Traduccións de Windows ó Galego

Lembrase que é conveniente facer unha copia de seguridade dos programas orixinais de windows antes de instalar as traduccións.

Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Procura Minas: Traducción do clásico xogo no que o obxectivo é marcar todas as minas existentes axudándose polas indicacións de cada cadro descuberto.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Carta Branca: Xogo de cartas no que se deben completar os catro paos da baralla francesa en escaleira de cor, podendo deixar unicamente catro cartas fora dos emparellamentos permitidos.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Soidoso: O obxectivo como no anterior é completar os catro paos comezando polo ás e rematando no rei do pao, a diferencia está en que temos sete feixes de cartas coa primeira volta e un feixe adicional co resto de cartas que si podemos ir pasando da primeira á última.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Rede de Corazóns: Outro xogo de cartas no que poderemos xogar contra tres usuarios da mesma rede ou contra tres opoñentes simulados polo ordenador.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Reproductor de CD: Sinxelo reproductor de CDs. Permite programar a reproducción dos compactos e crear listas personalizadas de reproducción.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Apuntamentos: Editor de textos do máis sinxelo, co que é posible ler, escribir e modificar arquivos en formato de texto puro.
Sistemas Operativos: Windows 98
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Paint: Trátase do coñecido editor de imaxes de mapas de bits *.bmp. Resulta unha ferramenta extremadamente sinxela, máis práctica á hora de facer rápidamente pequenos retoques con precisións de bits.
Sistemas Operativos: Windows
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Navegadores: Están traducidos os menús despregables, botóns e outras mensaxes dos coñecidos Explorer de windows e Internet Explorer.
Sistemas Operativos: Windows 98 coa versión 5 do Internet Explorer
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Menús: Traduce o menú "Inicio", a barra de tarefas do windows, menús da Área de Traballo, mensaxes de axuda e mensaxes de información.
Sistemas Operativos: Windows 98
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción shell32: Traduce os menús emerxentes ou contextuais de Windows, o programa de procuras, mensaxes de confirmación, de axuda, de erros, de advertencia, información de discos e de arquivos, control das impresoras etcétera.
Sistemas Operativos: Windows 98
Pica sobre a imaxe para desgargar a traducción Command.com: O tradicional MS-DOS traducido integramente nas respostas por pantalla dos seus comandos internos, tales como dir, copy, del, etc.
Sistemas Operativos: Windows


Pica sobre a imaxe para acceder á páxina adicada á traducción Super Mario RPGG: O primeiro xogo de Mario traducido integramente o Galego, xunto abondosa información sobre este xogo e, enlaces a numerosas paxinas onde atopar todo tipo de xogos para a SNES en especial do xenero RPG.
Sistemas Operativos: Todos os que posúan un emulador da Super Nintendo

www.emule-galicia.com