CEUTA
|
 |
A RAIA E AS DÚAS
COLUMNAS Hidrospeed
moito vento e mollados ó sol e ó sal do sollado
Hidrospeed correntes e ondas
grande estela
Ó Norde unha columna ó Sul outra
e na brétema a muller morta
|
|
O CUARTEL
O desembarco.
Cidade cutre bedel árabe badalláns polas rúas
Paseo bonito cidade fea arquitectura
colonial militar Catedral pequena amarela
Cuartel ou castelo naquela illa
alí onde a praia
|
 |
O CLUBE
Desde enriba
do muro da fea cidade vemos o clube colonial
Piscina caribeña palmeiras McDonald
e Telepizza
Se reparas desde enriba do muro
un muro separa dous mundos
|
|
MIÑA NENA
A nai e a nena piden
pola rúa á beira da praia
Crueldade por ambalas dúas partes
Non me rompas a alma miña nena non ves
que non che podo dar miña nena
|
|
A RAIA
O vendedor de tickets
agarda na entrada da raia
Dademe un styló e vos axudarei e nós esperamos
na cola da ventanilla da alfádega na raia
E os polis i espías no outeiro ollan para
nós que esperamos na cola da ventanilla da alfándega na raia
O catro por catro
vai para o Sara e o coche esmendrellado para Rabat
Entran na raia e
nós esperamos na cola da ventanilla da alfándega da raia
|
|
TETÚAN / O RIFT
|
|
O GRAND TAXI
Fora da raia
Cen dirhams
O taxista con dous
fillos ó volante simpático querenos levar a Fez no Grand Taxi
Douscentos dirhams
Praias e urbanizacións
no camiño Haimas na praia e
chegamos
|
 |
AMIN
Os guías se nos botan
en riba
só imos á procura
dun hotel Príncipe, Bilbao Nacional (vale) Rexina
Quedamos
Amín, o guía, fala
español
|
 |
A MEDINA
Paseo pola medina unha morea de tendas
e ó lonxe o Rift e a carón o Al Andalus Palace
Comida dos vendedores de alfombras
Son bereber chá de menta e cous-cous Mulleres
e machismo a columna vertebral de Adán a tecnoloxía destrue ó home
Mercar alfombras Son bereber lá (non) oxira
(sí) xari (afastar) Mercar alfombras son bereber todo artesanal
varios días teceu á miña irmá
Mercade alfombras Son bereber lá (non) oxira
(sí) xari (afastar)
|
|
A BOTICA
Vinde á botica hai confianza son bereber
amigos
Trinta e dúas especies azafrán e azmicar
xipsen do deserto anti-ronquidos especial para ti
Sin compromiso amigos hai confianza
Son bereber chá de menta lá (non) oxira (sí)
xari (afastar)
|
|
CAFÉ PARA HOMES
Café para homes dinos o guía
Historia do Islam bereberes e tártaros prohibido
para mulleres
|
|
TIMO NO AUTOBÚS
Estación de autobús, polis na porta, homes
da man, mochileiros checos, africanas deitadas en fardos e os buses
tardar
No autobús antiguo timo das mochilas
Son bereber ningún problema amigos cincuenta
dirhams polas vosos bultos meter no autobús
|
 |
O RIFT
Paixase desértica con
meloneiros e limoeiros
E aló o Rift
Regatos e outeiros
de area en terras labradas a cadros e aló o Rift
Parada no café na carreteira
a muller di non quero unha foto ou dame cincuenta dirhams Non hai
foto non problema e aló o Rift
|
|
FEZ / A MEDINA
|
 |
ONE DIRHAM!
Paseo polo xardín dentro das murallas da
vella medina de Fez
Hai fame Os nenos vennos e corren detrás
One dirham! One dirham! Crueldade por ambolas dúas partes Non vedes
neniños que non levo cartiños
Xantar na Noria Taxiq e cous-cous Paseo pola
medina chiringuitos de carne, froita e ovos
Os nenos vennos e corren detrás One dirham!
One dirham!
|
|
JUICE D'ORANGE
Petit taxi Petit déjeneur Bó almorzo juice
d'orange cafe au lait e croissant
|
 |
CHADIJHA
Chadijha está triste porque non é muller
casada
Nos cafés a policía bate nos noivos dinos
a guía
Contademe como é o amor no voso país meus
amigos dinos a guía
|
 |
A MEDINA VELLA
A Medina Vella cos seus vellos oficios curtidores
tinxidores zapateiros e burros e mulos de carga
A Medina Vella cos seus vellos oficios vendedores
de alfombras pratos de bronce mesquitas andaluzas
|
 |
O CEMITERIO
Paseo pola medina nova e o rastro cheo de
xente
Subida ó cimiterio e fortaleza ó solpor
One dirham! One dirham!
