PRESTIGE

Hai dez anos, a SGHN publicaba unha editorial na súa revista, pedindo uns mínimos para que non se repetira o desastre do "Aegean Sea". Dez anos despois estas peticións case pódense repetir na súa totalidade.

O que está a acontecer non é desorganización, é simple CAOS. Un caos propiciado por unha administración estatal e autonómica incompetente e despreocupada, botada a perder polo vicio de tapar todo o que non lle convén. Tanta soberbia para non saber que o fuel-oil flota no mar.

Existe un problema medioambiental e sobre todo social, que a longo prazo van sempre da man. Tal foi o dano que avistamos un horizonte mouro, escuro como a miseria que afectará a moitas familias e pobos enteiros. A xente non pide máis que vivir do seu, do traballo, non das axudas, anunciadas case como esmolas. O Goberno Español e Autonómico quedaron coa face descuberta ante os nosos veciños europeos, que asombrados non dan creto ós ollos e publican na súa prensa que España ten trinta anos de retraso respecto de Europa. Non cren que o exército Belga chegase antes que o Español (agás un grupo de Ferrol e Marín, dende os primeiros días e que o equiparon os concellos), comparan ó 1º ministro alemán vendo o desastre das riadas dende 1ª liña, co Presidente do Goberno de España. Comparan e non comprenden. Nós xa temos longa experiencia, aínda buscamos o albor da longa noite de pedra.

Dá vergonza allea e impotencia contempla-la falla de medios. Se cabe algunha esperanza no que está a pasar, é a dignificación da xente da pé, volcada na limpeza das praias, a loita titánica dos mariñeiros valéndose dos seus únicos medios e as máns para frea-la entrada da sombra negra nas rías. Pero todo ten un límite e as forzas físicas non son ilimitadas, e ou hai medios ou é fisicamente imposible aturar máis acometidas como esta.

O recén estreado Parque Nacional está de loito. As novas contrastadas que nos chegan, falan que será un loito longo e pode que nunca se recuperen. Haberá que esperar para saber que pasa con arao dos cons (Uria aalge),  pero pódese ir esculpindo o seu epitafio. Pero non nos enganemos, o arao é un símbolo. O peor é o que non se ve, o que está nos fondos, os pequenos organismos que sustentan a cadea trófica e alimentan ás aves, ós polbos, ós percebes, ós mariñeiros, as redeiras, as conserveiras, os transportistas, os comercios...

A terra non pertence ó home, o home pertence á terra. Aquí a terra é o mar, e o home e natureza van xunguidas, para ben ou para mal.

Queda moito que facer e que aprender.

TÓDOLOS DATOS E INFORMACIÓNS AQUÍ EXPOSTOS, FORON CONTRASTADOS E/OU DISPOMOS DE DOCUMENTACIÓN ESCRITA QUE OS AMPARA

- PLATAFORMA NUNCA MÁIS.

- CONSELLOS PARA O VOLUNTARIADO. (pdf 127 K)

- CONSELLOS PARA A LIMPEZA DAS PRIAS.

- TRATAMENTO DE ANIMAIS AFECTADOS POR HIDROCARBUROS. (Xunta Galicia)

- CRONOLOXÍA DÍA A DÍA.

- ENLACE PÁXINA DO CENTRO LE-CEDRE (Francés) (en castelán, información veraz e de interese) [Centre de documentation de recherche et d'expérimentations sur les pollutions des eaux]

- ENLACE INSTITUTO HIDROGRÁFICO PORTUGUÉS.

- ENLACE AREA NEGRA

- POSICIONAMENTO DO MOV. ECOLOXISTA PERANTE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE. Declaración a dous meses da catástrofe.

- SAÚDE

* Normas de Saúde.

* Informe Dr. Baert 29-11-02 (francés) (pdf 147K)

- INFORMES VARIOS

* 10 anos de control sobre los efectos del Exxon Valdez (inglés)

* Efectos das mareas negras sobre organismos. (inglés)

* Resolución do Parlamento Europeo sobre o accidente do "Prestige" (pdf)

* Real Decreto 1220/2002, de 22 de novembro, polo que se crea a Comisión Interministerial para o seguimiento dos danos ocasionados polo buque “Prestige”. (BOE de 23 de novembro de 2002).

* Fondo COPE (pdf 31K)

DATOS SGHN

- Editorial SGHN hai 10 anos. (pdf 42 K)

- Informe SGHN Illa de Sálvora

- Informe SGHN Ons

- Informe SGHN Ría Arousa Norte.

- Informe SGHN Illa de Arousa-San Vicente (Ogrove)

- Resume ACTUACIÓNS SGHN

- Notas de Prensa emitidas pola SGHN

- Entrevista coa Comisaria de Medio Ambiente da UE Margot Wallström (12/12/02)

- Conclusión V Congreso Galego de Ornitoloxía 17/11/02 (pdf 111 K)

- Galería de FOTOS