• Anterior: Os compadres e os galos.

  • Seguinte: O abade e o mariñeiro.

    A SILVEIRA

         Ía un xastre, ás altas horas da noite, por unha con gostra. A noite era pecha coma a boca do lobo. Non se vía nada e o xastre ia un pouco temeroso, abrigado coa súa capa, guiándose somentes polo ben que conocía o camiño do moito que o tiña andado.

         Ao chegarse dunha vez a rentes dunhas das paredes que abeiraban a congostra, prendéuselle a capa nunhas silvas e tivo que parar.

         O xastre pensou que era que o agarraban e, cheo de medo, primeiro calou mais, despois, emprincipiou a suplicar:

         -Ai, señor, déixeme! ... Déixeme marchar que son un probe xastre!

         A silva seguía agarrándoo.

         -Señor, déixeme ir, que son un probiño! ... Por Deus déixeme ir e non me faga mal...! Mire que eu non lle teño diñeiro ningún, nin cousa que o valía!... Sólteme, señor, polo amor de Deus, pola alma de quen teña no outro mundo!

         A silva seguía agarrando.

         O xastre calaba un instante e logo volvía pregar a laiarse, sen se atrever a rebulir nin siquera a dar volta á cabeza.

         Así pasou moito tempo ata que por fin empríncípíou a vi-lo día. Cando xa se escomenzaba a albíscar algo, o xastre, moi a gustíño, foi virando a cabeza para atrás e ollou por enriba do hombreiro...

         Ao ver que era unha silva quen líe prendera a capa, píllou as tesouras e emprincípíou a cortar nas varas da silveira dicíndo enrabechado:

         -Se foras un home igual che facía!



    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...