ARBORADO URBÁN

As árbores son un expoente máis da insensibilidade dalgúns xestores públicos. O pouco cuidado, as podas brutais sen senso nen motivo e o abandono, son expresións do pouco respeto por estes compañeiros e pola ciudadanía. As árbores acompáñannos polas rúas, reláxannos a mirada e dan vida ás masas de cemento rectilíneo das vilas.

O seu maltrato non é o maior dos problemas medioambientais, pero si un indicador da sensibilidade e respecto polos seres que comparten o noso día a día e tamén de nós mesmos. Está páxina pretende ser un pequeno recordatorio do que temos e a onde podemos chegar.

Queremos manifesta-lo noso agradecemento ó libro "Árboles en la ciudad" de Martínez Sarandeses, Medina Muro e Herrero Molina (publicado polo antigo MOPT). Cando xa andabamos a voltas con estes temas, o seu descubrimento deunos un apoio moral e técnico inapreciable.

Proposta base de xestión do arborado urbán. (.pdf 111 K)

Colección de fotografías, Poda.

Colección de fotografías, Agresións.

O albre é o símbolo do señorío esperitual de Galiza.

O albre é un engado dos ollos pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os páxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.

O albre pideulle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

O albre danos sombra fresca no vrán e a quentura garimosa no inverno.

O albre danos as traves, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.

Castelao

(Sempre en Galiza)

 


Poda na rúa Manuel del palacio (Pontevedra) 5/12/01
A imaxe que dan as árbores de moitos dos nosos  parques e xardíns é a de xigantes mutilados.

Esta insensibilidade non é nova nen restrixida a uns poucos concellos, máis ben é unha imaxe moi extendida por toda a nosa xeografía.

Efectos negativos das podas.

As árbores teñen un equilibrio entre o desenvolvemento da súa parte aérea (tronco e polas) e as raizames. Se cortamos en exceso as polas, provocaremos que a árbore non poida producir suficente recursos alimentarios e parte das raizames se sequen, encetando un proceso de debilitamento progresivo, que pode acabar matando á árbore ou facilitar a súa caida por deficiencias no seu sistema radicular.

Outros danos

A poda agresiva e os decotes son as agresións máis evidentes, nembargantes hai outros tipos de agresións que tamén danan as árbores, só mencionaremos uns poucos:

- Buratos insuficientes para desenvolve-las raizames.

- Gavias moi cativas que rozan a base da árbore.

- Usa-las gavias como papeleiras.

- Escribir na codia.

- Roces na codia nas zonas de aparcadoiros.

Podesnos enviar as túas fotos sobre arborado urbán a sghnpontevedra@terra.es (máxima resolución de 680*420) co seu comentario para engadir á nosa galería. (máximo vinte palabras). Publicarémosla co texto e co teu nome. Gracias.

Bibliografía básica recomendada:

- Martínez Sarandeses, Jose; Medina Muro, María & Herrero Molina, María Agustina (1992) Árboles en la Ciudad, fundamentos de una política ambiental basada en el arbolado urbano. Monografías de la Secretaría  de Estado para las políticas del Agua y el Medio Ambiente. MOPT, Madrid. 198 pp.

- Asociación Española de Parques y Jardines Públicos (1999) Método para valoración de árboles y arbustos ornamentales, Norma Granada., revisión 1999. Madrid. 71 pp.