europa na mochila (isbn: 84-7680-309-5) / infointerrail (reg.pr.ind: C-403-02) / © E. Vázquez Pita 2002
Viaje por las principales capitales europeas con poco dinero y la mochila al hombro
europa na mochila
EUROPA NA MOCHILA Enrique Vázquez Pita Ir Indo Edicións S.A. Avda. da Florida, 30 36210-Vigo Tel: (34) 986-214834 / Fax: (34) 986-211133 Editor: Bieito Ledo Revisión Lingüística: Isabel Acea Méndez Diseño de lacolección: XAP / Xaime Asensi Fotografías: Autor e Xoanma Porto Foto Portada: Vítor Vaqueiro Fotocomposición: Dixital 21 Impresión: IMAGRAF Dep. Legal: VG: 913-99 ISBN: 84-7680-309-5
Web oficial del libro
Ir Indo Edicións Por Enrique Vázquez Pita
CONTA A TÚA VIAXE
Amigos InterRail
Voltar a principal

evpita@yahoo.es

SERIE/ O OURO DE PORTO ÁRTABROS /LIBRO III
Solpor negro

A FLOTA DE XVLLO CÉSAR NAVEGA POLO MAR TENEBROSO PARA LOITAR CONTRA A ILLA DOS ÁRTABROS. O XOVEN CÉSAR VAI Á PROCVRA DE OVRO PARA FINANCIA-LA SÚA CAMPAÑA POLÍTICA PARA ACADA-LO CONSVLADO DE ROMA (segue)

Por Enrique Vázquez Pita
Os cinco libros da serie /Sinopse
Le capítulos de Solpor Negro
 
Outros relatos
Europa na mochila
Lembranzas do Pendolino
No Atlas
O punk e a skin
 
Outros relatos
1 EUROPA NA MOCHILA
2 O PENDOLINO
3 O PUNK E A SKIN

Un grupo de mochileiros vive grandes aventuras mentras percorre Europa en tren. (segue) Catro viaxeiros falan da vida nun vagón do tren de alta velocidade entre Oporto e Ferrol. (segue)

Un punki leva unha doble vida ata que unha rapaza skin lle pranta cara. (segue)

4 NO ATLAS

Poemas acompañados de fotos sobre unha viaxe ó longo de Marrocos, desde as cidades imperiais e romanas ata o deserto de Sahara. (segue)
SOLPOR NEGRO 2001. A Coruña © Enrique Vázquez Pita

O que conta a serie O Ouro de Porto Ártabros/Sinopse

"Solpor Negro" é o segundo dunha serie de cinco relatos sobre o mundo celtico-castrexo en loita contra o poder de Roma e as súas relacións co mundo atlántico.

HIBERNIA

No primeiro libro, Hibernia, un artesán ártabro percorre o mar coa súa barca ata a illa de Britania para comerciar cos obxetos de ouro roubados nas tumbas megalíticas. Alí ten oportunidade de coñecer a un gran viaxeiro e filósofo grego que explora o mar do norte ata a lonxana Hibernia. Éste anda á procura da ruta das Hespérides, as illas do estaño. Mentras, no golfo dos Ártabros chegan as novas dun gran exército romano que avanza polo Sul e que se deteu no río do Esquecemento.

SOLPOR NEGRO

No segundo libro, Solpor Negro (varios capítulos dispoñibles en Internet), a flota romana chega a ó porto dos Ártabros en procura de ouro que financie a campaña de Xullo César para obter o consulado. Mentras os románs loitan polas súas ambicións, os habitantes do fin do mundo loitan pola supervivencia. Isto é o que relata un cronista das Acta Diurna. (segue)

MEDULIO

No terceiro libro, Medulio, os derradeiros guerreiros do porto Ártabro percorren os montes á procura das tribus cántabras, perseguidos polas lexións imperiais e as tropas auxiliares de Augusto. Chegan ó monte Medulio. Os escasos supervivintes pasan a ser escravos que traballan nas minas de ouro. Necesitan planear unha fuxida pero ¿a onde? O seu mundo esvareceuse.

 

Torre no promontorio da illa de Brigantia

AGRÍCOLA

No cuarto libro (en preparación), Agrícola, un avogado romano liberto viaxa en segredo ata o golfo dos Ártabros. Alí están a construir unha torre para dar sinais as flotas militares e de aprovisionamento de Britania. A flota do xeneral Agrícola está amarrada á espera de partir cara Britania. O xeneral, vixiado polo despótico emperador Domiciano, pídelle ó letrado que investigue o roubo dunha partida de ouro nas minas ártabras. (segue)

O PERGAMINO

O quinto libro, O Pergamino, narra a epopeia dun lexionario ártabro da tropa auxiliar do emperador hispano Traxano que dirixe unha caravana ó longo do Mar Caspio para chegar á lonxana Siam para traer consigo o segredo do papel, inventado dous anos atrás.Sin embargo, o seu verdadeiro obxectivo, que ingnoran os chineses, é obte-lo segredo dos foguetes artificiais como arma bélica.

 

Os cinco libros da serie /Sinopse Outros relatos Europa na mochila
Lee algúns capítulos
  Hibernia Medulio Solpor Negro Agrícola Pergamiño
LIBRO III
SOLPOR NEGRO
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI   Principal
CAPÍTULO I

Abofé, eu, Tito Casio, liberto da familia Casio e cronista das Acta Diurna, arrepiei de terror naquel solpor. Xa era o derradeiro día das Florais, nas calendas de maio, mais naquela terra incognita había frío e vento. De súpeto, o ceo bateu contra o mar. Ouvin un estrondo coma se o airado Vulcano golpeara co seu martelo unha plancha de cobre ou ferro oxidado. Como se Xupiter, señor dos ceos e do Cosmos, rifase coa súa infidel esposa e irmá Xuño. Aquelo facía un ruido metálico tan chirriante que daba grima. Puiden deducir que o estoupido proviña do horizonte. Abofé, vin por primeira vez como o sol ¡caía na raia do mar!. A grande bola naranxa esvarecíase prodixiosamente no sumideiro, arrastrado ás fervenzas que separan o limbo do mundo.

