FESTAS DO PINDO

VOLVE O INICIO

Unhas Grandes Festas de Agosto

.

 

Estos son os Articulos e Fotos que apareceran na revista das festas

 

 

As Festas

Xa estamos aquí un ano mais cheos de gañas e ilusion para preparar estas festas nosas.
Queremos agradecer de ante man a todo o mundo que colabora directa e indirectamente
Desexamos de corazon que todo esto que estamos a facer sexa do agrado de todo o mundo ou polo menos da maioría pois o noso interes e so traballar en interes do noso pobo .
Facendo que estas Festas sexan unhas das millores da comarca .
Queremos agradecer tamen a antigas comisions polo seu traballo feito estes anos que para nos foi un gran traballo sirvindonos de esperiencia e podendo contar con eles para colaborar este ano sendo eso de gran axuda.
Unha vez mais queremos dirixirnos a todos para decirbos que estas Festas son de todos e que todo o mundo que queira pode colaborar con elas aportando non so diñeiro sinon tamen ideas e axuda as Festas son de todos e debemos poñer o noso graniño de area para que sean todo un exito.
De novo damobos as gracias e desexamos que todos disfrutemos das nosas Festas.

A Comision de Festas

CARTA OS SOCIOS/AS E XENTE DO POBO

Directiva O PINDO C.F.

Hola boas antes de nada queremos desesarvos unhas boas festa de San Clemente 2007 a todos e que pasedes un bo veran.
Dito esto decir que esto e unha carta en conxunto de toda a directiva a cal esta formada por: Javi,Carrasedo ,Toño,Manolo de lopez ,Julian, Juan Luis e Antonio o Castillo;que quer agradecervos un ano mais todo o apoio mostrado.Un ano que logramos un 4º puesto que foi a millor clasificacion nestes tres anos de andadura do CLUB un 4º puesto co que non nos conformamos poque estuvemos a un paso do ascenso, posto que suben 3 e porque os socios e aficion o merecen e polo que vamos a loitar xogadores e directiva.

Por eso pedimos un ano mais que nos apolledes moral e económicamente, moral para que animedes os xogadores no campo e económicamente para que renovedes os vosos carnets para a tempada 2007 / 2008 .
E a todos aqueles que non sean socios que se animen para ver O PINDO.CF no mais alto e para pasar tardes do domingo agradables vendo futbol xunto ca familia, os amigos e con 100 persoas mais apoiando O PINDO posto que somos os que mais xente levamos o campo.
E queriamos rematar como non dandolle as gracias os nosos patrocinadores, tanto os que son ahora como Grupo Recho .S.L , Cerveceria Sol e Mar e Congelados Riveiro e os que xa foron Manuel Paz e Video Laser Vodafone polas suas aportacions a todos eles gracias.

BOAS FESTAS

 

A directiva O PINDO CF
¡¡¡ AUPA O PINDO !!!

 

 

O Meu Pai

Despois de tantos anos de traballar agora que xa es xubilado xa podes descansar.
O mar traballastes con arte e con sudor a ali sembrestes a tua arte e o teu valor.
Recordo que de nena levasteme a pescar enseñasteme a remar e tamen o mar respetar.
¿acordaste cando o muelle eu che iba a esperar ? Ti sempre chegabas contento de pescar.
Por eso eu che digo navega mariñeiro navega navega nese teu mar pero navega preto de terra para a casa poder voltar
CPP

 

 

O Emigrante no Pindo Meu

E para que ques largar da terra ¿non temos pan no forno?
En Galicia non se pide nada emigrase
E non queria morrer ala ¿sabe miña nai?
E a situación dos humildes e marxinados pola súa condición ou as súas ideas.

Con estas vervas de Castelao podiamos escomenzar ,o que foi a emigración na
nosa terra, para uns e para outros, pois asi foi mais ou menos en todos os lares ,o que mais e o que menos temos na nosa familia un emigrante que marchou, por que non tiña nada para levar a boca e marcharon por eses mundos de deus,que nos levaron fora desta terra tan querida e nunca esquecida, todos os que se marcharon uns volotaron e outros quedaron ala.
.
Pero oxe os nosos paisanos, que non poideron voltar tiveron fillos e moitos estan retornando , pois as cousas cambiaron .

Oxe eiqui temos o que antes nos faltava,traballo co que eso conleva .
Como o meu Pai decia, na Arxentina o que quer traballar, levantase e xa esta a gañar un peso .
Eu tiña un tio que marchou para Arxentina ,que traballava un dia e ata que gastava os cartos que gañara, non volvia a traballar . Era o meu tio Xaquin que nunca voltou ,pois gustoulle tanto aquela terra ,que fixose casi criollo,e ali quedou.

Oxe no noso pais Galiza , temos un benestar que fai que os nosos emigrantes, dos anos aqueles xa poidan vir todos os anos, e alguns o chegar e ver outra vez a sua terriña,xa non queren voltar e quedanse eiqui, pois a murriña e tan grande que cos anos non se esquece e queremos quedarnos xa a descansar, nesta terriña querida.
Eu non sen o que ten o airiño de esta terriña, pero e O Pindo Meu
AMLR

A.D.R.C. PEDRAMAR

Un saúdo para todos os nosos socios e colaboradores, e como non a todo o pobo do Pindo . Dende eiquí queremos aprobeitar esta oportunidade que nos brinda a comisión para desexarvos a todos unhas boas festas. Recordarvos tamen que en octubre, facemos dous anos de andadura e que é grazas a vosa aportación e o traballo de todos co que pretendemos ir mellorando ano a ano. Non sólo e importate a aportación económica, senón que vos involucredes tamén aportando ideas, opinións e consellos xa que pretendemos ser unha porta aberta a todo o pobo na que todos e todas teñamos cavida dunha forma plural e solidaria.
Gustaríanos que a vosa participación na asociación, fora máis activa, e brindarvos dende eiquí, a posibilidade de ser membros da xunta directiva para que cas vosas ideas e proxectos, podamos seguir mantendo ilusionados os nosos socios.

Unha aperta