• Anterior: O galego e o cabalo do rei.
  • Seguinte: Por qué a lúa está marxada.

    O crego e o sancristán que se confesaron un ao outro

         Unha vez era un crego que tiña un sancristán, que tamén era compadre. O cura desconfiaba do sancristán, de que lle roubaba o aceite da lámpara. Un día díxolle que se tiña que confesar.

         O sancristán díxolle que sí, pero cua condición, que tiña que ser polas reixas como fan as mulleres.

         Sentóuse un e arrodillóuse outro, onde se contan as verdás i as mentiras, e preguntóulle o cura:

         -¿Quén leva o aceite da alcuza?

         -Non se oie nada, señor cura

         -¿Quén papa o aceite da igresia?

         -Non lle oigo nada do que dí. E, si non, mire: póñase vosté eiquí i eu aí, pra que vexa.

         Cambiaron de sitio. Entonces preguntóulle o sancristán ao cura:

         -¿Quén é o que lle come as merendas á muller do sancristán?

         -¿Tí que dís, ho, que non se oie nada?

         -¿Quén lle come os ovos i os torreznos á muller do sancristán?

         -¡Boh, boh! Tes razón, que desde aquí non se entende nada. Desta maneira, déronse a ausolución un ao outro..

     


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...