Aló, nas limes, infestadas de horribles criaturas, agardaba o barqueiro Carionte para cruzar as almas dos vivos á outra beira. Calqueira mariño tolearía, morto de medo ante aquel canto metálico de sirea. Xupiter pechaba a porta da morada dos nosos lares. Estabamos no fin da Terra, nos limes do abismo. E entón alguén da tripulación alertou de que algo no mar estaba vivo e viña cara nós. Abofé, nunca sentira a morte tan perto desde que aquel monstruo, mensaxeiro dos infernos, xurdira misteirosamente da néboa. Alí estaba, a babor, sempre a babor, como se agardara para nos embestir ou para nos arrastrar ó sumidoiro. De súpeto, aquel Polifemo saía do mar bravo e voltaba a esvarecerse no fondo. Non sabería describir a aquela horrible criatura mariña, unha mixtura de xigantesco peixe, de serpe e de tritón. Tan grande coma unha galeira trirreme e de cor tan moura coma a noite máis lugrube e sinistra. Aquel terrible ser do Averno arroxaba columnas de bafo quente por riba do seu lombo. Por un intre, a súa ollada de fogo se cruzou coa tripulación horrorizada.

Aquel encontro co mesmo fillo airado de Neptuno auguriaba a desgracia. Os deuses e os espiritus dos lares nos castigaban pola nosa ousadía e avaricia ó cruzar as columnas de Hércules. Aquel mar bravo estaba prohibido ós homes. "É o fin do mundo!" "O sol morre!" "A noite será perpetua", berraban algúns soldados na cuberta. "Imos afogar todos!", decían alporizados outros. "Hai que facer un sacrificio os deuses!", advertía outro lexionario como se fose unha vella choriqueira. Os remeiros cesaron de súpeto a marcha e fixose o silencio no trirreme. Alguén correu a avisar a César, que tomaba un baño de auga e aceite no pabellón de oficiais. Nese intre, un escravo grego leíalle pasaxes da Odisea na que Poseidón descargaba a súa carraxe contra os argonautas. A leitura non podía ser mais apropiada. Era como se o propio Ulises estivera canda nós e avistara no bravo mar aquel monstruo.

O proconsul de Hispania Citerior subeu a cuberta e mandou chamar á soldadesca. Fixo que apartaran as máquinas de guerra para que os seus homes podideran facer un corro. Tamén ordenou facer sinais ó resto da flota para que aminoara a marcha. Só o xélido vento mariño e o forte olor a sal interrumpiría a atención ás palabras de César. Alí estaba de novo o Ruido, velahí o solpor aterrador e aló,a babor, a criatura infernal. O Calvo nunca vira nada igual. O ceo estaba tan vermello que semellaba unha premonición dunha sanguenta batalla. "É o fin do mundo!", voltaron a berrar algúns soldados. O gobernador, que o ano anterior fora o pontífice máximo de Roma, amosou que pouco a pouco ía sendo máis habil como político que como militar. Coido que era consciente da traición que perpetrara no inverno contra os bandidos herminios da Lusitania, que se negaban a baixar ó val. O asasiñato de mulleres e nenos no Mons Herminus fixolle recapacitar. Iso explicaba así que O Calvo ofrecera logo unhas xenerosas condicións a cambio da rendición dos herminios agachados na illa. ¡Qué podían facer eles contra a nosa flota de 600 buques de guerra!

César tiña amigos en Gades e logrou impresionar ós rebeldes ó arrodealos daquela armada. A primeira expedición de César para pacificar lusitania dependía de dúas pequenas illas e quixo ir ó seguro. O primeiro desembarco fora unha matanza naquela illa. Nunca vin morrer tantos lexionarios afogados nas costas da Lusitania. Eu tiven a honra de entrevistar ó único supervivente, un soldado de asalto que se laiaba ante César de que perdera o seu escudo. Semanas despois atopábamos naquela cuberta. Eu achegueime para tomar notas do discurso. Nunca supusen que O Calvo falaría tan cedo, sen sequera avistar ós inimigos.

CÉSAR: O Senado creía falsamente que Hispania estába conquistada desde as guerras con Aníbal e as victorias dos Escipións. Pero agora entendeu a situación e deume a imperatum para pacificar todo o territorio ata a terra incognita alén de Lusitania. Algúns soldados do fondo da cuberta se queixaron de que non se ouvía ben.

O Calvo continuou sin elevar a voz:

CÉSAR: En Gades vexo como os ibéricos están fachendosos de pertencer a unha colonia romana e tamén grega. Calqueira diría que a península está pacificada. Como gobernador de Hispania, fixen moito porque tivesen a ciudadanía romana os descendentes desa cidade cartaxinesa. Pero para ilo han cumprir a lei do Senado. Por iso, prohibín os sacrificios humáns, bárbaro costume herdado de Aníbal. Sin embargo, todos sabemos que as caligae non pisan toda Iberia. Os bandidos do Norte, agachados nos seus bosques e montes, estragan as colleitas dos nosos aliados os vacceos. Rouban, saquean e matan. A gloria será para nós. As lexións non poden temer nada dun solpor. Non imos perder a décima águila nunha loita contra Xúpiter.

Marco -berrou polo nome dun veterano de Sertorio- ¿vas empregar a túa espada contra o Sol?

Algún lexionario ó fondo (logo me mandaron indagar pola súa identidade) replicou ó Calvo: "César, lembra o que lles pasou a Décimo Xunio Brutus e Publio Craso. Tentaron conquistar o Norte pola costa pero fuxiron aterrorizados. Porque viron o que viron e non lles gustou. Este lugar está maldito".

CÉSAR: Porque non tiñan eso que temos nós -cando César falaba coa tropa non tiña remilgos en calumniar a quen fora-. Seguramente, andaban con presa para voltar onda o rei de Tartesos e recibir os seus favores -e remalcou o de "recibir" golpeando o puño contra a palma-. Nós temos mais coraxe que ese trío.

Eu tamén rin pero seguía inquedo. Faría falla algo máis que chistes sobre a dubidosa virilidade do rei de Tartesos para tranquilizar á soldadesca. O que todos vimos era como o sol se afundía no mar cun grande estrondo. Aquelo, non cabía dúvida, era o fin do mundo. Se o sol se mergullaba nas augas o Orbe quedaría nas sombras. Por un intre, cavilei nas beiras do lago de Como e na pequena filla dos Livio, Calpurnia, a quen ía pagar a dote co botín que obtivese nesta campaña. Se casaba con ela, pertecerianme parte das propiedades do pater familias, Mario Livio o Vello.

