O LÓSTREGO

¿QUÉ OPINAS DOS TAMAGOTCHIS?

 

 

 

É un "rollo" porque lle tes que dar de comer, telo que "saír" a pasear e tes que darlle de dormir, e se che morre tes que cambiarlle as pilas, "darlle de cagar" e cousas así.

Mario Souto - 6º

 

Francamente, aínda non sei como son; as primeiras veces soaban na clase, e foi cando houbo que retirar dous ou tres da circulación para que non as interrompesen. Dun dicían que morrera, doutro que estaba "feito caca", o outro que non sei que... pero francamente non sei nin de que van.

Pero debe ser algo así coma un xoguete, que aparece un crío, que hai que coidalo, ata teño ouvido que a dependencia chegou a causarlle a algún neno certos problemas. Pero isto foi sobre todo no primeiro trimestre, e agora xa nin me enteiro de que existe ese tipo de xoguete.

Xosé Ramón, profesor.

 

Eu opino que os Tamagotchis están ben para xogar, pero tamén son malos porque unha rapaza tiña un e suicidouse porque lle morreu.

Pablo Pereira, 6º

 

Paréceme moi mal, non o vexo ben para os nenos, porque non me gusta, é un comecocos.

Esther, nai.

 

É un vicio bastante malo, porque se teñen un as crianzas e logo se lles rompe queren que lles compres outro e non se desprenden deles para nada, "oie".

Mercedes, nai.

 

Non gosto deles, véxoos como unha "comedura de pelo" para os nenos, que están a comerse a cabeza totalmente, non pensan nada máis que niso, en darlles de comer...

Dolores, nai.

 

Opino que está moi ben, ensina ós nenos como coidar un animal, e lles vale para o futuro, cando teñan unha mascota.

Begoña, nai.

 

Gosto deles, é un xoguete como outro calquera, unha mascota máis.

Cristina, alumna.

 

Son unha estupidez, porque as máquinas non son para coidar así como se fosen animais, ademais de que obsesionan ós nenos.

Rosario, nai.

 

Son unha merda (podo decir iso, ¿non?), porque non gosto deles; tanto marcianito e tanta perrechada, van acabar os rapaces tontos redondos.

Ana, nai.

 

Eu dende logo ós meus fillos non llos compraría, porque son unha especie de perigo psicolóxico, non quero que se enganchen a unha "maquinita" todo o día.

María José, nai.

 

Case non os coñezo, ouvín falar deles pero non lle puxen atención, porque non gosto deses xogos, nin os ordenadores nin nada diso.

Ana, nai.

 

Creo que non son un xogo moi adecuado para os nenos, porque lle comen moito o coco, absórbelles moitísimo o tempo, preocúpanse demasiado por algo que realmente non é un ser vivo.

Manola, nai.

 

É un entretemento pero non me chama moito a atención, porque en vez de atender ós compañeiros e á xente, entretéñense no bichiño.

Irmán Nicolás.

 

É unha mascota que está ben para os nenos que non teñen mascota na súa casa porque non lles deixa o seu pai o a súa nai.

Pedro, alumno.

 

Son malos porque afectan ós animais. Déixanse as mascotas de compaña polos Tamagotchis.

Damián Brey, ex-alumno.

 

Non me gustan porque me parece pasa-lo tempo cunha tontería.

Montse, profesora.

 

 

 Preme para volver ao sumário