NOTA DE PRENSA EMITIDA O 10/08/06

 

Ante os incendios forestais dos últimos días e á multitude de mensaxes emitidas, a SGHN considera convinte lembrar e puntualizar algúns aspectos recurrentes cando os incendios forestais se multiplican; que resumidamente podemos sinalar en:

A situación non é absolutamente nova, dende 1969 se repite a coincidencia de múltiples focos de lumes durante días seguidos cando as condicións meteorolóxicas son propicias.

- As diferencias con anos anteriores cífranse na información dispo ible para o cidadán e o desprazamento das zonas máis afectadas, dende Ourense hacia Pontevedra e A Coruña; aínda así compre sinalar que só estamos a principios do mes de agosto.

- Existen estudos oficiais sobre a causalidade dos incendios forestais, e non diverxen entre eles (uso do lume con finalidade agrícola, eliminación de residuos vexetais, ...)

- Non existe ningún dato fiable que avale a teoría da conspiración como causa dos lumes, nin a teoría de móbiles políticos.

- A problemática ten unha profunda base social local sobre a que se debe incidir.

Non hai panaceas para a solución dos incendios forestais; non será inmediata e compre comenzar por:

* Asumir públicamente a autoría estrictamente local dos lumes.

* Correxir a desinformación á cidadanía e explicar claramente os datos oficiais e os estudos sobre o problema.

* Cercar socialmente ós cidadáns que utilizan o lume de maneira neglixente ou delincuente.

* Coa proporcionalidade que se debe esperar da Xustiza, dar a coñecer as sancións e os sancionados neste tema.

* Aplicar unha ordenación racional do territorio.

* Establecer as necesidades forestais e ordenar o monte en función delas.

*Aplicar ó máximo a tecnoloxía e os programas informáticos de predicción.

* Utilización da linguaxe no seu xusto contexto e significación:

+ Non confundir pirómano con incendiario

+ Evitar a devaluación da palabra "terrorismo"

+ O monte baixo non debe ser tratado como maleza ou monte suxo, pois cumpre unha función esencial na recuperación ambiental e de mantemento da biodiversidade.

 

O informe que segue, desenvólvense estes puntos e se precisan datos das informacións recompiladas por SGHN durante todos estes anos.

INFORME

 

Os incendios forestais hai anos que amais de seren un problema medioambiental tamén se convertiron nun problema social e económico, pola sangría na vida das persoas que cada ano se leva, polos custes para o combatir e polos danos no tecido económico e industrial que supón a queima do monte e mato.

Pouco máis do comentado en tantas ocasións pola SGHN se pode dicir do tema, pero ante as declaracións que se están a producir, convén lembrar e puntualizar algúns aspectos recurrentes cando os incendios forestais se multiplican.

Existen diversas teorías sobre a orixe dos incendios, sen embargo, contra o que se fala moitas veces, existen estudos oficiais e datos fiables sobre a causalidade dos incendios, e non diverxen moito entre eles.

Os estudosos do problema incendiario distinguen entre causas estruturais, isto é, causas que favorecen a aparición e extensión do lume nos montes, e causas inmediatas, é dicir, as múltiples e diversas motivacións directas das persoas que prenden lume ós montes. Actuar sobre unhas e outras é preciso para que deixemos de sufrir cada ano uns 11.000 lumes, aproximadamente a metade de tódolos que acontecen en Espa a.

 

A Teoría Conspirativa como orixe dos incendios

A coincidencia, no espazo e no tempo, de múltiples focos de lume en períodos con meteoroloxía favorable para a súa propagación repítese en Galicia dende que comezou a etapa virulenta dos incendios forestais en 1969, polo que de haber unha "organización incendiaria" habería que admitir a súa presenza dende hai case coarenta anos.