Unha bola incandescente suspendida no cosmos

Pero aquelo só eran sonos porque me decataba que hoxe podería selo derradeiro día do mundo. O xeógrafo Horacio, ben me lembro, fora o primeiro en se achegar a ver aquel prodixioso solpor. Semellaba un liberto engreido, un tipo desa clase ociosa de Roma, fillo dalgunha escrava libidinosa que puso nalgún compromiso a algún pater familias honorable que se viu na obriga de adoptalo. Hai tempo que Horacio caera en desgracia, dise que por rexeitar a unha irmá de Balbo o Xoven. Toda a tropa sabía que a familia Balbo, en vinganza, conseguira que César o despedira do seu cómodo posto de bibliotecario. O gobernador castigarao a viaxar nesta expedición que comezou maldita e, seguramente, remataría maldita. O Calvo disque lle dixo que necesitaba alguén coma el para cartografiar os novos territorios que serían conqueridos máis arriba da Lusitania. Sospeito que aquelo era unha excusa porque calqueira escravo grego podería facer mellor ese traballo. A única virtude de Horacio era a súa prodixiosa memoria, moi útil no xogo dos dados, sobre todo cando facía trampas. Tamén ouvin rumores de que aquel matemático lucía outros atributos que algunhas esposas de honestos senadores xa comprobaron. Refirome a súa facilidade para compoñer versos. Porque todo o demáis eran defectos.

Como sabio perdera todo o creto ó divulgar a teoría grega de Heráclito, o filósofo máis tolo de Atenas e un corruptor de menores peor que Sócrates. Algúns tutores de fillos de patricios se queixaron. Dicir que a terra era unha bola suspendida no universo que xiraba ó redor do seu exe era unha tolería. A xente afeita ó mar sabe que o mundo é un plato e non unha pelota. Isto comprobase con só mirar ó horizonte e xirar a cachola en círculo. Pero dicir que a deusa Gaia, para nós Vesta, xiraba orredor do sol era o máximo do absurdo. Abondaba con ollar para as fases do día. O Sol se move en sentido circular mentras a Terra está inmóvil. Ata un rapaz decataríase. E suxerir que o sol era unha bola incandescente suspendida no Cosmos ía contra o senso común. Se fose así, a bola caería sobre a terra e morreriamos todos carbonizados. E se fose certo que o sol se movía, ¿quén o movía?. Suponse que era o mesmo Xupiter quen facía a forza para evitar aquel desastre. Mais, sempre cabía a posibilidade de que o mais poderoso dos deuses cansara o brazo ou decidira arroxar a bola de fogo contra a díscola Xuño. Eu mesmo vin hoxe cos meus propios ollos como o sol afundiase no mar. E suponse que tralo Mar Tenebroso hai unha cascada pola que os barcos e o sol caen ós avernos. A cascada recollería a auga que desborda o plato. Agás un necio ou un imbécil, calqueira temería que o sol non voltase sair á vindeira mañá. Se aquelo ocurrise, viviríamos xa na noite eterna, na oscuridade.

Os cinco libros da serie Outros relatos Europa na mochila Principal  
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI    

CAPÍTULO II

César considerou prudente ouvir a opinión científica do xeógrafo, ainda que, abofé, faría mellor en preguntar ó augur. Na miña opinión, el ,que foi pontífice máximo, comprendería que un sacrificio a tempo evitaría o fin do mundo e o remate da Civilización. Había augurios dabondo que presaxiaban o peor.

HORACIO: César, isto só pode ser un fenómeno natural. Non caben as supersticións. O sol sae polo Leste e ponse polo Oeste. É a proba de que o sol xira orredor do Orbe, que sustenta nos seus ombreiros o deus Atlas. Pola noite non vemos a Apolo, porque o sol ten que dar outra volta por debaixo da terra para sair polo mesmo punto de Levante, como todos os menceres. A nosa flota navega paralela ó oeste e, por iso, estamos a ver como o sol se mergulla nas augas. Quizás nos achegamos dabondo ó Occidente. Se estiveramos en terra, veríamos esvarecerse o sol entre as montañas, o cal todos considerían normal porque están acostumados. Horacio O Grande Matemático tamén era coñecido pola súa soberbia e fachenda, como se os que creían nos deuses fosen uns pailáns. Unha noite, despois da loita contra os lusitanos, o Calvo pediulle que ollara para o firmamento e buscara bós augurios para o resto da campaña. Horacio lle contestou: "¡César, a diosa Fortuna novamente te concede os seus favores. Mañá non ha chover!". Tal como se estaba poñendo de perigosa a travesía, César deuse por satisfeito co parte metereolóxico e celebrou o discutible inxenio daquel sabio soberbio. Aquel matemático nos ollaba como se os demais foramos uns barbaros incultos e salvaxes. Calqueira diría que nos aseábamos as mans e a boca co noso propio orín . HORACIO: Ainda que o sol sexa tragado polas augas ten a seguridade de que mañá voltará a sair.

CÉSAR: Así ocurre desde a fundación de Roma e da República. Por elo, nada nos di que mañá sexa distinto. Só hai que durmir e comprobar se ó mencer canta o galo coa luz do día. O Calvo deu por finada a controversia científica e, tras intercambiar unhas palabras co seu augur, voltou a dirixirse para falar ós soldados e os remeiros.

CÉSAR: Hei ofrecer un sacrificio extraordinario para apaciguar ós deuses. Estas augas son surcadas desde hai séculos por naves fenicias e cartaxinesas e nunca tiveron problemas. E os románs os temos tan grandes coma eles.

Fixen un alto e deixei de apuntar na tabliña de cera. Logo habería envialo a Roma para incluilo no arquivo. César prometerame criar un Acta Diurna se alcanzaba o Consulado. Creino, xa que eu non tiña dereito a voto naquelas eleccións. Se os cartaxineses sairon vivos de aquí o problema non estaba no solpor. O que ocurría e que a nosa ousadía molestaba a Xúpiter. Mais non podía ser ousado facer algo que os fenicios facían de cotío naquela ruta ás Casitérides e que descubreu Publio Craso. Había algo máis que non gustaba ós deuses. Todos sospeitabamos o que era pero ninguén se atreveu a falar. Estaba claro que as palabras de César non convencían á tripulación nin ós soldados.

