A Educación Secundaria Obrigatoria no
IES Urbano Lugrís (Beo-Seaia)

¿Qué é a ESO?

A ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) é unha nova etapa educativa continuación da Educación Primaria, que se cursa dende os 12 ós 16 anos.

Estructúrase en dous ciclos: o primeiro que vai dos 12 ós 14 anos, e o segundo dos 14 ós 16.

As finalidades desta etapa educativa resúmense nos seguintes puntos:

Asignaturas na ESO

En cada curso da ESO hai un conxunto de asignaturas que todo alumno debe cursar obrigatoriamente, e outras chamadas optativas, a escoller entre diversas alternativas. Na programación do IES Beo-Seaia, todas as materias están organizadas do seguinte xeito:
Asignaturas Obrigatorias 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
Lingua Castelá e Literatura 3 3 3 3
Lingua Inglesa 3 3 3 3
Matemáticas 3 3 3 3
CC Sociais: Xeografía e Historia 3 3 3 4
Educación Física 2 2 2 2
Ciencias da Natureza 3 3 3 -
Educación Plástica e Visual 3 - 2 -
Lingua Galega e Literatura 3 3 3 3
Música - 3 2 -
Tecnoloxía 2 2 3 -

En canto ás asignaturas optativas, as ofertadas polo IES Urbano Lugrís son as seguintes:

1º e 2º Cursos: Optativas de oferta obrigatoria
INGLÉS ou FRANCÉS (a escoller unha)
RELIXIÓN ou ACTIVIDADES DE ESTUDIO (a escoller unha)

1º e 2º Cursos: Optativas do centro
FRANCÉS ou OBRADOIRO DE LINGUA

3º Curso: Optativas de oferta obrigatoria
INGLÉS ou FRANCÉS (escoller a mesma de 2º)
RELIXIÓN ou ACTIVIDADES DE ESTUDIO (escoller a mesma de 2º)

3º Curso: Optativas do centro
CULTURA CLÁSICA ou 2ª LINGUA ESTRANXEIRA ou
INICIACIÓN Á ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

En 4º curso hai tres itinerarios diferentes (A, B e C), que o alumno escollerá en función dos seus intereses a máis longo prazo. Cada itinerario ten as súas propias asignaturas obrigatorias, máis outras de carácter optativo que comparten todos eles.

As asignaturas obrigatorias de cada itinerario aparecen reflexadas no seguinte cadro:

4º Curso: Asignaturas obrigatorias troncais
Itinerario A Itinerario B Itinerario C
FÍSICA E QUÍMICA FÍSICA E QUÍMICA MÚSICA
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA TECNOLOXÍA EDU. PLÁSTICA E VISUAL

As asignaturas optativas de 4º curso son comúns para todos os itinerarios, debéndose elixir dúas das catro seguintes:

4º Curso: Asignaturas optativas
CULTURA CLÁSICA
2ª LINGUA ESTRANXEIRA
INFORMÁTICA
INICIACIÓN PROFESIONAL Á ELECTRICIDADE

Titoría

Cada grupo na Educación Secundaria Obrigatoria ten asignado un profesor titor que ten as seguintes funcións:

O profesor titor ten unha hora de reunión semanal co seu grupo de alumnos para transmitirlles información relativa ó centro e recibir opinións dos alumnos. Tamén ten asignada unha hora á semana para reunirse cos pais.

Dependendo do curso, realízanse unha serie de programas e actividades propostas polo Departamento de Orientación:

Avaliación

Consiste en valorar se os alumnos acadan os obxectivos educativos establecidos nas programacións dos diferentes departamentos didácticos do centro.

Esta valoración realízase trimestralmente polos profesores do grupo coordinados polo titor e asesorados polo Departamento de Orientación.

A valoración destes aprendizaxes exprésase mediante estas cualificacións:

Titulación

Unha vez rematada a etapa educativa da Educación Secundaria Obrigatoria, os alumnos que acadan os obxectivos da mesma reciben o título de GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA; este título permite o acceso ós seguintes estudios:

Para aqueles alumnos que tendo polo menos 16 anos e non obtiveron o título de Graduado, organízanse programas específicos de Garantía Social para proporcionarlles a educación básica e profesional para acceder ó mercado de traballo.

No IES Beo-Seaia non se imparten nin bacharelatos nin formacións profesionais, pero está previsto que se fagan programas de garantía social en próximos cursos.

Itinerarios