PASOU NO ANO DA PERA

(Historias caducadas do colexio)

 

O NESCAS

É certo, que si, arrecó! Aínda que non o queirades crer, éme moi, moi difícil lembrarme de todo aquilo referido a esta anécdota... ó mellor é que xa vou vello, zurullo! Certamente, ía en 8º de E.X.B. (e non de primaria, cagüen sos!), e o noso titor era un tal Verdugo, o profesor máis caralludo que tiven. Vós coñecédelo igual ca min, como o Irmán Tirso, o de Verdugo só foi para asustar. ¡Atendede que velaquí vou!:

"Algunha xente" en 8º, adoitabamos facer das nosas, a pesar de que nos estabamos a xoga-lo curso, e polo tanto, o ansiado "graduado escolar", e aínda que non había ganas de estudiar, ninguén era o primeiro en conformarse coas calificacións que un recibía das mans do Tirso, e iso que calificaba bastante "pa riba". Entón, á hora da verdade, en sociais, cando o Irmán pedía que lle dixesemos en alto as notas para pasalas ó seu boletín oficial, nós aumenta-bámolas un chisquiño, e aínda que pensabamos que non se decataba do asunto, si que o facía o pillabán.

Así foi, cando certo día entregóuno-los exames de "soci" do mes anterior (tiña moita pachorra á hora de corrixir), e pedíunos que lle dixesémo-la nota:

- A ver, mirad si el examen está bien sumado, y consultadme las dudas que tengáis, que quiero tomar nota que aún no tuve tiempo, (je,je) - dixo con voz de falso.

Achegueime, coma outros moitos, a preguntar algo; como xa había xente na tarima, permanecín de pé un bo anaco a mirar para as musarañas... cando de súpeto decateime de que a libreta de notas do Irmán estaba escrita coa puntuación do exame que nos acabara de dar. Baixei da tarima e fun cara o meu sitio (Fondo Sur), e díxenlle a algúns dos meus compañeiros que o director, Tirso, xa tiña apuntadas as notas e que, polo tanto, non a aumentasen, que os ía pillar.

Comezou entón, a toma de notas por parte do dire... ata que chegou ó nº 31, un tal Oscaj Jivas Cajíl, que pronunciaba de pena o -r, e mailo -rr. Chamabámoslle o "Nescas" dende que escribira este aborto de palabra, pondo en lugar de "eu son o Mesías", "eu son o Nescas".

- El treinta y uno, - preguntou o director.

- Diez con cinco sobje veinte.

- ¿Cuánto Rivas?, ¿estás seguro de tu nota?, ¡mírala otra vez, anda!, - contestou algo mosqueado pero sorrinte.

Despois de moito revolver no seu pupitre, respondeu:

- Ay no, jobá, ¡mi iquivoqué!... cuatjo con veinticinco.

Púxose da cor dun salvaxe amorodo enfermizo da zona do Kirós, e a coña rematou cando o dire dixo:

- Hay que fijarse más, ¡¿o es que vamos a tener que volver a primero para aprender de nuevo los números?!

 

Duarte Fernandes Vidal

(Un que andou por aquí, je, je.)

 

 Preme para volver ao sumário