Trabada, naturaleza viva
TRABADA

ZOQUEIROS

Estes artesáns, xeralmente ambulantes, so levaban a ferramenta ó lombo nunha gran cesta ou sera. Chegaban á casa e empezaban á coloca-lo ripeiro montado en dous pés por unha cabeza, xa que pola outra asentábase nun furado da parede. Tiña un rebaixe no medio para mete-la zoca e poder acuña-la. Por riba, e á altura da cabeza, espetaban na paree o pau das llegras, e ó outro lado asentaban o cepo de tres pés, que servía para esmaltar e acoitelar.

 

Os tipos de zocas mais utilizados, na nosa zona, eran as de escarpín (con diferencias para muller e home). Zocas de zapatilla, de tres tacóns, pintadas de negro e con moita decoración incisa. Zocas de empeza con un rebaixe todo ó redor onde se asentaba a empeña da bota, clavando sobre o seu contorno unha vira de badana

Como artesanía desaparece a partires dos anos setenta