Esta grande persistencia no tempo, o enorme número de lumes provocados cada ano e a súa distribución por tódolos concellos e parroquias de Galicia implicarían a existencia dunha "organización" importante, con:

1) dirección, financiamento e "axentes" ben adestrados, capaces de pasaren desapercibidos no territorio espa ol con maior dispersión da poboación no medio rural.

2) infraestrutura: medios técnicos e dependencias para reunirse, coordinarse, elaborar e distribuír os artefactos incendiarios.

3) móbiles definidos e distintos segundo o terreo te a ou non interese urbanístico, árbores madeirables, mato ou cultivos; os móbiles, ademais, deberan ser secretos, pois nunca se fixeron públicos e os incendios nunca foron reivindicados por ningunha organización.

Semella incrible que unha "organización" desta categoría non deixase máis rastro en case coarenta anos que uns poucos artefactos incendiarios, extremadamente rudimentarios, e que ningún dos seus "axentes" fose detido e/ou identificado. Ademais, a realidade desminte a "teoría da conspiración", pois tódolos detidos e/ou denunciados son veci os do lugar ou das súas proximidades e tódolos motivos manexados nos estudos sobre causalidade dos lumes son locais.

 

A teoría dos móbiles políticos

Os supostos móbiles "infrapolíticos" da organización son tamén insostibles: en Galicia ardeu moito cos gobernos de AP, co «tripartito», co do PP e agora co do PSOE-BNG. En Galicia, os lumes non entenden de cor política dos gobernos municipais: de UCD, Centristas de Galicia, Coalición Galega, AP, PP, PSOE, BNG e independentes de calquera signo, en todos arde e moito máis que en calquera outra parte de Espa a.

 

Logo, ¿Quen e Porque queiman os montes?

A realidade demostra que os incendios, se as condicións atmosféricas son favorables, danse en calisquer época do ano. No vrao son maiores por que as condicións atmosféricas de seca son as habituais, pero tamén no inverno préndese lume ó monte, pero é máis doado acotalo.

Existen estudos e datos de quen e por que arden os montes. Algúns son consultables na páxina Web do Ministerio do Interior (área da Guardia Civil) e coinciden coa opinión da SGHN:

- Uso do lume con finalidades agrícolas e gandeiras para eliminar o monte baixo e formar novos pastos.

- Eliminación de residuos vexetais.

- Falta de sensibilidade dalgunhas persoas cara algo que non lle proporciona rendibilidade algunha.

Entre 3.000 e 5.000 galegos, segundo cifras manexadas pola propia Consellería de Medio Ambiente, queiman o noso monte. Coincide con esta afirmación o feito que tódolos detidos e/ou denunciados son veci os do lugar ou das súas proximidades e tódolos motivos manexados nos estudios sobre causalidade dos lumes son locais. Así, os informes oficiais do Grupo de Investigación Operativa da entón Consellería de Agricultura e do Ministerio de Agricultura sinalan que a meirande parte dos incendios orixínanse polo emprego do lume como ferramenta agrícola (queima de restrebes) e gandeira (obtención de pastos), como calquera persoa pode doadamente comprobar nas hemerotecas.

Existen, por suposto, outras motivacións, ata 47 indicados nas conclusións do citado estudo do Grupo de Investigación Operativa, e probablemente algún máis, pero o seu peso porcentual é mínimo ou anecdótico.

As diferencias con outros anos son dúas:

a) Dende 2005 desapareceu a mordaza informativa oficial sobre os incendios en Galicia, co cal os cidadáns, galegos e espa ois, agora co ecen a realidade da problemática incendiaria en Galicia..

b) Nas últimas semanas a máxima actividade incendiaria, que xeralmente afecta ó interior de Galicia (sobre todo Ourense), trasladouse á franxa costeira, máis densamente poboada e turística, polo cal os incendios son máis evidentes e afectan máis directamente á poboación.

 

Solucións

Non existen panaceas e hai moitos motivos e cada motivo precisa un ou un conxunto de tratamentos.

