O ARBORADO URBÁN - podas

Nesta páxina incorporamos varios exemplos gráficos de podas inadecuadas. Lamentablemente este non é un problema que se poda considerar exclusivo dun ou outro concello, estas actuacións non distinguen entre concellos, outras administracións e particulares.

Está páxina compleméntase con O ARBORADO URBÁN - agresións varias

O noso obxectivo é que vendo estes exemplos, comúns á meirande parte da nosa xeografía, aprendamos novos criterios de valoración estéticos que nos permitan valorar outras posibilidades.

Árbores novas, cunha poda innecesaria (o seu crecimento nen perxudica a outras especies, nen reduce as vistas do lugar).

 

 

Desmoche brutal por segundo ano consecutivo.

Se trataba de tres Platanus hybrida sen problemas aparentes que foron mutilados sen xustificación.

É moi probable que agora escomenzara un proceso de putrefación do sistema radicular debido a que a reducción drástica da parte aérea impide alimentar adecuadamente á árbore.

Co tempo aparecerán fungos e o debilitamento das raizames facilitará a caida da árbore.

Poda agresiva con cortes de polas de ate 15 cm de  diámetro.

Isto vai provocar que se formen tecidos deformados polas cicatrices das cortas e de seguir este tipo de poda, formaranse as denominadas cabezas de gato.

 

Decote practicamente total. Os Platanus hybrida desta avenida paralela ó río Lérez sofren continuas accións deste tipo, o que provocou a putrefacción e morte de moitos exemplares.
Típica poda agresiva sen argumentación técnica nen estética.

Rúa Manuel del Palacio. Pontevedra. nadal 2001.