SAMAYAA

 

(Leed las primeras letras de cada Verso, Bonito eh)

Berrar en silencio, cando sinto teus garimosos beizos apegados ós meus.

Insinuar que nada sinto, para así disfrutar dos teus bicos repetidas veces.

Colgar a identidade, esquecer quen son e resucitar á túa beira.

Atracar ós teus sentimentos, e saber que certamente me amas.

Rematar o máis lentamente posible, pois non quero separa-las nosas bocas.

Tinxir dun cor amargo o meu corazón cando vexo que isto se vai acabando...

Escorregar polo meu corpo extraños calafríos ó darme conta de que xa non te teño.