RÍOS E CANLES
|
Varios escritos por mor dunhas obras, por parte do concello
de Vilagarcía, no río do Con sen a autorización pertinente de
Augas de Galicia. Solicitouse información a este mesmo concello
sobre o proxecto dun paseo fluvial, ó obxecto de aportar ideas
que compatibilicen esta idea coa conservanción deste río,
negándose o concello a facilitar calquera información.
Establecéronse contactos con veciños de Valga sobre a
intención deste concello e Augas de Galicia de canlenizar o río
do mesmo nome. A intención é aportar propostas a un proxecto que
entendemos inxustificado por atender a uns feitos moi puntuais e
abordables con outro tipo de solucións.
|
|
PODA ARBORADO URBÁN.
|
Presentáronse escritos en varios concellos relativos ás podas
brutais que se realizan por parte da administración pública. Só
unha cativa parte das moitas incidencias que se producen.
|
CENSOS DE ANDORIÑA
DE CÚ BRANCO
Realizáronse varios censos desta ave (Delichon urbica)
para avalia-la evolución desta especie en Galicia. A prospección
nesta provincia realizouse en Caldas, Ogrobe, Meis, Pontevedra, O
Porri½o, Tui, Vigo e
Vilagarcía. Os detalles están dispoñibles
no Paspallás nº 30.
|
XEIRAS NATURALISTAS
|
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da
Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais riquezas
medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e fauna
asociada. Esta actividade seguirá sendo unha liña a seguir neste
ano.
|
|
COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E
PUNTA CARREIRÓN
|
Escritos solicitando especial precaución na limpeza da praia da
Lanzada, xa que se destruiu alomenos un niño
de píllara papuda (Charadrius alexandrinus) unha das
poucas limícolas que crían en Galicia. Solicitude de
prohibición de probas de motocross dentro deste espacio natural.
Presentáronse alegacións ó proxecto de construír un peirao
na Illa da Toxa. Finalmente foi denegada a solicitude e enviouse
un escrito de felicitación ó Ente Portos de Galicia.
Enviouse un escrito a Unión Europea denunciando a posible
conculcación da lexislación comunitaria pola Vía Rápida que une Sanxenxo e O Grove polo istmo da Lanzada.
|
COSTAS
|
Participación nos censos de COASTWATCH. Realizáronse varias
denuncias por vertidos presuntamente ilegais e por extración de
áridos. Igualmente propúsose ó Concello de Vilanova e Xefatura
de Costas o valado das dunas que quedan na zona de Rego do Alcalde
para a súa protección.
|
|
ILLA DE CORTEGADA
|
Posicionamento sobre a compra da Illa pola administración
autonómica, felicitando que teñan empezado o proceso.
Solicitude á Consellería de Medio Ambiente que nos informe da
evolución da compra da Illa de Cortegada.
REDE NATURA 2000
Traballouse na recollida de datos en zonas propostas para
formar parte desta rede europea de espacios naturais protexidos.
Sobor de todo recollimos información naquelas que quedaron fora
da proposta da Xunta e consideramos que deben estar (Serra do
Suído, p. ex.). Presentamos varios escritos polo intento de
retirar de esta proposta á área de Cabo Udra (Cangas), no
sentido de tratar de reconducir esta situación.
Cabe suliñar que estes intentos de boicotear a proposta de
espacios para Natura 2000, foi común a outras zonas de Galicia, o
que motivou unha actuación conxunta da SGHN neste aspecto.
|
|
OUTROS
|
- Participouse cun ponente no cursiño organizado polo Centro
Comarcal do Salnés, sobre estratexias de educación ambiental.
- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia,
solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex
aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como
propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.
- Apoiouse unha iniciativa dos concellos do Salnés para un
programa de investigación e estructuración sobre a recollida
selectiva do lixo.
- Censos de aves invernantes.
- Anelamento científico de aves en varias zonas da Provincia.
- Solicitude e recollida de datos sobre patrimonio
arqueolóxico inventariado polos Concellos da Provincia.
- Denuncia vertidos de entullo e lixo nos montes.
|