CAPITULO I
Artigo 1º
1) Constitúese con sede en Ponteceso e coa denominación de Asociación Gastronómica Cultural "Os Zampláns" esta asociación, que terá, con arranxo ás leis, capacidade xurídica propia.
2) O réxime da Asociación determinarase polos presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola súa Asamblea Xeral e órganos directivos, dentro da esfera da súa respectiva competencia. No non previsto estarase ó establecido na Lei de 24 de decembro de 1964 e Decreto de 20 de Maio de 1965.
Artigo 2º
Son fins da asociación:
Artigo 3º
Esta asociación terá o seu domicilio social en Rúa Vereda (na de Maravillas) concello de Ponteceso –A Coruña- e con código postal 15110.
Artigo 4º
O ámbito territorial de acción prevista para a Asociación exténdese á Comunidad Autónoma de Galicia, aínda que poidamos facer os nosos piniños por toda España.
Artigo 5º
Para o cumprimento dos fíns do artigo anterior, a Asociación organizará as siguientes actividades:
Artigo 6º
A asociación terá personalidade como tal dende o momento da súa inscrición como Asociación no rexistro correspondente e non terá afán de lucro.
Artigo 7º
Os socios poderán ser: Fundadores, Honorarios e numerarios.
Os socios Fundadores, aqueles que suscribiron a Acta Fundacional.
Son socios Honorarios, todas aquelas persoas que a xuicio da Asamblea Xeral , co-axuden de forma notable ó desenrolo dos fíns da Asociación.
Considéranse socios Numerarios ós ingresados.
Artigo 8º
Os socios Fundadores e Numerarios, teñen os dereitos seguintes:;
Artigo 9º
Son deberes dos socios:
Artigo 10º
Para adquirir a condición de socio, ademáis de tramitar a correspondente solicitude, deberá reunir os siguientes requisitos:
Artigo 11º
A condición de socio perderase por:
Artigo 12º
Os Socios Honorarios non intervirán na dirección da Asociación, nin poderán investigar o empleo dos seus fondos, pero sí están facultados para asistir ás Xuntas Xerais, con voz pero sen voto.
Asímesmo poderán facer cantas suxerencias estimen oportunas á Xunta Directiva ou elevar incluso escritos ás Asambleas Xerais.
CAPÍTULO II
Artigo 13º
Son órganos da Asociación:
Artigo 14º
A Asamblea Xeral de Socios, é o órgano supremo e de expresión da vontade da Asociación e estará formada por todos os membros da mesma.
Artigo 15º
a) Son funcións da Asamblea Xeral Ordinaria:b) Son funcións da Asamblea Xeral Extraordinaria:
Artigo 16º
As Asambleas tanto Ordinarias como Extraordinarias, integraranse polos socios asistentes, sempre que concurran a mitade máis un do total, na primeira convocatoria, ou, transcurridas 24 horas en segunda convoctoria, con calquer número de asistentes.
Artigo 17º
A asamblea Xeral Ordinaria , reunirase necesariamente dentro do mes de Decembro de cada ano e será convocada con quince días de anticipación mediante anuncio, colocado no domicilio social, que expoñerá ademáis a orde do día, ou a través dunha carta dirixida a cada un dos socios.
Artigo 18º
A asamblea Xeral Extraordinaria, reunirase necesariamente en convocatoria especial, a petición da Xunta Directiva ou de 2/3 dos socios.
Artigo 19º
O Presidente ou Secretario das Asambleas Xerais serán os da Xunta Directiva.
Artigo 20º
Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores, obligarán ós socios, incluso ós non asistentes, levándose un libro de Actas, que firmará o Presidente, o Secretario e un representante dos socios asistentes á Asamblea.
Artigo 21º
A Xunta Directiva, estará integrada por un Presidente, un Vicepresidente, un Tesoureiro, un Secretario e ata un total de 4 vocais.
Artigo 22º
Os cargos da Xunta Directiva terán unha duración dun ano, puidendo ser reelexidos os seus membros ó finalizar o seu mandato, aparte do que se dispón no apartado F do artigo 8 dos presentes Estatutos.
Artigo 23º
As vacantes que puideran producirse na Xunta, cubriranse provisionalmente por designación da Xunta Directiva ata a celebración da próxima Asamblea Xeral, que elixirá ós novos membros ou confirmará ós designados provisionalmente.
Artigo 24º
A Xunta Directiva reunirase unha vez ó mes, ou máis cando así o solicite o Presidente ou cualquera dos vocais da mesma.
Artigo 25º
Os acordos tomaranse por maioría simple, e para ser válidos requerirán a presencia da metade máis un dos compoñentes. En caso de empate o presidente será quen decida.
Artigo 26º
Son facultades do Presidente:
Artigo 27º
Son facultades do Vicepresidente Primero:
Artigo 28º
Son facultades do Secretario
Artigo 29º
Corresponde ó Tesoureiro:
CAPITULO III
Artigo 30º
A asociación que ó iniciar as súas actividades carece de bens, formará un patrimonio cos recursos que máis adiante se indican.
Artigo 31º
Serán recursos da Asociación:
Artigo 32º
As cotas obligatorias estableceranse pola Asamblea Xeral, a proposta da xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atender as necesidades da Asociación. Sendo dita cota de 2 euros semanais, con unha cota de entrada de menos de 30 euros para a primeira cea.
Artigo 33º
Para a admisión de novos socios, no futuro, poderá ser fixada pola Asamblea Xeral, como aportación inicial, non reintegrable, una cantidade discrecional.
Artigo 34º
Anualmente e con referencia ó 31 de decembro de cada ano, practicarase o inventario e balance da situación que se formalizará nunha memoria e será exposta a disposición dos socios, durante un prazo non inferior a quince días ó sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Extraordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 35º
O presuposto inicial para o desarrolo das actividades desta Asociación , non excederá dos 500.000.000 de euros (por si acaso toca)
CAPITULO IV
Artigo 36º
A Asociación pode disolverse:
Artigo 37º
Acordada a disolución, a Asamblea Extraordinaria designará dous socios liquidadores, que xunto co Presidente e o Tesoureiro da Asociación procederán a efectuar a liquidación , pagando as deudas, cobrando os créditos e fixando o haber liquido resultante si o houbese.
Artigo 38º
O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, donarase ó “Ponteceso deja Huella” para que invite a unhas copiñas.