ORGANIZA N

PATROCINA v
DEPUTACIÓN DE OURENSE
CAIXAGALICIA
 
 
"III ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME" 2004


Voltar ao inicio Inicio Os que facemos posible RAIGAME ¿Quen somos? REVISTA RAIGAME Nº 18 Revista Raigame ¿Como chegar ata a Romaría? ¿Como chegar?

o xocas
Xaquín Lorenzo Fernández

Día das Letras Galegas 2004

Bases_Romaria_Raigame_2004
Imprimi-las bases

   

 

Con motivo da celebración da III Romería Etnográfica "Raigame", organizada polo "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández" da Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Celanova, co patrocinio de "Caixa Galicia", e que terá lugar en Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense) o día 17 de maio de 2004, convócase o III Concurso "Romería Etnográfica Raigame", que estará regulado polas seguintes

Bases:

1. Poderase participar calquera persoa, a título particular ou colectivo, asociación cultural, grupo folclórico, etc.

2. Os temas abordados nos concursos deberán estar inspirados ben na Romería que se celebra o día 17 de maio de 2004 en Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense), ben nas vivencias da cultura popular galega en xeral, segundo a modalidade de concurso de que se trate.

3. O concurso terá 5 modalidades:

a. Concurso Literario, en prosa ou en verso
• Un mínimo de 3 e un máximo de 5 folios a dobre espacio
• En lingua galega
• Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame


b. Concurso Fotográfico
• Recollerán aspectos da xornada de celebración da presente edición da Romaría Raigame
• As fotografías deberán ser orixinais en cor ou en branco e negro
• Un mínimo de 3 e un máximo de 5 fotografías
• Tamaño mínimo de 18x24 cm
• Tamaño máximo de 30x40 cm
• Admitiranse fotografías dixitais sempre e cando non teñan tratamento informático engadido


c. Concurso de Debuxo ou Pintura
• Serán obras únicas e orixinais
• Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame
• Tamaño mínimo DIN A-4
• Tamáño máximo 130 cm de lado
• Non se admiten obras protexidas con cristal


d. Concurso de Investigación Etnográfica
• Non precisan facer referencia explícita á Romaría Raigame


e. Xornalismo
• Admitiranse en calquera soporte informativo, xa sexa prensa (artigo ou fotografía), radio ou tv
• Deberán facer referencia, en calquera aspecto, á celebración da Romaría Raigame

4. En tódalas modalidades, agás na de xornalismo, haberá dous premios para participantes maiores de 16 anos e un para participantes de 16 anos cumpridos ou menores de 16:

a. Concurso Literario:
— Maiores de 16 anos:
Un premio de 600 €
Un premio de 300 €

— 16 anos ou menos:
Un premio de 150 €

b. Concurso Fotográfico:
— Maiores de 16 anos:
Un premio de 600 €
Un premio de 300 €

— 16 anos ou menos:
Un premio de 150 €

c. Concurso de Debuxo ou Pintura:
— Maiores de 16 anos:
Un premio de 600 €
Un premio de 300 €

— 16 anos ou menos:
Un premio de 150 €

d. Concurso de Investigación Etnográfica:
— Maiores de 16 anos:
Un premio de 600 €
Un premio de 300 €

— 16 anos ou menos:
Un premio de 150 €


e. Concurso de Xornalismo:
Un Premio de 1.000 €

5. O xurado será nomeado polos organizadores da III Romería Etnográfica "Raigame" e as súas decisións serán inapelables.

6. Os traballos deberán ser remitidos ben á "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández", ben ó Concello de Celanova, baixo seudónimo. En sobre pechado serán incluídos os datos do participante: Nome, dirección, teléfono.

7. A data límite de presentación dos traballos será o día 17 de xuño de 2004.

8. Unha vez que o xurado falle os premios, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación, podendo declarar deserto algún deles, así como conceder accesits especiais, consistentes na publicación dos traballos na revista "Raigame" da "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández" da Deputación de Ourense.

9. Os premios serán entregados o día 15 de setembro en Vilanova dos Infantes.

10. Os traballos premiados poderán ser publicados na Revista "Raigame" da "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández" da Deputación de Ourense.

11. Os traballos non premiados serán devoltos aos seus propietarios durante os dous meses posteriores ó fallo do xurado ou recollidos, dentro do mesmo prazo, polos seus titulares na "Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández" da Deputación provincial.

12. A participación en calquera das diferentes modalidades deste concurso implica a total aceptación das presentes bases. Máis información en escdanza@depourense.es ou no teléfono 988 249493.

SubirArriba

Bases_Romaria_Raigame_2004
Imprimi-las bases