Agrupación
nacida no ano 1977 co claro obxectivo de recuperar, promocionar
e difundir o folclore galego coa dignidade rigor e autenticidade
que a arte, cultura e tradicións populares se merecen, CASTRO
FLOXO constitúe na actualidade o máximo exponente artístico
da Escola Provincial de Danzas.
É
o último eslabón dunha cadea de aprendizaxe e perfeccionamento que
os alumnos máis aventaxados van percorrendo ao longo da súa permanencia
na Escola. Pertencer a este grupo é a máxima aspiración de todos
os alumnos e supón a culminación exitosa dun longo proceso de aprendizaxe
no eido da música e da danza popular.
En
todas as súas actuacións CASTRO FLOXO
amosa a riqueza, variedade,
gracia, corido, sentimento... do folclore galego na súa meirande
dimensión, tratando de facer unha divulgación que ao
mesmo tempo que vistosa e fermosa sexa auténtica e orixinal.
|