
![]()
Descarga o folleto do programa
en formato PDF (Adobe Acrobat)
Con compresión zip, 569 Kb
![]() |
EXPOSICIÓNS LA HISTORIA DEL BLUES Versión en banda deseñada do último álbum do grupo de rock vigués Siniestro Total. Orixinais de Santiago Sequeiros, Del Peral Pineda, Víctor Aparicio, Xulio Daspastoras, Javier Olivares, Bernardo Vergara, Álex Fito, Miguelanxo Prado, José Luis Ágreda, Calo, Antón Patiño, Max, J. Carlos Pérez, Gallardo e Miguel Ángel Martín. Coa colaboración de Under Cómic. No Museo Municipal |
| RAÚL Y ANDREA, A LA FUERZA AHORCAN Orixinais, bocetos e probas de cor do álbum realizado por José Luis Ágreda, con cores de Bernardo Vergara e guión do popular dúo humorístico Gomaespuma. A mostra inclúe orixinais doutros traballos de Ágreda para distintos medios, como El País Semanal ou Nosotros somos los muertos. Na Sala de Exposicións do Claustro de San Francisco. | ![]() |
![]() |
'USTEDES PERDONEN', DE XULIO DASPASTORAS Ilustracións orixinais dos dous primeiros volumes da nova colección humorística «Sin Hueso» de Ediciones Sinse Ntido. Humor gráfico do sempre xenial Daspastoras. No Museo Municipal. |
| CITA NA HABANA
Pranchas orixinais do álbum de BD de Fran Jaraba publicado por Xerais. Un documentado achegamento á Guerra de Cuba, nun libro de cómic que supón un fito fundamental do medio en Galicia. No Museo Municipal. |
|
![]() |
AVENTURA NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Pranchas orixinais e bocetos da BD seriada de temática
medieval que o galego Primitivo Marcos está a publicar en caderniños |
| LIMAÍA PRODUCCIÓNS
«Storyboards», bocetos e exercicios varios levados a cabo no curso de animación desenvolvido por esta productora en Piñeira de Arcos durante o curso 1999/2000. |
|
MIGUEL A. ROBLEDO
Orixinais das ilustracións e animacións deste artista ourensán para o CD-Rom Galingua, acompañadas de ilustracións para revistas como BEM ou Gigamesh e de páxinas de BD para distintos medios, como a revista Golfiño. Na Casa da Xuventude, primeiro andar. |
| PARA ALÉM DOS OLIVAIS
Pranchas das BDs que compoñen o
álbum do mesmo título, |
|
| I CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA BANDA DESEÑADA
Gañadores e gañadoras das tres categorías do novo certame organizado pola Dirección Xeral de Xuventude na súa modalidade de Banda Deseñada, incluíndo o Premio Ourense ó mellor autor novel. O prazo de recepción de traballos remata o 5 de setembro. |
|
| EXPOFANZINES 2000
Undécima edición desta exposición de publicacións
independentes de todo o mundo: as últimas incorporacións |
![]() |
| ACTIVIDADES
INAUGURACIÓN. PREMIOS OURENSE DE BANDA DESEÑADA No transcurso da inauguración das XII Xornadas, farase entrega dos premios do I Concurso Galego de Imaxe Artística (modalidade Banda Deseñada) e dos Premios Ourense de BD. Con estes últimos distínguense, por unha parte, as mellores iniciativas e personalidades da BD en Galicia, e por outra os mellores autores noveis galegos. Os premiados este ano son a edición de Aventura no Camiño de Santiago, de Primitivo Marcos, a cargo da Deputación de Lugo, na primeira categoría; e David Rubín Miguélez, na segunda. Ambos premios están dotados cunha estatuíña deseñada expresamente para a ocasión cada ano polo artista plástico ourensán Manolo Figueiras. Na Casa da Xuventude e no Museo Municipal, o 29 de setembro a partir das 12,30 h. |
|
CINEMA E BD Proxección de dous filmes relacionados estreitamente coa banda deseñada. Coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo. No salón de actos da Casa da Cultura (Biblioteca Pública), o xoves 5 de outubro, ás 20,30 e ás 23 h. Prezo simbólico de entrada: 200 ptas. Perfect Blue Xapón, 1997. Cor, 84 min. |
![]() |
![]() Capa de A verdadeira história de Jota Cristo e imaxe de Supermaño |
PRESENTACIÓNS,
CHARLAS E MESAS REDONDAS
Actividades abertas a todo o público interesado. Sábado 30, na Casa da Xuventude,
desde as 11 h.: |
| Venres 6, Livraria Torga, ás 20,00 h.: Presentación do álbum Cita na Habana, de Fran Jaraba, coa presencia do autor e de Manuel Bragado, editor. |
|
![]() Viñeta de Javier Olivares |
Sábado 7, Livaria Torga, a partir das 11
h.: Presentación de Ustedes Perdonen, os dous volumes de Xulio Daspastoras editados por Ediciones Sinse Ntido, coa presencia do autor e do editor, Jesús Moreno. Presentación de Raúl y Andrea A la fuerza ahorcan, de José Luis Ágreda e Gomaespuma. Coa presencia de José Luis Ágreda. Presentación de La Historia del Blues, coa presencia dun dos seus autores, Javier Olivares. |
MERCADIÑO Tódalas novidades editoriais, así como clásicos de sempre do mundo do cómic, no primeiro andar da Casa da Xuventude. Organizado pola Agrupación de Libeiros de Ourense. Tamén haberá BD nas librerías Torga (galego e portugués), Eixo, Mazinger e Salgueiro (novidades) e Panoramix (segunda man e ocasión). |
|
| publicacións
O Fanzine das Xornadas número 7. Con toda a información sobre as XII Xornadas a través de artigos de diversos especialistas, e con cómics galegos e de novos autores internacionais. Catálogo do I Certame Galego de Imaxe Artística, modalidade Banda Deseñada. Edición cos traballos gañadores do certame. Catálogo da Expofanzines 1999/2000. Guía dos fanzines da Fanzinoteca da Casa da Xuventude, con tódalas novidades. Cartel das Xornadas. A cargo de Suso Sanmartín, Premio Ourense de BD 99 ó mellor autor afeccionado. |
|
| Organizan: Casa da Xuventude de Ourense e Colectivo Phanzynex | Patrocinan: Concellería de Cultura do Concello de Ourense e Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia. | Contactos: Casa da Xuventude, Celso Emilio Ferreiro 27, 32005 Ourense (Galicia, Spain) | Tel. 988 228500 | Fax (+34) 988 249930 | Correo electrónico: casaxou@teleline.es |