CABEZAS DE GATO

As denominadas "cabezas de gato" son deformacións que se producen nas polas das árbores por unha poda sistemática para reduci-la extensión das polas. Os tecidos engrosan a punta da pola á altura dos continuos cortes.

Unha vez que se forma unha "cabeza de gato" é moi difícil correxir este defecto.

Se ademais este problema está acompañado de varias polas moi abertas que saen do tronco principal, se logo se quere deixar que a árbore medre libre, se o crecimento é excesivo poden acabar coa rotura e caida da pola.

O mellor xeito de previr isto é escollendo árbores de porte reducido, que faga innecesaria a poda ou deixar que ás arbores medren libres ou cunhas pequenas reconduccións segundo as necesidades.