O gobernador de Hispania continou:

CÉSAR: Hai moitas riquezas nestes mares, un grande botín en ouro e escravos. Cada soldado percibirá a súa parte e desfilará triunfante en Roma antes de que comece o vran. Abrín as portas do templo de Xano para conquistar o Norte de Hispania, non para fuxir ante un pez e un sol vermello. Imos darlles a éstes barbaros por onde máis lles gosta -e o decir isto meteu dos dedos que simulaban un anel entre un dedo-. Os soldados do fondo, que seguían sen escoitar todo, interpretaron as últimas palabras de César como que ó chegar a Roma, o Senado ía recompensar cun anel de ouro a cada lexionario que participara na campaña. Por iso, os vítores a César resoaron na galeira e o resto da flota axiña entendeu que había boas novas co reparto do botín, do suposto futuro botín.

A Fortuna acompañaba novamente a César, quen viu como o monstruo esvarecíase de súpeto naquelas augas. O Calvo ordenou un sacrificio dunha pomba para agradecer os deuses a retirada dos malos prexaxios. Despois de que o augur examinase as tripas quentes do animal, que ensaguentaba a cuberta, ordenouse queimar os restos e espallar as súas cinzas no mar. Pero o lume non ardía por mor do orballo e o vento húmido. A súpeta choiva estaba a punto de estragar o sacrificio, porque todos os pasos debíanse cumprir sen erros. Así que quedou alí o cadáver da ave sagrada a medio queimar. O Calvo retirouse de novo o camarote, tan intranquilo como nós, e os remeiros reiniciaron a marcha een silencio. Eu vin coma a sangue do paxaro salpicaba unha das miñas caligae. Aquela noite moi poucos ían durmir.

Os cinco libros da serie Outros relatos Europa na mochila Principal  
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI    

CAPÍTULO III

Nunca houben de aventurarme naquela expedición polo Mar Tenebroso. A cobiza íanos perder. Todos os pobos aprecian ó ouro e polo tanto todos teñen ouro. Sexan do Norte ou do Sul, buscan, rouban e matan polo preciado metal. E morrerán por defendelo. Polo tanto ningún pobo, por pequeno e insignificante que sexa, é despreciable. Porque, como dicía O Calvo, ben seguro ha ter ouro ás cheas. Un ouro que sería para os romanos e os seus acreedores. Esa era a lóxica de César. Pero ningunha promesa de botín compensaba arriscarse a navegar tan arriba, nos límites do que se atrevían as naves fenicias, afeitas ó tranquilo Mare Nostrum, o "lago" máis grande de Roma.

Semana e media antes perderamos de vista as columnas de Hércules, as illas do porto de Gades e as costas de Mauritania e Lusitania. A flota de César adentrabase nestas augas descoñecidas, das que só ouviramos falar a comerciantes gadetanos baixo os efectos dos vapores de Baco e os discutibles encantos das bailarinas de Gades. Algúns prisioneiros celtíberos e lusitanos insistían na existencia dun río na que as mulleres sacaban ouro a presas coas mans. Pero aquel conto non lles había valer para librarse das malleiras nas minas de Tharsis. Sei que os informadores de César lle foran co conto dunhas illas da casiterita. Publio Craso tentara vinte anos antes atopar as Casitérides. Sigueu a un mercante de Gades pero só atopou unha colonia fenicia en ruinas e minas tan valeiras como a cachola de Cicerón. Cesar ainda era máis parvo que o orador. Eu tampouco vía moitas riquezas naquelas augas, a non ser ás que herdarían o meu pater familias cando o meu corpo fose esnaquizado e devorado polas bestas deste mar.

As ondas eran tan mouras que o seu azul semellaba negro, a oscuridade total. E aló voltaba o berro de anguria daquela criatura mariña, que non se separaba de nós, como se fose un cortexo fúnebre. Dalgún xeito, Marte nos anunciaba unha sanguiñolenta traxedía. Facía que a odisea do mesmo Ulises, o desgraciado héroe de Homero, semellara un cruceiro de pracer polo Mar Xónico. O ceo comezaba a oscurecer, cun solpor tan negro e vermello coma nunca vira. Axiña estivemos cubertos por unha negra sombra. Semellabamos estar nas calendas de inverno pese a que as golondrinas xa anunciaran os idus de maio. Non había tempestade pero os neboeiros, cada vez mais grises, anunciaban malos presaxios. E o ruido do vento contras as velas faciame perdelos nervos.

Eu diría que Atlas perdera o equilibrio e deixara caer o mundo dos seus ombreiros para nos aplastar como insectos. As nubes grises pechabanse entorno as cacholas e o vento frío as enredaba violentamente unhas contra outras. Aquel era un ar maldito, ululante e sinistro que só podía traer desgracias. Nos viñeramos a loitar contra os pobos bárbaros e salvaxes, pero non contra aquelas ondas e treboadas que batían en nós coma se os deuses e os lares dos nosos antepasados decidiran vengarse dos mortais. As galeiras se movían cara o Norte, mais tenebroso a cada momento. Eramos unha fraxil tinaxa de barro no medio dun mar tolo e bravo, que nos arrastraba cara os acantilados e as rochas.

Por unha vez, pensei que a Fortuna non voltaría a sorrir a Caio Xulio e toda a flota afogaría naquel mar cheo de carraxe. Pero unha gargallada sacoume daqueles pensamentos. Un bárbaro facía acenos e sinalaba para unhas pombas moi grandes de alas blancas que se sumaran á cola da frota. Outro augurio de pesadela. O seu refrexo branco podíase distinguir na oscuridade do solpor. Semellaban os berros das gueivotas, as ladroas do mar. Eso quería dicer que a costa estaba perto nosa ou, tal vez, só viñeran atraidas polo olor do cadaver da ave sacrificada. Ata agora non reparara naquel indíxena, seguramente un guerreiro da tropa auxiliar hispana, que tal vez servira ó infortunado xeneral Sertorio.

