Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados
en 2003.
RESUME CORRESPONDENCIA |
Correspondencia ordinaria |
Escritos á Admón. |
Denuncias a Xulgados |
Notas de Prensa |
Outros |
TOTAL |
136 |
91 |
0 |
21 |
22 |
270 |
Informe de Situación
Durante o 2003 mantívose moi presente a incidencia dos efectos
do "Prestige" tanto no medio natural como na dedicación
de recursos humanos da SGHN, o que restou dedicación a outros
temas, téñase en conta que das 270 saídas de correspondencia
xeradas, 87 corresponden a temas relacionados coa catástrofe do
"Prestige". Os ríos e a costa seguen a ser elementos
especialmente vulnerables a minicentrais hidroeléctricas, paseos
fluviais e marítimos, cando non receptores directos de residuos e
entullo.
Próximos a finalizar os fondos europeos para o desenvolvemento,
aprécianse movementos de situación diante de probables fondos
comunitarios destinados ó medio ambiente, co que é previsible
unha nova oleada de obras adornadas como medioambientais pero cun
grado de agresividades ambiental suliñable (paseos marítimos,
fluvias, "acondicionamentos" de áreas naturais...).
As futuras grandes infraestructuras, como a Línea de Alta
Velocidade, Pontevedra-Porriño e a de Ourense-Pontevedra (en
período de información) ou a autoestrada Pontevedra-Ourense,
tamén en período de información, son elementos que dependen da
sensibilidade ambiental dos promotores para que sexan unhas obras
compatibles coa conservación natural ou un novo problema.
Tamén se produciron accións positivas, como a presentación
do proxecto de recuperacion dalgunhas áreas de Gándaras de
Budiño, realizado pola Confederación Hidrográfica do Norte.
Resumo de actividades
RÍOS E CANLES
Pedras Miudas. Diversos escritos ante o
Concello de Catoira e Consellería de Medio Ambiente, solicitando
a protección da lagoa de Pedras Miudas, ante un proxecto de
recheo. Varias visitas á zona para elaborar unha relación da
fauna presente na zona.
Río Valga. Continuouse coa campaña
para evitar a canalización deste río. Presentouse un escrito á
UE sobre a vulneración ó dereito de información ambiental e
posible uso de fondos Europeos no proxecto. Escrito ó concello de
Valga solicitando certificación das áreas calificadas como solo
urbán. Escritos ó Valedor do Pobo con nova información sobre a
situación do río Valga e pedindo amparo por non recibir
contestación da administración a diversos escritos.
Río Ribadil (Concello de Crecente).
Alegacións ó proxecto de construcción dun área recreativa,
modificando as beiras do río co amurallamento das ribeiras.
Río Umia. Diante do proxecto de senda
peonal no río Umia e dragado de varias zonas, solicitouse á
Consellería de Medio Ambiente, Concello de Ribadumia e Concello
de Vilanova de Arousa que non se realicen dragados sen
xustificación técnica e que as posibles sendas para a xente
respetasen a vexetación riparia, non sendo necesario urbaniza-las
marxes con construccións e iluminación.
Gándaras de Budiño. Alegacións e
indicacións ó proxecto de rehabilitación das Gándaras de
Budiño (O Porriño).
Río do Con. Escrito ó concello de
Vilagacía solicitando identifiquen fontes potenciais de
contaminación para previr as continuas descargas de contaminantes
sobre o río.
CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"
Abordáronse diversas actuacións, dende
desenvolvemento de textos con outras entidades ambientalistas,
escritos sobre temas concretos, recollida de información etc.,
tanto como Delegación como en representación da SGHN.
- Elaboración do "Posicionamento do Mov.
Ambientalista diante da Catástrofe do Prestige", elaborado e
sinado conxuntamente con ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, Erva, FEG,
GreenPeace, WWF/ADENA, SEO e SGEA. Este documento recolle, logo de
dous meses da catástrofe, a análise da situación provocada pola
marea negra, elementos prioritarios de actuación e o
posicionamento das entidades ambientalistas. Este documento
renovouse ó cabo dun ano, actualizando as novas situacións.
- Reunión cunha delegación de
Europarlamentarios para lles presentar a visión de diversas
entidades involucradas no tema do Prestige, tanto ambientalistas,
de voluntarios, políticas, etc.
- Contestación a innumerables consultas sobre
o Prestige; voluntariado, actividades, propostas de actuacións,
transmisión de información sobre investigación, experiencias...
- Diversos escritos á Administración sobre
proxectos oportunistas ou actuacións neglixentes.
* Construcción dun paseo marítimo no Esteiro
de Vilanova de Arousa.
* Situación dos niños das píllaras papudas (Charadrius
alexandrinus) en Carnota, escritos ó Ministerio de Medio
Ambiente e á Consellería de Medio Ambiente.
* Destrucción da liña de costa en 500 metros
por obras en Oia. Escritos ó Concello de Oia e Ministerio de
Medio Ambiente, solicitando que expliquen que permisos se
concederon e en base a que criterios se fixeron as obras. Escrito
con fotografías ó Ministerio de Medio Ambiente de como quedou a
zona.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias
zonas da Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais
riquezas medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e
fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de quince
xeiras.
Esta actividade é unha liña a seguir neste
ano.
ARQUEOLOXÍA
Mamoas. Ante a posible construcción dun
polígono industrial nunha zona de mámoas entre Vilagarcía de
Arousa e Caldas de Reis, informouse da situación á Consellería
de Cultura.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos
concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas
protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e
xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras
medidas para recuperación de arborado do nadal.
- Censos de aves invernantes en base ó
proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de COASTWATCH.
- Realización, en colaboración coa Sección
de Ornitoloxía, de varias actividades e charlas (Vigo e
Pontevedra).
- Breves alegacións á líña eléctrica no
Morrazo.
- Escrito ó Concello de Vilagarcía pola poda
brutal dun magnolio senlleiro en Vilaxoan.
- Alegacións ó proxecto de ampliar o complexo
industrial de ENCE-ELNOSA.
|