O ano pasado, a Ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, denunciou que existe «complicidad social» e «tolerancia» cos incendios «no sólo en Galicia sino en toda Espa a», e lembra que ese ano, dos máis de 18.000 incendios só se identificaron a 277 causantes. Isto provocou airadas críticas por denunciar algo que é verdade e un paso previo e imprescindible para solucionar o problema: asumir a realidade para tratar de modificala. Estas declaracións recibiron o apoio da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) polo seu acerto e valentía política. Este ano, ó igual que outros políticos locais, duns e outros partidos políticos, cando falen da casuística, deberían ser máis prudentes e aterse a feitos corroborados e non a especulacións ou situacións puntuais.

Este tema non admite doados resumes, pero a solución, que non será inmediata, pasa por

a) Asumir publicamente que en Galicia son os propios galegos os que prenden lume.

b) Correxir a desinformación existente na cidadanía para que asuma que son (ou somos, porque é un problema de toda a sociedade) os galegos quen queiman o noso monte, que temos datos de partida para asignar motivos e peso dos motivos (37 % neglixencias, 41% intencionados, 10% formación de pastos, 1%, raios e accidentes, e un resto do 10%; datos para 1995 da Consellería de Agricultura).

c) Incrementar o detalle dos estudios e asignar máis medios para a investigación (humanos e materiais) e publicar os informes.

d) Tal como pide a Fiscal Coordinador de Incendios, cercar socialmente ás persoas que usan o lume de xeito neglixente ou delincuente. Para elo é necesario facer cambios estructurais nos medios humáns e materiais nun país, que non esquezamos, está na cola do desenvolmento social e económico de Europa e ten unhas peculiaridades sociais ben definidas.

e) De acordo coa Lexislación e a proporcionalidade que se debe esperar da aplicación da mesma, facer públicas as sancións e os sancionados cando concurran sentencias firmes nos casos de intencionalidade.

f) Aplicación dos programas informáticos desenvolvidos conxuntamente polas Universidades galegas e o CSIC para predecir o índice de perigo de incendio para cada zona de Galicia e optimizar os recursos de extinción.

g) Establecer as necesidades forestais para ordear o monte baixo estas funcións. Formación, seria, das comunidades de montes sobre a explotación madereira e os seus recursos.

h) Ordenación do territorio. Non se pode permitir facer novas casas ou construccións fora dos núcleos establecidos; un totum revolutum de casas, pistas, galpóns, cultivos, plantacións de eucaliptos, vertedoiros, fragas, etc. Un despilfarro económico nun país que non se o pode permitir.

i) A recuperación do monte. Existen suficentes investigacións, amais feitas en Galicia sobre as medidas de recuperación e minimizacións dos danos despois dos incendios, sobre todo as realizadas polo CSIC en Santiago de Compostela.

 

O uso da linguaxe

Sendo un tema secundario respecto o que implican os incendios, convén un uso correcto da linguaxe.

Chámase erroneamente pirómano a calquera que prenda lume: un pirómano é un enfermo cunha patoloxía medicamente definida.

Chamar terrorista a quen prende lume ó monte, é devaluar e descontextualizar a palabra; poderase tratar o tema como se debe tratar a ameaza terrorista, entendendo isto como que o problema debe abordarse dende moitos frontes e como unha cuestión de estado que implique a tódolos partidos políticos coa colaboración de tódolos estamentos sociais e tólodos cidadáns.

Non pode falarse de conspiración, porque non está demostrada unha organización conspirativa de ninguén.

O mato e o monte baixo non son nin maleza nin "monte suxo". Son parte das necesidades biolóxicas do monte e conforman a biodiversidade do mesmo; noutras palabras: é unha parte necesaria da natureza. Moitas veces é un exemplo dun disclimax do monte por un uso inaxeitado ou sucesivos incendios que empobreceron o solo e este perdeu a capacidade para soportar un bosque; pero o monte baixo e a base da súa rexeneración e a única posibilidade de mantemento da diversidade biolóxica e natural.