Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados
en 2004.
RESUME CORRESPONDENCIA |
Correspondencia ordinaria |
Escritos á Admón. |
Denuncias a Xulgados |
Notas de Prensa |
Outros |
TOTAL |
61 |
82 |
0 |
3 |
0 |
146 |
Informe de Situación
Durante o 2004 reduceuse notablemente o ritmo de
correspondencia, pasando das 270 saídas de 2003 a 146. Compre
destacar que o descenso de xestións relacionadas co caso "Prestige"
é en boa parte responsable desta reducción.
Notouse un incremento dos proxectos de grandes
infraestrucuturas (estradas e ferrocarril), algo previsto e que
con toda probabilidade se manterá nos anos vindeiros, con
tódalas consecuencias negativas ambientais (parcelación do
territorio, destrucción de humedais, etc). A costa segue a ser
receptora de entullo, vertidos, novos proxectos (ampliación de
portos) e polo momento, intentos de consolidación de núcleos
contaminantes como ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra.
Próximos a finalizar os fondos europeos para a converxencia
europea, mantemos a apreciación de movementos de situación para
tratar de captar fondos comunitarios destinados ó medio ambiente,
(paseos marítimos, fluvias, "acondicionamentos" de
áreas naturais, etc).
A comunicación cos socios, mántivose a través de tres
circulares relacionadas coa renovación da estructura directiva e
vía correo electrónico, sobor de todo para comunicas xeiras
naturalistas. A relación coa prensa foi escasa, máis polo
esforzo que supón o envío de Notas de Prensa que por carecer de
motivos, finalmente emitíronse tres (Xunqueira de Alba, apoio a
personal do Centro de Recuperación de fauna de Cotorredondo e
apoio á marcha contra ENCE). A páxina Web de SGHN-Pontevedra,
actualizouse en dúas ocasións.
Por último comentar o desgaste da Directiva actual, que
precisa de apoio e renovación, polo que seguimos a insistir en
que tódalas máns e ideas son ben recibidas.
Resumo de actividades 2004
HUMEDAIS
Río Valga. Continuouse coa campa a para
evitar a canalización deste río. Presentáronse sendos escritos
diante do Valedor do Pobo e a Consellería de Medio Ambiente. A
situación está estancada e as obras están a piques de comenzar,
xa que os trámites de expropiación e ocupación de terreos
están en fase de execución. O último recurso, e que
consideramos que ti a visos de prosperar, era presentar unha
denuncia por falsedade documental, pero a falla de asesoramento
legal impediu avaliar as oportunidades de que prosperase esta
idea.
Xunqueira de Alba. Realizouse un seguimento
do proxecto de construír un novo campo de futbol nesta zona. A
SGHN manifestou publicamente a súa postura, pedindo explicacións
do gasto de varios millóns de euros para o seu saneamento e que
agora esgrimiase unha suposta degradación que facía inviable o
futuro como xunqueira.
Río Umia. Solicitouse información
sobre un convenio sinado entre a Consellería de Medio Ambiente e
a Deputación para "actuacións" sobre o río.
XEIRAS NATURALISTAS
Continuaronse as xeiras naturalistas por varias
zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller
datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía
e-mail a realización de trece xeiras.
ESPECIES INVASORAS
Diversos escritos sobre a situación do Visón
americano en Sálvora e especies vexetais no Complexo Intermareal
Umia-Ogrove.
OUTROS
- Envío dun escrito común a tódolos
concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas
protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e
xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras
medidas para recuperación de arborado do nadal.
- Sobre podas de arborado urbán.
- Censos de aves invernantes en base ó
proxecto desenvolvido por Wetlands International..
- Participación nos censos de COASTWATCH.
- Alegacións ó LAV da li a Ourense-Vigo.
- Alegacións autovía A-57
- Diversar xestións e escritos para recoller
información sobre o proxecto dun Polígono Industrial no Cerquido
(Salceda de Caselas).
|