Aquel home, de tez blanca como o leite, tiña a mesma cor pálida que os prisioneiros celtíberos que capturaramos na campaña contra os piratas lusitanos. Un dos veteranos de Sertorio, agora ás ordes do procónsul en Hispania Citerior, contara no campamento que os pobos do Norte vivían no cumio dos montes, nunhas fortalezas arrodeadas de selvas, baixo unha estación de choiva eterna. Ningún militar se arriscaría a internar a unha lexión naqueles bosques infectados de bárbaros, por moi pacíficos que, segundo Publio Craso, poideran ser. Se fose así, por qué non conquistou el estas terras cando tivo oportunidade.

Quedaba a esperanza de que César voltara a amosar a súa grande habilitade para negociar un bó trato de rendición. Alomenos, as súas dotes de político agachaban a súa incompetencia como militar. Sei que era consciente dos seus defectos como estratega. Eso me consta cando en Gades ficou abraiado ante a estatua de Alexandro. Correra o rumor de que sentira vergoña de non ter feito nada glorioso con 40 anos mentras o xoven xeneral grego conquería todo o mundo con menos idade. O Calvo ó úneco que conquistara era a carraxe dos seus acreedores. Se non fora pola protección de Licinio Craso, o home máis rico de Roma, agora os despoxos de César estarían sumerllidos no fondo do Tíber.

Os cinco libros da serie Outros relatos Europa na mochila Principal  
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI    

CAPÍTULO IV

Unha conquista daquela terra incognita polas selvas do interior podería levarmos décadas e moitas baixas, ainda que foran da tropa auxiliar. Os bandidos astures e cántabros eran especialmente sanguiñolentos e sospeito que haberá ser necesaria outra guerra de exterminio por terra para pacificar o Norte. Todo o contrario, supoño que César quere que o seu paso por Hispania remate coa conquista de novos territorios sen moito custe. O proconsul desexaba unha cadea de triunfos rápidos. E os seus informadores, e o propio Balbo o Vello, estaban dacordo en que a victoria máis doada podía atoparse no control da ruta do estano, un material extratéxico para facer aleacións de cobre e obter bronce.

Unha ruta que, explotada por Roma, lle daría moitas rendas a César. Era o que necesitaba para saldar as súas débedas cos acredores, obter o "imperium" e desfilar victorioso en Roma este mesmo veran. Un golpe de efecto días antes das eleccións ó consulado. Deste xeito, nesta campaña O Calvo obtería cartos para comprar votos e ser o candidato elexido. Durante un ano tería as fasces e gobernaría, como representante do Senado e xunto co segundo consul, o pobo máis poderoso do mundo. Digo eu que César ben poidera ter esperado ó ano vindeiro, cando lle tocaba o turno por idade, pero toda Roma sabía que César aspiraba a deixar Hispania e obter o mando na Galia Ulterior.

Ogallá remataramos axiña neste confín do mundo. Polo menos, O Calvo tiña presa en obter unha victoria doada contra estes pobos do mar e voltar para Gades por terra cargado de ouro e a fume de carozo. Ó solpor sigueron os chaparróns. Non facía frío pero a brisa do mar e a choiva era moi molesta. Houben de me cubrir cun coiro á espera de que escampara. Pero algo me dicía que acababamos de chegar a un país gris e bretemoso. Aqueles neboeiros impedían velas constelacións e ouvin como Balbo o Vello, agora prefecto fabrum de César, consultaba co capitán. Necio sería achegarse máis á costa, chea de perigosas rochas. Aquelo era como poñernos nas mans dunha Fortuna esquiva. Pero César tiña presa por rematar esta campaña e era capaz de mandar continuar que os remeiros non descansasen ata o mencer, se é que había mencer.

Voltei a ollada a aquel bárbaro da gargallada, xorobado e bandallán. Moviase como lle petaba pola cuberta da galera. Os seus ares de autosuficencia me levaban a pensar que poidera ser un liberto de Gades. Estamosche bós se César anda a regalar a cidadanía romana entre todos os indixenas e baldragas daquel porto. Ou ben poidera ser un cliente dunha familia moi influinte, seguramente dos Balbo. ¿Por qué sinon ía estar alí? ¿Porqué ía embarcar nesta tola aventura de César cara os confíns do Atlántico? Por un momento, sospeitei que poidera ser un dos espías de Pompeio ou do partido dos cabaleiros, agora que o Senado voltaba a disputar o consulado. Pero o triunfador de Asia Menor necesitaba a César e agora ambolos dous eran aliados. Aquel individuo, con modales propios de esclavo, iba cuberto con camisas de lino e por riba unha pel de oso. As cicatrices percorrianlle o corpo e a barba do rostro tentaba disimular unha marca que empregaban os bárbaros para marcar ós traidores.

Supoño que para advertir que éste, que respondía co nome indíxena de Cornerio, era capaz do máis ruín. Ademais tiña vendada a muñeca da man dereita. Debeu escapar polos pelos do castigo que os da súa tribu lle infrinxían ós ladróns de tumbas. Era un desertor ó servicio de Roma, pouco de fiar para os seus e para o Senado. Como decía Esopo, un home prudente nunca había sandar a unha bicha sabendo que á primeira oportunidade haiche morder. Era como ter o lobo na casa. Se axudas a un corazón vil ningún agradecemento has esperar. O mellor é sair correndo porque o home prudente non pode esperar que o criminal se redima.

Outra vez voltou a sonar a brutal gargallada, que metía medo. Notei que non era o único que lle daba grima aquela risa. Era como se aquela besta se alegrara de estar alí no medio do mar bravo. Porque a costa ainda non se vía.

CORNERIO: Velahí está. Velahí o tedes.

O Minium, a desembocadura do río roxo que arrastra moreas de ouro. Os berros daquel sinistro home alertaron a toda a tripulación de cuberta. Inda semellaba que aquel bárbaro de bafo malolente pretendía que o ouvira o resto da flota e incluso o noso proconsul. Moitos sospeitabamos que O Xeógrafo espiaba a Caio Xulio a cambio dunhas moedas de Pompeio. Ninguén ignora que a sobrina de O Grande pedira con insistencia leccións de xeometría e, sorprendentemente, o senador mais influinte de Roma asentira. Estaba claro que tiñamos un espía a bordo que comunicaba todos os movementos do proconsul. O mais xoven e temerario dos Xulios tiña moitos enemigos en Roma, agora envexantes pola súa derradeira campaña contra os lusitanos.

