LUIS AMADO CARBALLO

DESCONSOLO
Deixando a fonte á chorar
fuxe río pol-o quenlle
con pasadas de cristal...

- Ay amante, amante
¿cando voltarás?,
será pol-a Páscoa
ou pol-a Trindá...

O cantar do merlo
quérea consolar:

Voltará a amante
ben cedo cicais,
cicais pol-a Páscoa
ou pol-a Trindá.
Pon frores no pelo
si é de lei, virá.

Contéstalle a fonte
no seu saloucar:

Amores que fuxen
xa non voltarán,
nin pol-a Páscoa
nin pol-a Trindá.
Soyo follas secas
Outono m' ha dar.

Ficaban tan soyo
na branca mañán,
o fuxir do río
y- a fonte a chorar.