|
||
|
||
Non sempre se andaba en zocos e zocas, tamén había que usar, para os días escollidos, outro calzado un pouco máis elegante. Os zapateiros do lugar facían botas de empeña, colocadas en pisos de goma, perfectamente cosidas . Zapatos baixos finos, elegantes e sobre todo moito máis seguros e resistentes cos actuais
Eles mesmos facian as plantillas.. Recortaban o coiro sobre unha madeira, para o que utilizaban varias cuchillas de folla cun mango recuberto de badana, moi ben afiadas.. Facían contrafortes da suela, que ian adelgazando o máximo pola parte de arriba, onde se pegaba a piel ó zapato.
Sobre a sua mesa cadrada, cun caixón o frente, que sempre estaba aberto, encontrabase unha gran cantidade de ferramenta, dende coitelos, martelos, tenazas e alicates, ata agullas, lesnas.....
Recordase a zapatería de Paco do Pego, na casa de Cochón. Añorado por todos os que ian pedir as gomas para os tirafondas, e pasar o rato contando contos, mentras él traballaba. Alí aprenderon, baixo a dirección deste maestro, outros que ainda conservan a actual artesanía.