|
||
|
||
A evolución da poboación de Trabada ven sendo regresiva. Ata mediar este século a emigración dirixiuse casi exclusivamente a Ultramar. A partires da década dos 60 encamiñase a Europa e con moita máis intensidade hacia o interior de España, principalmente a Asturias. Os censos de poboación deste século falan claro da "sangría" sufrida por pérdida de xente xoven e emprendedora: no ano 1900 había 4.030 habitantes; en 1930, 3.670; en 1960, 3.069; en 1986, 2.236; 1999, 1.646. Actualmente mantense nunha situación estacionaria, pois cando se acusa unha disminución no censo, está é mais ben aparente que real, debido a baixa definitiva de vecins desde tempos ausentes, pero sin apenas repercusión nos presentes. Non hay paro, se non o contrario: obreiros doutras provincias e de Portugal que se están asentando neste municipio para traballos forestais y agrícolas.