PODA ARBORADO URBÁN
Presentáronse varios escritos diante de varios concellos. En
Vilagarcía, polo continuos decotes do arborado, a pesares de
terse comprometido este concello a establecer un criterio e
formación sobre poda de árbores. En pontevedra pola decote
brutal dos plataneiros na Avda. Bos Aires. Caldas de Reis: poda
abusiva de varias árbores na Alameda.
RÍOS E CANLES
- Presentación de varios escritos ó Valedor do Pobo,
aportando nova información sobre ó proxecto do río Valga (Concello
de Valga-Pontevedra). Finalmente a CPTOPV asumiu por escrito que
ampliaría os prazos de alegacións (para tódolos proxectos
futuros) dende a primeira información publica e contando o prazo
a partires do último anuncio publicado.
- Presentación dun novo escrito ó Valedor do Pobo ante a
sospeita de falsificación de documento público, ó informar na
"Declaración de efectos Ambientais" do proxecto de
canlenización do río Valga que a Consellería de Medio Ambiente
dera un dictame positivo, cando á SGHN constaballe que o dictame
é negativo.
Escritos varios á Consellería de Medio Ambiente e CPTOPV
solicitando documentación sobre a canlenización do río Valga e
a orixe económica do orzamento (se proviña de fondos europeos).
REDE NATURA 2000
Asistiuse, convidados polo grupo Os Verdes/ALE, cunha
delegación de sociedades ecoloxistas e naturalistas galegas a un
Seminario no Parlamento Europeo sobre os dez anos da Directiva
Hábitats. Presentouse un poster sobre a situación en Galicia
desta rede e as xestións desenvolvidas pola SGHN neste campo.
CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"
Moitas das actividades foron desenvolvidas co resto de
Delegacións da SGHN.
- Recollida de aves vivas e mortas nas praias de toda a costa
galega.
- Reunión cun grupo de Europarlamentarios, xunto con outras
entidades.
- Informes sobre a situación da costa e visitas a varias illas
para avalia-lo seu estado.
- Notas de Prensa (de escasa ou nula divulgación)
- Conformación dunha sección na páxina Web da SGHN sobre
este tema.
- Reunións, escritos, contestación á correspondencia sobre
múltiples ofrecimentos de colaboración, etc.
- Escritos ás administracións sobre a destrucción das cadeas
dunares e a súa flora, desperdicio de material, uso
indiscriminado e inxustificado de maquinaria nas praias e dunas,
etc.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da
Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais riquezas
medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e fauna
asociada. Esta actividade seguirá sendo unha liña a seguir neste
ano.
COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A
LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA CARREIRÓN
- Escrito ante a Consellería de Medio Ambiente e Ministerio
Medio Ambiente (Xefatura de Costas) pola construcción dun camiño
no intermareal con restos de cerámica.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia,
solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex
aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como
propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.
Este ano acompañouse cunha ampliación de datos na páxina Web.
- Censos de aves invernantes e aves abeiradas.
- Participación nos censos de COASTWATCH.
- Posicionamento sobre os visóns americáns ceibados dunha
granxa.
- Anelamento científico de aves en varias zonas da Provincia.
- Petición á Consellería de Medio Ambiente que establecera
uns requisitos por escrito para formar parte dos padroazgos dos
Parques Naturais, non ó chou como se realizara ata a data.
- Colaboración coa organización do Congreso Galego de
Ornitoloxía.
- Continuación coa recollida de datos sobre patrimonio
arqueolóxico inventariado polos Concellos da Provincia. (que
pretendemos rematar durante o 2002).
|