El encabezado principal va aquí
El subencabezado va aquí

Relacionamos os principais escritos presentados pola destrucción de varias zonas de cría de Pelobates cultripes e outros anfibios na zona do istmo da Lanzada (O Grove-Pontevedra)
18/02/07 ESCRITO PRESENTADO DIANTE  DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

- Que con data 16/02/07 polo serán foi detectado o vertido de terras e entullo na antiga canteira de pedra, sita na ladeira do monte Siradella, entre Ardía e a estrada que une o Istmo da Lanzada con San Vicente, concello do Grove, coordenada UTMNH104015.

- Que a citada canteira está seminaturalizada, ani ando varias aves rapaces, entre elas Falco tinnunculus (peneireiro), Tyto alba (Curuxa) e Athene noctua (moucho común), con presencia de Buteo buteo (mi ato) e tamén doutras especies de aves, interesantes por escasas como o Corvus corax (corvo carnazal). Outro vertebrado de importancia é Pelobates cultripes (sapo de esporóns), con só 17 cadrículas UTM de 10x10 Km coñecidas historicamente en Galicia, rarificado na última década e presente nas charcas temporais da canteira, extremo confirmado con data 18/02/07. Outras especies de anfibios presentes son Hyla arborea (rá de San Antón), Discoglussus galganoi (rá da veiga), Rana Perezi (rá común), Lissotrinton boscai (limpafontes) e Triton marmoratus (limpafontes verde). Tamén resulta un área interesante para insectos acuáticos, como diversos odonatos e carábidos hidrófilos.

- Que o depósitos de terra que se están a realizar, compromete irreversiblemente esta área, e ó ritmo observado, as zonas de pozas desaparecerán nun ou dous días, polo que o domingo 18/02/07, procedeuse, amparados na autorización da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para o manexo de anfibios, a recolocar 2.467 xuvenís de Pelobates cultripes e 20 xuvenís de Triton marmoratus noutras pozas do Istmo, onde a presencia destas especies estaba constatada.

- Que nembargantes, a poboación de xuvenís aínda residentes é maior e o lugar é unha zona óptima para a cría destes anfibios, así como diversos invertebrados, aves, etc,

Por todo o anterior

SOLICITA:

- Que con carácter de máxima urxencia, deánse as instruccións precisas para que o luns 19/02/07, paralícense cautelarmente estes movementos de terras ou outras accións que comprometan a conservación da zona.

- Que no caso de que estas obras estiveran amparadas legalmente, se fagan as xestións para desviar estes movementos de terra e entullo a outro lugar apto. Entendemos que ó tratarse, segúndo as nosas informacións, de terreos comunais, non debería existir obstáculos graves para proceder a esta medida.

- Que se nos informe se a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible estaba informada e/ou autorizara estas obras e con que criterios o fixo.

- Que se nos informa das actuacións que se deriven do noso escrito e das medidas tomadas para o mantemento desta zona nas condicións previas ó aporte de terras e entullo.

  12/09/08 ESCRITO PRESENTADO DIANTE  DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

- Que durante o ano 2007 e 2008 procedeuse ó recheo da Canteira de Ardia (coordenada UTMNH104015) con terras e entullo, segundo a prensa para mellorar a estética desta entrada ó concello do Grove,

- Que esta acción motivou a presentación dun escrito da SGHN, alertando sobre os efectos negativos para a fauna desta acción.

- Que ó amparo da Lei 27/2006, de 18 de santiago, pola que se regula o dereito de acceso á información.

Por todo o anterior

SOLICITA:

- Que se nos informe se estas obras contaron con algún tipo de subvención ou axuda aconómica a través dos fondos directos da Xunta de Galicia e/ou fondos europeos e a que partida corresponden.

- Que se nos informe se o proxecto de recheo contou cun estudio de impacto ambiental ou se emiteu unha autorización doutro tipo por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Igualmente solicitamos copia da autorización emitada por esta Consellería para escomenzar as obras.

 

     
18/11/08 ESCRITO PRESENTADO DIANTE  DA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

- Que durante os anos 2007 e 2008, procedeuse ó recheo da Canteira de Ardia (coordenada UTM 29TNH104015) con terras e entullo sita á entrada do concello do Grove, unha vez pasado o istmo da Lanzada.

- Que esta acción motivou a presentación de varios escritos da SGHN (18/02/07, 13/09/08), alertando sobre os efectos negativos para a fauna desta acción, en concreto sobre unha especie de anfibio, o sapi o de esporóns (Pelobates cultripes), catalogada con diversas figuras de protección segundo a normativa citada neste escrito.

- Que con data 16/11/08, observouse varias obras (ver fotografías) no monte Siradella (UTM 29TNH096022), a escasos metros da Aula da Natureza que rexenta a Consellería de Medio Ambiente. Estas obras situanse arredor e SOBRE unha charca de cría da citada especie Pelobates cultripes, amén doutros anfibios, onde acada grandes densidades de poboación, que a converten, moi probablemente, nunha das mellores zonas de cría desta especie en Galicia. Estas obras consisten na construcción dunha pasarela arredor e sobre a charca na súa extensión invernal (foto nº 2 e 4) e agora reducida pola escaseza de precipitacións, o desmonte nunha beira, poda de salgueiros (Salyx sp), construcción dunha rotonda ( foto nº 3), etc.