A sorte novamente era o fidel compañeiro de César e lle achegaba a acadar o Consulado un ano antes do seu turno. Popularidade no Senado non lle faltaba. A guerra fora un éxito pese a súa escasa experiencia militar e xa tiña dereito a un desfile triunfal en Roma. As nosas dúas lexións, unha por terra e outra por mar, eran unha maquinaria de guerra capaz de aplastar ós bandidos celtíberos e lusitáns que ainda controlaban o norte de Hispania. César tiña razón cando decía que a Península non era ainda romana porque faltaba o Norte por conquistar. O lonxano pobo dos calaicos e os bandidos astures e cántabros ainda quedaban por someter. Eles terían contacto coa civilización e César un botín cuantioso en ouro.

No último ano, algunhas tribus rebelaranse e César tivera que conceder dereitos de ciudadanía romana ós fenicios da prospera cidade de Gades, fundado pola enemiga Cartago. Era un xeito de mercar a paz e acadar apoio para mercar votos nas eleccións do Senado. Eu non duvidaba que o Senado temía ás ambicións do noso xeneral porque tiña o favor popular. Volvin a reparar en Horacio, o xeógrafo. Éste presumía de ser discípulo dos matemáticos da escola pitagórica, pero era máis que dubidoso. Aquel tipo sabía tanto de números coma eu das virxes vestales. Tal vez aquel liberto engreído fose un enemigo de Cicerón e apoiase a César.

O Orador era un acérrimo defensor do Senado e de perpetuar o poder dos patricios e terratenientes. Durante séculos dominaron ó pobo de Roma e executaron ós irmáns Graco, os únicos que defenderon mais dereitos para a xente do pobo. Despois dos Graco, viñeron as guerras civís, primeiro co dictador Sila e Mario e agora ben se poidera repetir con Pompeio, Caio Xulio e Craso. Polo menos, a familia Xulia fixera xenerosas donacións ó pobo de Roma e, pese o seu ambolengo aristocrático, semellaba máis favorable a ampliar a cidadanía romana os mais probes e ós pobos de provincias. Estaba seguro que o xeógrafo Horacio nunca respaldaría a Cicerón porque coma eu, ambos eramos libertos. A oratoria de Cicerón era a dunha lingua de serpe que supostamente defendía a democracia frente a novas dictaduras ou imperatores. Ese orador chegou ó consulado dous anos antes e o primeiro que fixo foi traicionar o ideal republicano de Xusticia, burlou a Táboa das Doce Leis e mandou exiliar arbitrariamente a Catilina e executou ó resto dos conxurados.

Eu non digo que Catilina fora un traidor sanguiñolento pero era un membro do Senado e non habia probas contra el. As acusacións que verteu Cicerón nas Catilinalias son pura invención política, demagoxia. Todos inventaban as maiores calumnias contra os seus rivais. E nos muros do Foro aparecían pintadas frases que acusaban a Craso de seducir a xovenes fillos de insignes patricios, que dicían que a muller de Pompeio se acostaba con Xulio e disparates ós que ninguén lles facía caso. Pero eu ben sei que haberá vinganza porque Cicerón cometeu un crime. Sempre quedará algún home honrado en Roma que remate con este criminal que se fai chamar o mais grande orador despois de Catón, o Censor.

A comparación é acertada porque Catón, aquel que sempre berraba "Delenga Cartago" no senado, era outro asesiño despiadado que provocou novas guerras en Hispania coas suas traicións. Enriqueceuse a costa de dar en vano á palabra romana e logo incumplir os acordos cos guerreiros celtíberos. Ainda que aqueles foran bandidos e asesiños, a palabra dun romano era sagrada. Tamén dubido moito que o xeográfo apoiara a Craso, o home mais rico de Roma. Aquel avaricioso, que no deserto elixiría antes un litro de ouro a outro de auga, amasara unha fortuna a costa de incendiar barrios enteiros da urbe e logo cobrar polos seus servicios de bombeiros. Eso sabese en toda a cidade. Tiña a sua propia lexión privada e dicíase que quería prologar as conquista de Pompeio en Asia Menor e avanzar contra o imperio dos partos.

Tampouco creo que o matemático Horacio estivera a favor do Senado. Incluso a mais inocente das vestais sabía que os senadores estaban podridos e que dentro de moi pouco o poder quedaría repartido entre tres homes ambiciosos, cada cal peor. Pero non creo que isto terminase en Guerra Civil. Pompeio e Cicerón só defendían os intereses dos patricios e non do verdadeiro pobo de Roma, e Xulio se convertira nun perigoso populista, pero no fondo era outro noble. A Craso só lle interesaba o ouro. Supoño que para evitar tensións, o Senado logrou mandar a César a pacificar a provincia Bética, nas lonxanas columnas de Hércules. Caio Xulio sabía ben que había terras ó norte cheas de ouro e por ilo levou consigo a 10.000 lexionarios, dúas lexións completas, para controlar eses territorios.

Tamén quería controlar a ruta do sal e o estaño, que era atacada polos piratas lusitanos e de pobos mais ó norte, totalmente descoñecidos, e dos que Xunio Bruto, que se adentrara 80 anos antes no interior, denominara galaicos e cántabros. ¿Qué interese podían ter para Roma aqueles pobos primitivos? Nada. Pero Xulio ambicionaba mais. E os informadores de Balbo estiveran un ano percorrendo aquelas selvas para estudiar ó enemigo. César sabía que os fenicios eran capaces de enviar expedicións por mar que chegaban tan ó norde que os dous mares se xuntaban. Na Bética, Balbo tamén lle falara a César dun río cheo de ouro situado nas selvas dos gallaicos e tamén das minas de estaño. Falabase de que aquel mineral se estraía dunhas illas chamadas Casitérides, cuxa situación fora gardada en secreto por fenicios e cartaxineses. Sei que Babo lle dixo en Gades a Xulio que había que subir pola costa do Atlántico hacia o Norte, sempre hacia o norte, hacia un porto que os fenicios denominaban como Brigantium e outros Porto Artabrorum, no que pola noite alumeaba unha fogata. Pero eu sabía que Horacio confesaralle a Xulio que aquellas illas inda poderían quedar moito mais lonxe, ó norte das Galias.

