non pode alcanza-lo noso
desenvolvemento, nen nós sólos o podemos manter porque o "desarrollo
sostenible" é unha patraña, o primeiro mundo sostense na explotación de
tódolos demáis, persoas, animais e cousas e isto non se pode manter, canto
antes se derrube o sistema, será millor pra todos. Porque é necesario e por
que nos gusta, queremos voltar ó estado natural. Odiamos a civilización e querémola
ver caer, amamos a natureza e querémola ver renacer, e renacer con ela como
parte indivisible dun todo. Outra vez libres, outra vez salvaxes.
Fdo. O
Ornitorrinco Nuclear