SAÍDA EN BARCO DO DÍA 22/03/02

RÍA DO BARQUEIRO

 O pasado  22/03/02, organizouse a segunda saída en barco dende a ría do Barqueiro (A Coruña-Lugo) ó obxecto de contempla-lo paso prenupcial de aves mariñas pola costa galega. Este ano non chegouse ó éxito do ano pasado, no que a poucos metros tivemos ocasión de contemplar un rorcual común adulto.

Illa de Coelleira.

 

Durante a travesía vimos varias aves mariñas, fundamentalmente mascatos (Morus basanus) en tódolos seus prumaxes, dende primeiro ano ata adulto.
Otras aves vistas foron o papamerda real (Stercorarius skua), gaivota patiamarela (Larus michaelis), gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), carrán (Sterna hirundo) e gaivota escura (Larus fuscus), Na foto intuese un Stercoraius skua
Á volta da viaxe, paramos nunha praia próxima onde atopamos un golfiño común morto (Delphinus delphis). Alí Juan Ignacio da Silva ofreceunos unha pequena pero interesante charla sobre cetáceos e a laboura que están a levar en SGHN-Ferrol cos mamíferos mariños.

 Finalmente visitamos o Museo de Historia Natual que a SGHN ten en Ferrol, onde contemplamos algunhas das pezas e actividades que alí desenvolvemos.

foca cincenta
calamar xigante.

 

Fotos de Luis Soto e Lois