Non entendía como aquel patán podía ter tanta credibilidade ante César. O certo é que o proconsul descoñecía que houbese outros pobos ó norde das Galias, pero Balbo, cando escoitou o relato, suxeriu que se podría tratar de Britania, unha xigantesca illa poboada por bárbaros celtas, alonxados da civilización. Horacio confirmou a existencia daquela extraña illa, xa que el coñecia a algunhas bailarinas gadetanas que ouviran relatos de pescadores de Brigantium nos que falaban de monstruos mariños e homes-pez con bigotes que nadaban cara o Norte, cada vez máis xelado. Horacio insistira a César que, posiblemente, as Casitérides quedaran moito máis ó Norde ainda, moito mais alá do Fin do Mundo.

Esto explicaría o motivo de que houbese colonias fenicias espalladas naquel lonxano porto dos Ártabros e ainda máis arriba. Era pura lóxica. Os fenicios instalaran bases na costa e, seguramente, dispoñerían de faros para guiar as suas embarcacións hacia o norte. Sen embargo, pouco despois de Brigantium esvareciase toda a presencia fenicia. Novamente, Horacio, expuso a César a súa teoría. As naves deixaban a costa e continuaban en línea recta rumbo Norte, cara unha lonxana illa chamada Hibernia e outra que lle decían a terra dos Brigantes. Alí estarían ás Casitérides. César ollouno e gardou silencio, e o xeográfo entendeu que, a partir de agora, as illas de estaño seguían perto das costas de Brigantium. Alo menos, iso era o que debía crer Roma.

Pero na miña opinión, aquelas pequenas naves fenicias ou ártabras non podían arriscarse tan lonxe na procura de sal e casiterita. Aquel metal chegaba en abundancia do norte de Hispania, polo que sería temerario aventurarse mais aló. Ainda que como lembraba o xeógrafo Horacio, un grego viaxara ate os confíns daqueles mares bárbaros dous séculos antes. Caio Xulio xustificou ante o Senado que armaba á frota para castigar ós piratas lusitanos do Norte e facerse co control da ruta do sal e o estaño. De este modo contentaba os comerciantes gadetanos e ultimaba a conquista dos derradeiros territorios de Hispania.

ero era moi doado ver que Xulio ambicionaba mais. Os informadores de César ouviron falar en Gades a algúns prisioneiros celtíberos de fabulosas riquezas de ouro, de collares de plata e ouro que levan os guerreiros no coello. As riquezas do Norte permitirianlle amasar unha fortuna xusto antes de presentarse a candidato do consulado. E tamén podería pagar as súas múltiples débedas que lle reclamaban os acreedores en Roma. A procura de novos tesouros era ó úneco que explicaba a nosa presencia nestas escuras augas. Os rebeldes celtíberos xa foran vencidos polas tropas auxiliares de Emérita e a flota romana limpiou de piratas lusitanos e túrculos a costa atlántica.

E agora Xulio ordenara continuar hacia o norte, hacia Brigantium. E alí estábamos, no medio dunha treboada do mar na búsqueda das Casitérides, as fabulosas illas do estaño. Nin siquera sabíamos se outro dos mitos que fan pregoar os prisioneiros celtas de Iberia, uns mentiráns capaces de inventar calqueira historia por un grolo de viño.

HORACIO: Vexovos preocupado, amigo Tito. ¿Vas escribir a verdade na Acta Diurna? ¿Ou só as gloriosas cartas que te dicte César? En doce días, Roma terá novas do triunfo. Ti sabías que Caio Xulio era ambicioso e non se detería no norte de Hispania. Agora ten a oportunidade de conquistar unha terra descoñecida para todos e donde habitan tribus de gandeiros pouco bélicos.

TITO: E eu tamén escoitei que estes bárbaros se lavan as mans cos mexos, e que as mulleres nunca se peitean e teñen bigote. Son pobos descoñecidos, que fuxirán aterrorizados cando vexan as nosas lexións.

HORACIO: Dubido moito que en Roma sepan apreciar a guerra de César contra unhas tribus pacíficas. Foi ridículo abrir as portas do templo de Jano para unha campaña tan doada.

TITO: Se os poboadores son inofensivos ainda haberá que velo.

CORNELIO: Dubido moito que as tribus dos helenos das illas Casiáterides, Tude e Adobriga queiran contribuir coa sùa derrota á campaña electoral de César. Preferirán morrer na praia. Ou fuxirán ás súas fortalezas no alto dos montes.

TITO: Semellas conocer moi ben esta xente.

CORNELIO: Eu vivín moitos anos nunha colonia fenicia perto de Porto Artabrorum. Deberíades sentir a experiencia de viver ceibes da lei e o pé de Roma.

TITO: Ese Olimpo ha rematar nuns días. E non é prudente que fales así antes da batalla. Podería chegar a ouvidos de César. Hai moitos delatores.

CORNELIO: É unha amenaza?. Todos sabemos que ti es un espía de Pompeio e un delator recoñecido.

TITO: Curiosamente, Balbo pensa o mesmo de ti. A súa única dúbida é que vai facer coa tua cachola. E había haber castigo porque a cobiza dos homes non é do agrado dos nosos lares, os espiritus familiares que velan pola domus. Os nosos antepasados, cuxas actuacións foron nobles, cicais crueis pero xustas, seguen sempre xunto a nós. Eu, ós meus dezasete anos, así o cría. O regreso desta viaxe tiña pensado pagar a dote para casar coa filla menor de Antonino, un cliente moi importante dus terratenentes de Como. Pero aquela aparición do monstruo mariño foi como unha advertencia de que os meus plans ianse trucar de contado. Sí, eran dúas illas batidas polo mar e perto da costa

Os cinco libros da serie Outros relatos Europa na mochila Principal  
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI    

PARTE II

LUME EN BRIGANTIUM

CAPÍTULO V

Abofé, eu contei tantos como os dedos da miña man, non unha senon cinco veces dez. Eran tantos que enchían o mar. Ainda navegaban lonxe pero xa se vían as primeiras velas sair entre a brétema. Aqueles barcos debían ser tan altos como o faro que construiron os Homes do Mar Á noite chegarían á praia na illa pero os espíritus do vento e as ninfas do río protexerianos.

E quizás o Mouro, o xigante Korn, o noso peor inimigo, saira a loitar contra os invasores. Había rumores de que andaba a robar comida nos ultimos días. Eu mesmo vin unha sombra que roubara un cordeiro perto da fonte das ninfas, onde se reunía o consello dos vellos. Nas aldeas da costa queimaban madeiros para facer columnas de fume e nos alertar. O lume xa se vía cando a lúa decrecía.

