NOTA DE PRENSA emitida o 3/12/06

sobre os asolagamentos en varias vilas galegas

 

A SGHN en relación cos episodios de asolagamentos acontecidos na provincia de Pontevedra e extensibles ó resto de Galicia e ás relacións que se están a facer cos Incendios Forestais (entre outros motivos), para explicar esta situación, considera necesario aportar a súa visión do tema en concordancia coa situación medio ambiental galega.

Puntualmente a presencia de áreas queimadas pode explicar unha maior avenida de augas, xa que a vexetación contribue á infiltrar com maior eficacia a auga da choiva no solo e nas capas freáticas. Isto non establece unha causa-efecto entre os recentes incendios e as riadas.

Na meirande parte dos casos de asolagamento destes días (Caldas, Cee, Poio, Vilagarcía, Vigo...) carecen desta relación causa-efecto, aínda que sufriran lumes forestais este ano, a meirade parte das corvas (zonas do monte pola que se recollen as augas) non coinciden con estas áreas afectadas ou te en algún tipo de barreira. Contribuen ó problema, pero son unha aportación moi secundaria.

Contra o que se está a insistir, este ano 2006 non foi único ou excepcional na superficie queimada (aínda houbo menos incendios que outros anos), senón que está nunha triste tónica dos últimos trinta anos, e en anos anteriores non se viron estas situacións de asolagamentos de xeito xeralizado.

a) O distingo con outros anos, hainos que buscar na existencia dunha maior pluviosidade, tanto na intensidade como no volume.

b) Nos ultimos anos incrementou a superficie construída, tanto en extensión como en lugares inaxeitados.

- Redúcese a superficie de infiltración (a auga esvara sobre baldosas, estradas e casas, que se fora terra, absorbería parte da auga).

- Tapáronse cauces dos ríos, invadíronse chairas de asolagamento e espacios húmidos, por exemplo:

* Poio: zona da Barca, incremento da superficie construída sen redimensionar as tuberías de pluviais e recentemente taponamento regato da Oliveira.

* Vilagarcía: regatos e ríos tapados; humedais da Maroma e a Xunqueira (aliviadeiros do río do Con), destruídos coa connivencia de Augas de Galicia no seu momento.

* Cee: varios ríos baixo o pobo.

* Caldas: zona de asolagamento invadida de contruccións e pontes río abaixo, que limitan o fluxo de auga, reténdoa.

Para a SGHN o problema, novamente, está:

a) Na falla de Ordeación do Territorio (polo tanto falla a previsión), sobor de todo polos Concellos, que sempre están a piar por máis competencias, pero que non desenvolven as que lle confire a Lei de Bases de Réxime Local, contribuindo a un anarquismo urbanizador. É o mesmo caso que deixar construir un depósito de productos químicos á beira dun río, ou depósitos de sustancias perigosas perto da poboación.

b) Disfuncionalidade nos organismos asignados para o asunto hidráulico (léase Augas de Galicia)

Ambas partes da administración pública esquecen a verdade inmutable que, de cando en vez, as augas reclaman o seu dominio arrebatado, e cando atopan obstáculos (contruccións, tuberías que limitan o paso...) bótanse fora hacia onde sempre estiveron. A isto podemos xunguir o "costume" de alonxar os ríos das desembocaduras (léase recheos). En vilagarcía moitas das zonas anegadas, estaban hai menos de oitenta anos á porta do mar, e cada ano están máis lonxe.

A SGHN lanza estas preguntas ¿van os concellos mudar as súas políticas urbanísticas? ¿Augas de Galicia, vai apostar por recuperar o noso patrimonio fluvial?.

Sexamos conscentes que as "axudas" páganse cos impostos e que os cartos que costa reparar os destrozos non serán investidos en Sanidade, Educación, mellora de estradas, namentras os que buscan terreos baratos desecando humedais e recheando a costa, xa fixeron os seu agosto.

Ó final as perdas económicas por culpa destas imprevisións ou especulacións urbanísticas recaen sobre milleiros de persoas e os beneficios van a mans de uns poucos.