O ARBORADO URBÁN - agresións varias

Está páxina compleméntase con O ARBORADO URBÁN - podas

O noso obxectivo é que vendo estes exemplos, comúns á meirande parte da nosa xeografía, aprendamos novos criterios de valoración estéticos que nos permitan valorar outras posibilidades.

Gavias insuficientes para o tronco da árbore, o que provoca un estrangulamento e deformación da base.
Árbore con cicatriz e codia aberta por roces dos coches (Pontevedra 3/02/02)
Pavimento levantado polas raizames. árbore inadecuada e probablemente pouco espacio para un desenvolvemento axeitados das raizames.

Pontevedra (3/02/02)

Pretendida homenaxe ás arbores. Esta árbore metálica sustitue á un parque de Platanus hybrida, dos que se pode observar algún supervivinte no fondo da fotografía.

Pontevedra, Praza de Barcelos. 2/02/02