LOS SUAVES : Historia do grupo

Los Suaves Algún día saberemos, por boca dos seus protagonistas o motivo polo que esta banda galega decidiu bautizarese co efecto extremo que causa a súa música. Ourense viu nacer e medrar a un grupo namorado do rock and roll que berraba o seu soño de facer os Madriles e que rematou encandeando a todo un país.

Tres irmáns, os Domínguez, iniciaron unha aventura que remataría en éxito. Non moita xente sabe que o vocalista, letrista e líder Yosi é irmán do baixista Charly. E menos aínda coñecen que o terceiro parente do mesmo sangue soñou con ser músico ata que o destino levouno ata outros derroteiros; na actualidade é profesor universitario. A formación dos Suaves deu moitas voltas na primeira etapa da súa traxectoria. Axiña sumáronse outros dous guitarristas que deixaron a súa impronta; de feito o rítmico Ramón "Moncho" Costoya é todo un fixo. O magnífico solista de cor Hermes Alogo Mebuy é unha especie de B.B.King metido ó rock cru á española, se se nos permite a expresión. coa posterior chegada do batería Angel "Gelo" Barrio, o quinteto asentouse.

Mais unha primeira versión dos Suaves xa se fixera notar (¡e de que maneira!) coa actuación ca banda ofreceu na Coruña en decembro de 1981 como grupo teloneiro de Ramones. A impronta que causaron os ourensáns non pasou desapercibida a ninguén. Logo veu a fichaxe pola discografía independente galega Edigal e os primeiros discoos: Esta vida me va a matar e Frankenstein. En 1987, fai agora dez anos, Los Suaves cumpren o seu soño de achegarse por primeira vez a Madrid, aínda que fose ós seus arrabaldes, coa actuación festexada na desaparecida sala En Vivo de Fuenlabrada.

Los Suaves comezan a crear ese ambiente de boca a boca que crea unha fiel base de afeccionados á súa música. E, cando en 1989 se publica Ese día piensa en mí, apréciase ca súa hora de gloria está a piques de chegar. A gravación dun dobre disco en directo en Madrid e Barcelona demostra que o tirón popular da banda é innegable. En 1991 prodúcese a entrada do guitarrista solista Alberto Cereijo polo entrañable Hermes. Tony Vallés, da banda de Manzano, cobre a etapa de transición entrámbolos dous. Cereijo ofrece un gume máis agresivo ó son da banda, como pode comprobarse no primeiro álbum onde participa. Maldita sea mi suerte.

Dende entón, a vida dos Suaves transformouse; fichaxe por multinacional (o que non implica renuncia algunha ó seu sentido da autonomía de traballo), campañas interminables de cidade en cidade, de pobo en pobo, e paixón, moita, polo rock and roll. A banda mellora en producción dos seus discos ata chegar á exemplo do Santa Compaña, traballo realmente magnifico de concepto é resultados. Yosi segue cantando a la exultante ledicia de sentirse enriba dun escenario mais tamén á inmensa soidade dos momentos duros e á obsesión pola morte, pola desaparición física e as dúbidas permanentes sobre esta vida. Los Suaves teñen alma de rock and roll.


Os compoñentes:

Cando alá polo 1982 saía o primeiro disco dos Suaves os compoñentes non eran os que hoxe coñecemos, foron poucos os troques ata que en Maldita sea mi suerte asentáronse os cinco actuais Suaves:

Esta vida me va a matar. Un dato no muy conocido es que en este primer disco había dos familias de hermanos; tres Dominguez y dos Costoya, completaba el grupo Angel Ruiz.

Frankenstein. Moitos troques para este segundo disco, desaparecen os dous baterías, Montxo e Angel para a chegada de Pepe Losada e un guitarrista negro, o entrañable Hermes.
Ese día piensa en mi. Volta Montxo ó grupo, xa nolo abandonaría, e destaca a colaboración dun dos suaves actuais, coa guitarra facendo uns magníficos solos está Alberto Cereijo, ademais Alejandro Cano colabora coa batería.
Suave es la noche. Chega o primeiro directo da banda, chega Gelo ós mandos da batería, o resto mantense e collen confianza na súa unión.
Maldita sea mi suerte. Hermes deixa o grupo para que no seu lugar apareza o gran guitarrista Alberto Cereijo, estes cinco continuarón ata hoxe.

A formación para este disco é definitiva, son os mesmos cinco para tódolos discos vindeiros:Malas noticias, Santa Compaña, ¿Hay alguien ahí? y San Francisco Express

Gracias a mi amiga Elvira Blanco por traducir esta página al gallego.


- * -