Ó lonxe os muros de Fez alumeados pola lúa
chea de prata
|
 |
A ESCOLA
A Medina Vella moitos nenos sin esola aprenden
o oficio dos seus pais e avós e padriños e tíos
Inmigrantes dos pobos viven dentro na Medina
un laberinto sen escola os nenos aprenden un oficio
One dirham! One dirham!
|
|
MARRAKEST
|
 |
O ADESTRADOR DE BICHAS
A grande praza vermella de vermellos muros
de Marraqués
Desde a terraza do hotel vemos adestradores
de bichas magas e tatuaxes e juice d'orange
Desde o outeiro do hotel vemos feiticeiras
timadores mentireiros e ciclistas e petit taxis e a mesquita vermella
de Marraqués perto dun oase
One dirham! One dirham!
|
|
A TREBOADA
Hai treboada de area
O deserto entra na
Medina pó marrón e húmido e calor
|
|
O ATLAS
|
|
CAMIÑO DE ASNI
Grand Taxi camiño de Asni
moito regateo ata Asni
Paraxes desérticas ata Asni
riscos e penedos ata Asni
Camiño do Atlas ata Asni
|
 |
SON BEREBER
Son bereber amigos non problema vinde á miña
casa de corazón chá de menta para ti
Chá de menta e mentras mirade esta xoia bereber
auténtica para ti polo teu reloxio polas túas botas
Non compromiso son bereber amigos non problema
deixade un regalo para a muller que vos fixo o chá de menta
|
|
A CAMIONETA
Agarden amigos na camioneta axiña subiremos
a Illmi
Agardade amigos na camioneta axiña subiremos
cando esté chea
Subide franceses amigos xa estamos todos
para facelo camiño a Illmi
|
|
NON É NEPAL
Casas primitivas de pedra penduradas das
rochas do deserto i embaixo o oase camiño de Illmi na camioneta
cos franceses
Na camioneta camiño de Illmi Isto non é Nepal
|
|
O ASCENSO
Á tarde moi tarde saímos
tarde saimos axiña vai caela noite axiña
Illmi a fraga o pobo de pedra o albergue
do francés e o río seco cheo de cantos a neve no Atlas e a montaña
ó lonxe a montaña e os burros camiño do refuxio
E o río sacro e a ponte sacra e a mesquita
branca e a ponte prohibida e a noite a noite pecha e a montaña e
o camiño que aínda falla ate o refuxio con lúa chea
|
|
PERDIDOS
Polo camiño mulas de cargas mulos somos nós
coa mochila ás costas
Novo ascenso é a noite escorpións na noite
mosquitos na noite e a lúa a lúa chea na noite perdidos na montaña
Unha voz reclama por nós un pastor uns ollos
nos dirixen perdidos na montaña a tres mil metros de altitude perdidos
un bó pastor nos dirixe
Toma un dirham bó pastor Non o rexeites que
ti sí o mereces bo home perdidos na montaña axudachenos por nada
bó home
|
 |
O REFUXIO
De prata a lúa na noite alumea o camiño das
mulas segue e moi lonxe unhas luces aló o refuxio a tres mil metros
de altitude na montaña
E seguimos dúas horas e logo tres e logo
catro tralas luces das mulas que voltan o refuxio moi lonxe loxe
dabondo eu non podo máis
As linternas movense e aló está o refuxio
á noite pecha pechado está o refuxio á noite pecha
|
|
O TOUCAL
Doeme a cachola ruxe o bandullo non teño
oxíxeno doeme todo
Subide ó Toucal eu non podo non quero subir
mil metros máis non podo
Só quero unha Coca-Cola de medio litro é
o que quero abonda para min
Ó Toucal eu non podo non quero subir
aló mil metros máis me quedo acó a durmir e beber Coca-Cola e durmir
eu non podo nin quero subir
Ó Toucal outra vez será na tenda durmo
outra vez será deixademe durmir
|
|
NO CUMIO
O Toucal un pequeno cumio despois dun val
outro val de morrena dos que todos falan
Óó baixar do Toucal unha morea de
pedras rexistra os nomes dos que viron desde o cumio do Atlas os
montes máis altos do Norte de Africa
|
|
AS CASHBAS E O SAHARA
|
|
BEN ALÍ
Chove e un neno amosa a vella casba mentras
chove sobre a lama do oase e o deserto
En Ben-Alí chove chove sobre a casba de Lawrence
de Arabia da Xoia do Nilo e a lama
E chove sobre a lama da casba de Ben-Alí
|
|
A XEMA
Polo camiño venta de xemas na estrada os
nenos piden moito moitos dinhares nenos por unhas xemas pintadas
vintecinco dirams só dou vinte dame vintetrés
Ten unha pega por vinteún toma a xema bó
negocio para ti toma os dirhams
Bó negocio para ti neno que me das unha pedra
de cristal pintada
|
 |
O CAMELO
Foto dun camelo no oase dame un dirham extranxeiro
porque o camello tamén come se queres a foto dame un dirham
Toma, oh toma o dirham paga a pena a foto
co camello no oase
|
 |
AS GORXAS Impresionantes
as gargantas do Todra
Impresionantes surcadas
polo río e un oase as gargantes do Todra
Fósiles nas rochas
palmeiras e un tronco para cruzar o río
Un camión con africáns
tamén cruza o río
Onde ides non o sei
Oo camión pasa polo
camiño que cruza unha ardilla hai vida nas gorxas do Todra
|
 |
ROSA DO DESERTO Velahí
tés extranxeiro a rosa do deserto ou a pedra fósil
Trinta dirhams cada
unha por caridade
Nunca vira unha rosa
do deserto tan grande é como unha planta fosilizada nas dunas de
Mesara
|
|
VOLUBILIS
|
 |
VOLUBILES
Qué voluble é o mundo
Ahí tedes a Volubiles a cidade romá dos mosaicos
e os golfiños no fértil deserto de Meznez
Qué voluble é o mundo
Nin leóns nin panteiras para o circo nada
nada de nada
En Volubiles o vento barreu con Volubiles
perto do Atlas o vento a barreu
|
|