- Que despois da activa participación da Xunta de Galicia, destruindo a colonia situada na canteira de Ardia, realizada con fondos FEOGA-O da Unión Europea, esta actuación só pode calificarse de grave neglixencia por parte dos responsables de xestionar o patrimonio natural nesta área.

- Que ó amparo da Lei 27/2006, de 18 de santiago, pola que se regula o dereito de acceso á información, así como das Directivas da Unión Europea 2203/4/CE e 2005/35/CE.

- Que considerando vulnerado, entre outros, o artigo 2º da Lei 42/2007 de 14 de nadal, do Patrimonio e da Biodiversidade.

- Que Pelobates cultripes está incluido no anexo V (Especies animais e vexetais de interese comunitario que requiren dunha protección estricta) da Lei 42/2007 de 14 de nadal, do Patrimonio e da Biodiversidade

- Que tendo en conta que Pelobates cultripes está recollido no anexo IV da directiva 92/42/CEE.

- Que tendo en conta que Pelobates cultripes está recollido no anexo II do Decreto 88/2007 da Xunta de Galicia, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, como especie Vulnerable.

Por todo o anterior

SOLICITA:

- Que se nos informe se estas obras contaron con algún tipo de subvención ou axuda económica a través dos fondos directos da Xunta de Galicia e/ou fondos europeos e a que partida corresponden.

- Que se nos informe e se nos remita fotocopia, segundo establece a lexislación de aplicación sobre o dereito de información ambiental, da autorización emitida para realizar estas obras, así como se identifique á/s persoa/s que deron o Vº Bº a esta actuación.

- Que se paren de inmediato a obras e se proceda á retirada cuidadosa da pasarela que discurre por riba e perto da charca, así como se retire a canle de drenaxe colocada nunha beira da charca (foto nº 1).

- Que se depuren as responsabilidades legais sobre a/s persoa/s que autorizaron estas accions, con independencia das accións legais que a SGHN poida levar a cabo contra os responsables.

 

 

 

  30/12/08 ESCRITO PRESENTADO DIANTE DA DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

- Que durante o ano 2007 e 2008 procedeuse ó recheo dunha canteira situada en Ardia (O Grove), que dado o tempo transcurrido dende o cese de actividades, estaba practicamente naturalizada, contando coa presenza de varias especies protexidas por diversa lexislación, destacando unha importante poboación de Pelobates cultripes, anfibio incluido no catálogo galego de especies ameazadas.

- Que estas accións foron obxeto de varios escritos (19/02/07, 13/09/08,) diante desta Consellería e dos que se adxunta copia.

- Que durante o nes de santos, no Monte Siradella (Concello do Grove) a poucos metros da aula de interpretación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, escomenzáronse unhas obras que afectan a unha charca estacional, con notable e abondosa presencia de anfibios e en especial do citado Pelobates cultripes.

- Que igualmente estes feitos foron postos en coñecemento desta Consellería con data 18/11/08 (adxúntase copia do escrito). Non obstante, as obras continuaron ata a data.

- Que a situación actual de Pelobates cultripes, en base á experiencia de campo de varios membros da SGHN, os datos recollidos nos últimos anos e comparándoos cos datos do anterior Atlas de Vertebrados de Galicia realizado pola SGHN, permítenos asegurar que se trata dunha especie en regresión, e que as áreas destruidas eran das que contaban coas mellores poboacións desta especie en Galicia.

- Que entendemos que estes feitos, reiterados e comunicados no seu intre á administración, contituen, como mínimo, unha deixación de funcións da persoa responsable de autorizar ou emitir informe positivo, se for o caso; podendo ser constitutivos doutras faltas ou prevaricación.

- Que esta entidade presentou denuncia diante do SEPRONA polos feitos indicados e nos reservamos o dereito de emprender accións legais contra a persoa que autorizou e/ou permitiu estas accións.

Por todo o anterior

SOLICITA:

- Que se fagan tódalas xestións posibles para paralizar e revertir as obras realizadas, coa máxima urxencia, xa que se aproxima o período reproductivo da especie.

- Que se identifique ó responsable da Consellería de Medio Ambiente, de autorizar tales feitos, así como, en base á lexislación ó efecto e en especial á Lei 27/2006, se nos entregue copia do informe onde conste a autorización dos traballos descritos no Monte Siradella.

- Que unha vez identificado o funcionario ou persoal laboral responsable da autorización, informe positivo ou similar, se lle incoe expedente sancionador, aplicando a máxima falta que permitan os feitos, así como, sexa apartado das súas funcións namentras non se resolva o expediente sancionador.

- Que no caso de resultaren unha sanción firme, esta persoa sexa transladada a outras funcións.

- Que se dea por presentado o presente escrito e a documentación que o acompa a e se nos dea resposta e acceso á documentación solicitada nos prazos que establece a Lei.