Eu estaba no monte lindando o gando cando vin sair o fume por onde se puña o sol. Era a tribu dos Nerios que avisaba ó resto das vilas. Así, varios días a medida que a lúa menguaba, como si aquelo fose o fin do mundo. E logo deixou de haber lume, o cal ainda era peor. E ó chegar á noite, os guerreiros desembarcaron na praia, no medio dun grande temporal e con grandes olas na mar fría. Puiden velos desde as rochas. Desde alí os atacantes parecían formigas, moitas formigas que se botaban enriba da presa morta.

Todo o mar estaba ardendo, ouvía berros, asubío de frechas, moitas lumeiradas, e pedras que caín do ceo. Logo, non lembro nada, sei que botei a correr polo bosque de fiunchos, como todos os da praia. Corría polas corredoiras, apartando as silveiras e os toxos, á procura do camiño dos outeiros, onde estaba a pobo. Aquelo era unha fortaleza de pedra e estaríamos seguros. As veces paraba para recuperalalo bafo ou as espiñas. Caín na lama, recuperei o bafo e continuei coa perna escachada. Algúns dos meus amigos se agachaban nas polas dos carballos, outros nas matogueiras. Eu corrín ata a fraga das ninfas. Esperaba ver os espírtus máxicos de bosque e pedirlles que nos axudaran con raios, choiva e vento para que afundiran a frota inimiga. Os berros e o lume debeu espertar a Korn na súa matogueira. Daseguro, aquel ogro debeu ver a ocasión de coller presas humáns ás cheas. Sentín un ruxido perto.

Sentín un golpe moi forte na caluga e logo fun arrastrado.Vin unha luz e un carro de fogo, dirixido polas ninfas da fraga. Ó espertar, puiden ver por primeira vez o rostro de Korn, cun cráneo achatado, algo baixo, grandes beizos e totalmente cuberto de pelo. Pensei que o Mouro me arrincaría os brazos e as pernas para cear, pero olloume con tristura e só recibín un bó golpe no ombreiro que me aturdiu. Despois, aquel ser peludo abreu unha trampilla da cova e esvareceuse. Mostrou un obxeto metálico de brillo moi forte e logo fuxiu .

Cando recobrei o senso andiven as apalpadas ata que din coa saida. Din que nestas covas había tesouros pero eu non me parei a mirar do medo que tiña. Sain da cova e só cando mirei para os lados e non vin a ninguén comecei a correr coma un tolo. Sintía o sudor. agora había silencio e moitas fogueiras canda as ondas da praia. Era o mencer, e moitos soldados dos barcos patrullaban pola fraga para capturar prisioneiros.

A flota de César bloqueaba o porto artabrorum. Eu, Brigas, estaba no río, perto da fonte dos espiritus e as ninfas. Sabía que o xigante voltaría sair do seu escondite para ir á procura dunha presa. Todos os rapaces nos preparabamos para bater nel. Pero o Mouro xa non volvera a cova e ninguén estaba para pensar en ogros cando o combate cos romanos seguía na praia. A fonte era segura pero axiña os vellos colleron ós rapaces e nos mandaron polas corredoiras de volta ós outeiros. Eu ainda non sabía ben o que estaba a pasar. Desde as rochas vía a loita no mar.

Os cinco libros da serie Outros relatos Europa na mochila Principal  
Solpor Negro I II III IV
Lume en Brigantium V VI    

CAPÍTULO VI

Estimado amigo Marco:

Atópome atracado en Brigantium, o principal porto do golfo dos Ártabros. Levamos varios días de choiva e dou voltas polo buque. Trascribo agora unha carta dictada por César para publicar na Acta Diurna. Conta o gobernador neste escrito que o desembarco non foi doado porque aqueles bárbaros coñecían os nosos propósitos bélicos e enviaron á praia carros armados e a caballería para nos impedir chegar á praia. A dificultade era grandísima porque as naves, á causa do seu grande tamaño, non podían fondear senon en mar aberto.

E os soldados, en paraxes descoñecidos, coas mans ocupadas polo grande peso do armas, o mesmo tempo tiñan que se saltar das naves, manterse entre as ondas e loitar contra o iñimigo. Estos, permanecían na praia ou só se metían algo na auga, e desde alí disparaban audazmente ou arremetían cos seus cabalos. Acobardados, os nosos homes non mostraban o animo e brío que solían ter en terra. Advirteuno César e ordenou que as naves longas, mais extrañas para os bárbaros, se situaran ó costado dos inimigos. Desde alí, con hondas, frechas e ballestas atacaron ós inimigos.

César dixo que se non queríamos entregar a aguia ós enemigos, saltaramos ó auga. Pero os soldados vacilaban porque o mar era profundo nesa zona. O portaestandarte foi o primeiro en lanzarse ó mar, seguido do resto e se aproximaron ós enemigos. Se loitou con denuedo por ambas partes, pero os nosos andan con desorden a merced do enemigo que descoñecía os vados. Cando estos vían a un grupo separado, espoleaban ós cabalos, os rodeaban ,nmetras outros disparaban o groso do exercito. Cesar advertiuno e mandou encher de soldados os esquifes das naves longas e as exploradoras, e os que vía apurados lles enviaba socorro.

Así as cousas, as lexions iniciaron a persecucion e se non poideron ir mais apresa foi por que a caballeria non podía alcanzar o rumbo. Algúns dos nosos soldados poideron chegar á fraga, onde se ocultaron moitos dos habitantes do porto, porque non tiveran tempo de chegar ós outeiros onde tiñan os seus pobos.

Esto foi o unico que faltou a Cesar para a sua antiga fortuna. Os inimigos, perdida a batalla, recobrados da fuxida, enviaron emisarios de paz a Cesar, prometendo que darían reféns. Xunto estos veu Comio, que foira enviado por Cesar antes e fora apresado e posto en cadeas. Os xefes botaronlle a culpa ó populacho. Cesar reprochou que non houberan vido antes, tras pedir a paz dias antes e logo o atacasen. Os xefes se retiraron, mandaron ós seus ó campo, pediron mais refens e os britanos acudiron a recomendar os seus pobos e aldeas os romans. Así é tal e como o conta o noso gobernador e así cho transcribo.