O traxe de galego do home
A CAMISA é unha peza de roupa de vestir que dende os ombreiros cubre o corpo ata os xeonllos. Ten unha parte superior, chamada aba, que é de tecido máis fino, posto que está á vista, e outra inferior, con tecido máis burdo, chamada cos. É unha prenda de lenzo, estopa, liño, cánabo, batista ou liñol, con feitura caseira. As camisas son máis finas se son para cerimonias e festas e poden incluso levar bordados.
A prenda de vestir interior masculina son as cirolas, especie de calzóns longos de lenzo ou estopa usados antigamente que cubrían as coxas por completo, pero sen chegar ós pés. O material do que se fan é o mesmo que para as camisas.
A prenda de vestir da parte inferior do corpo dos homes é O CALZON, con dúas perneiras para introduci-las pernas e que chega desde a cintura ata os xeonllos. A súa confección depende unha vez máis do uso que se lle pensara dar, xa que un home que está traballando no campo non levará unha prenda que pense utilizar para ir á festa.
O calzón leva unha peza central, chamada "peto" e vai aberto ó longo dos laterais das perneiras, levando para o seu peche uns mallóns ou tamén botóns de diversos materias.
Algúns non pasan da altura dos xeonllos, pero outros abotóanse por baixo dos mesmos.
As POLAINAS son unhas calzas ou medias que cobren as pernas desde o nortello ata o xeonllo e que se abrocha exteriormente, con botóns de fío, madeira ou metal. A feitura desta prenda vai parella á do calzón, sendo do mesmo material e cor que aquel.
Algunhas polainas fanse de materiais especiais como as que se poñen coa coroza, que son de palla de xunco. Tamén as hai de coiro, usadas para traballos máis duros ou para montar. Péchanse con fibelas .
Por riba da camisa ponse o CHALECO prenda de vestir sen mangas, cunha grande variedade tanto no tecido coma na feitura. Uns son máis longos, para protexer ben os cadrís do frío. Outros , máis para lucimento, son curtos. Hainos de materiais moi bastos como xerga ou pano pardillo e otros son de ricas teas de grana e sedas.
Temos observado chalecos con fitas de veludo polo seu bordo, outros coas lapelas bordadas con fíos de algodón de diversas cores, outros con botóns de prata,...
A parte posterior do chaleco pode ser do mesmo material ca parte dianteira, pero, e corrente que sexa de estopa ou lenzo.
O escote pode ser cuadrado, ovalado, en bico, pode ser máis ou menos subido, levar ou non lapelas,...
A MONTEIRA prenda de abrigo da cabeza usada polos homes, feita xeralmente de pano ou lá. É, cremos que sen dúbida, a prenda non só máis anterga, senón a máis variada do atuendo masculino en Galicia.
Podemos incluir aquí tódolos modelos, non só as altas monteiras de Santiago de Compostela, caídas sobre un lado, grandes e triangulares de Lugo, puchos, puchas, cadelas,...
A desaparición de tan estimada prenda debeuse á aparición de SOMBREIRO de fieltro de á, tipo das tellas dos cregos. Estes tamén cederon paso á boina.
As monteiras poden ser altas ou máis baixas, adornada con ribetes de seda, bordados de fíos de cores, ou madroños, ou fitas de cores.
Algúns mozos debaixo da monteira poñían un pano de seda de cores claras, anudado a un lado, que según algúns autores, este uso é local, e non xeralizado en toda Galicia.
Na zona de Ordes, desaparece a monteira alta que é substituída polo PUCHO gorro baixo cunha especie de viseira. É de pano abatanado, moi groso.
O calzado eran as ZOCAS de madeira e zocos de coiro e piso de madeira. Segundo as zonas ou os artesáns que as fixeran, tanto as mulleres e os homes podían levar os zocos da cor natural do coiro ou ben tingidos de negro. Na sola poñíanse unha morea de chatolas para non esbarar.