- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia,
solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex
aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como
propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.
Este ano acompañouse cunha ampliación de datos na páxina Web.
- Censos de aves invernantes e aves abeiradas.
- Ó Concello de Silleda polo lixo espallado na fervenza do
Toxa.
- Alegacións ó vertedoiro de Vilagarcía. Os recentes feitos
de arrastresde terras e reparación dos tubos de saída de augas,
deron razón a algúns dos argumentos esgrimidos pola SGHN e
inicialmente puntualizados pola Consellería de Medio Ambiente.
- Anelamento científico de aves en varias zonas da Provincia.
- Denuncia sobre vulneración convenio CITES nunha tenda de
venda de animais en Vilagarcía de Arousa.
- Varios escritos de apoio á APDR sobre Celulosas e a campaña
para evitar a construcción de minicentrais no río Lérez.
- Propostas sobre o trazado ferroviario para o tren de Alta
Velocidade entre Pontevedra e Vigo a petición do Ministerio de
Medio Ambiente.
- Denuncia ante a Deputación de Pontevedra (responsable das
obras) e Consellería de Cultura polo entullamento da mámoa
"Casiña da Moura" en Meis.
- Posicionamento favorable ó proxecto de crear unha reserva
integral de pesca nunha zona da bocana da ría de Arousa.
|